30 novembro 2017

EXPERIMENTO DAS MANS LIMPIAS

DESPOIS DO EXPERIMENTO ANTERIOR,  NO QUE COMPROBAMOS COMO SE TRANSPORTAN OS MICROBIOS COAS MANS DUNS LUGARES A OUTROS, FACEMOS OUTRO EXPERIMENTO PARA COMPROBAR CAL É A MELLOR FORMA DE LAVAR AS MANS,  PARA NON CONTAXIARNOS COS MICROBIOS QUE TEMOS NELAS.
OLLADE O VIDEO:

EXPERIMENTO COA FARIÑA

DESPOIS DE FACER OS NOSOS EXPERIMENTOS PARA COÑECER AS BACTERIAS E OS FUNGOS BENEFICIOSOS PARA O NOSO CORPO,  E VER A TRAVÉS DO MICROSCOPIO A BACTERIAS COMO: LACTOBACILOS , ESTREPTOCOCCUS E FUNGOS COMO PENICILLIUM , ATREVÉMONOS COMO BOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS, A FACER OUTRO EXPERIMENTO, PARA COMPROBAR COMO ATRAVÉS DAS MANS TRANSPÓRTANSE OS MICROBIOS DUNS LUGARES A OUTROS.
OLLADE O VIDEO:

EXPERIMENTO CO PAN

GÚSTANOS O MUNDO DOS MIGROBIOS E COMO OS MICROORGANISMOS  PODEN SER BENEFICIOSOS OU PREXUDICIAIS PARA O NOSO CORPO.
FACEMOS UN NOVO EXPERIMENTO:  CON SEIS ANACOS DE PAN,  MOLLAMOS CON AUGA TRES E OS OUTROS TRES SECOS. METÉMOLOS CADA UN NUNHA BOLSA ETIQUETADA E COLOCÁMOLOS EN DIFERENTES LUGARES:

  • BOLSA 1: PAN HÚMIDO, AO SOL 
  • BOLSA 2: PAN SECO, AO SOL 
  • BOLSA 3: PAN HÚMIDO, NO CAIXÓN ÁS ESCURAS. 
  • BOLSA 4: PAN SECO, NO CAIXÓN ÁS ESCURAS. 
  • BOLSA 5: PAN HÚMIDO NA NEVEIRA. 
  • BOLSA 6: PAN SECO NA NEVEIRA.
O MOFO APARECE AO NOVENO DÍA,  NA BOLSA DO PAN HÚMIDO E CON SOL.

 CONCLUÍMOS: 


  • QUE O MOFO CRECE MELLOR NOS SITIOS HÚMIDOS E CON CLARIDADE DO SOL. 
  • ESTE É UN FUNGO QUE SE CHAMA PENICILLIUM, CON EL FAISE A PENICILINA QUE É UN ANTIBIÓTICO QUE MATA AS BACTERIAS.
  • OS ALIMENTOS PARA CONSERVARSE TEÑEN QUE ESTAR EN SITIOS FRÍOS, NA NEVEIRA.
  • 27 novembro 2017

    EXPERIMENTO: AMORODOS E IOGUR

    DESPOIS DE FACER O IOGUR NO NOSO LABORATORIO COMPROBAMOS QUE É NATURAL,  A ALGÚNS AMIGOS E AMIGAS GÚSTALLE MOITO O IOGUR DE AMORODOS. A PROFE PREGÚNTANOS COMO PODEMOS FACELO E FOMOS DANDO AS NOSAS RESPOSTAS.
     PUXÉMONOS A REALIZAR OUTRO EXPERIMENTO, CUN FINAL MOY APETITOSO. ESTABA BOÍSIMO!!

    EXPERIMENTO DAS BACTERIAS E O LEITE

    APRENDEMOS QUE AS BACTERIAS BENEFICIOSAS ÚSANSE NA ELABORACIÓN DALGÚNS ALIMENTOS: QUEIXO, IOGUR, MANTEIGA... CONVÉRTESE UN PRODUTO NATURAL COMO O LEITE NUN PRODUTO DE FERMENTACIÓN.

