03 decembro 2023

VISITA DE CLAUDIA COUTO

 Que sorte poder contar cos consellos e experiencias de CLAUDIA COUTO, campiona do mundo Sub 23 en C1 200,  e exalumna do CEIP VILAVERDE!!! 

TODO UN EXEMPLO DE PERSEVERANCIA E TRABALLO, mostrando ao alumnado que se traballamos podemos chegar moi lonxe! 





26 novembro 2023

ENTREVISTA CON IRIA, A INTERPRETE DE LINGUA DE SIGNOS NO COLE

 A visita de Iria nas aulas de 5° resultou moi interesante. Preparamos unha entrevista, que ademáis fixemos empregando Lingua de signos e comprobamos que é complicado e fermoso expresarnos deste xeito. 

Agradecemos moito que Iria aclarara todas as nosas dúbidas e poder aprender un pouco máis. 







VISITA DO CLUB CISNE PONTEVEDRA

 Membros destacados do Club Cisne visitaron ao alumnado de 5° de primaria para concienciar que é posible practicar deporte con alto nivel e estudar e prepararse para o futuro. 

Debates e concienciación nunha xornada que non resultou indiferente al alumnado. 




22 novembro 2023

TÍRALLE DA LINGUA

 Este ano o alumnado de 5° de primaria participamos no concurso Tíllalle da Lingua. 

Elaboramos dous textos, un con refráns galegos o outro sobre lendas galegas.

Deixamos o resultado deste traballo colaborativo e creativo do alumnado para que desfrutedes tanto coma nós.


   O NOSO ANO EN REFRÁNS 5º A

O TRASNO DO CEIP VILAVERDE 5ºB.


10 novembro 2023

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E SAÍDAS

 Esta semana estuvo chea de actividades variadas. 

O luns taller de REGUEIFAS coa muestra Lola, onde poidemos aprender moito desta improvisación cantada.

O xoves saída al CAFE MODERNO para aprender e descubrir a vida de PICASSO a través de obras de diversos autores do cómic, facer actividades STEM e concienciarnos ca situación de guerras actuáis.

Hoxe, vernes, aprender máis sobre o Deporte de LOITA, co mestre Víctor.














31 outubro 2023

SAMAÍN E CASTAÑAS

 Hoxe celebramos o Samaín, música, baile, exposicións de cabazas, disfraces... E castañas!!! 










27 outubro 2023

SAMAÍN 2023: ACTIVIDADES DE SAMAÍN NA BIBLIOTECA


Lampi convidounos a pasar esta semana pola biblioteca para ter un ratiño onde poder facer xogos de Samaín...










 



CONTACONTOS DE SAMAÍN

 

Esta semana estamos levando a cabo unha actividade moi divertida por todo o colexio. 

O alumnado de 6º e 5º están a facer contacontos de MEDO ao resto dos cursos, tanto de infantil como primaria.

A través desta actividade traballamos lectura, entoación, as pausas, cambiar as voces.... Intentamos sorprender aos máis cativos sempre que podemos cos nosos contos.









23 outubro 2023

A ARTE NA IDADE MEDIA

  Traballos en grupo feitos na clase de CC.SS.

Estivemos traballando e preparando as nosas exposicións e comenzamos a ver os resultados sobre as investigacións de ARTE ROMANA, ARTE VISIGODA, ARTE ANDALUSÍ E ARTE GÓTICA.



         




      

                 


          












PREPARANDO O SAMAÍN

Tivemos a sorte de poder colaborar con LAMPI e deixar libros de medo, de Samaín, de monstruos a cada un dos niveis do colexio, dende infantil ata sexto.