    DESPOIS DE VER AS BACTERIAS DO IOGUR NO MICROSCOPIO DO NOSO LABORATORIO DE CLASE, A PROFE FÍXONOS PREGUNTAS COMO: PARA FACER O IOGUR,  O LEITE TEN QUE ESTAR QUENTE OU FRÍO; MOI QUENTE OU TEMPERADO; TEN QUE LEVAR BACTERIAS; OU SÓ LEITE CON AZUCRE.
    FOMOS DANDO AS NOSAS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS,  FACENDO AS NOSAS HIPÓTESES.

    PUXÉMONOS A FACER O EXPERIMENTO NO NOSO LABORATORIO COMO UNHOS BOS CIENTÍFICOS  E CIENTÍFICAS:
    1. PESAMOS OS CARTÓNS DE LEITE, MEDIMOS NUN ENVASE DE MEDIO LITRO E NUN DUN LITRO PARA VER ONDE ENTRABA O CONTIDO DE CADA CARTÓN. AO LEITE BOTÁMOSLLE AZUCRE
    2.  REPARTIMOS O LEITE EN TRES ENVASES.
    3. NUN POÑEMOS CULLERADAS DUN IOGUR (BACTERIAS), REMOVÉMOLO E METÉMOLO NA IOGUREIRA PARA QUE TEÑA CALOR, COMPROBAMOS QUE A TEMPERATURA DO LEITE DENTRO DA IOGUREIRA É DE 43º C.
    4.  NOUTRO ENVASE AO LEITE TAMÉN LLE BOTAMOS BACTERIAS PERO NON O METEMOS NA IOGUREIRA (SEN CALOR).
    5. NO TERCEIRO ENVASE AO LEITE  NON LLE  BOTAMOS BACTERIAS, PERO SE O  METEMOS NA IOGUREIRA (CON CALOR).
    6. ETIQUETAMOS OS TRES ENVASES E ESPERAMOS 24 HORAS.

    COMPROBAMOS QUE O LEITE QUE TEN BACTERIAS E CALOR DA IOGUREIRA CONVERTEUSE EN IOGUR.  QUE NOS OUTROS DOUS ENVASES SÓ HAI LEITE NON IOGUR.

    CONCLUÍMOS QUE PARA TRANSFORMARSE O LEITE EN IOGUR TEN QUE TER BACTERIAS E CALOR (UN POUQUIÑO MÁIS QUE TEMPERADO,  43º C.). TAMÉN APRENDEMOS QUE AS BACTERIAS  MULTIPLÍCANSE CON MÁIS FACILIDADE SE TEÑEN UN POUCO DE CALOR.

    OBSERVAMOS AS BACTERIAS DO NOSO IOGUR NO MICROSCOPIO.
    COMÉMOS O NOSO IOGUR. 
    ESTABA RIQUÍSIMO!!

    OLLADE O VIDEO:

    26 novembro 2017

    CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS

    PARA COMPRENDER MELLOR O MUNDO DOS MICROORGANISMOS OU MICROBIOS, COMEZAMOS A PENSAR QUE ACTIVIDADES FACER, UN AMIGO DIXO QUE PODIAMOS IR AO LABORATORIO, PERO A PROFE EXPLICOUNOS QUE O LABORATORIO ESTÁ OCUPADO POLAS OBRAS DO COLE. ENTÓN A ALGUÉN SE LLE OCORREU QUE PODIAMOS FACER UN LABORATORIO NA CLASE. E AO CHOIO, PENSAMOS COMO FACELO E QUE MATERIAIS POÑER, TAMÉN COMO DEBERIAMOS IR VESTIDOS OS TRABALLADORES DO LABORATORIO, QUE INVESTIGAMOS QUE SE CHAMABAN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS. DURANTE UNS DÍAS BUSCAMOS INFORMACIÓN DO QUE FACÍAN OS CIENTÍFICOS E COMO O FACÍAN. E POUCO A POUCO FÓMONOS ACHEGANDO AO MÉTODO CIENTÍFICO COS NOSOS EXPERIMENTOS.

     XA SOMOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS NO NOSO LABORATORIO!! OLLANDE O VIDEO:

    APÓCEMA PARA MEDRAR (4 ANOS B.)

    CO SANMAIN,  O MUNDO DA MAXIA ESTIVO PRESENTE NA NOSA CLASE DURANTE VARIAS SEMANAS, NAS QUE REALIZAMOS VARIAS APÓCEMAS CON DIFERENTES INGREDIENTES: LÍQUIDAS, SÓLIDAS, IMAXINARIAS... E CON DISTINTOS TEMAS: PARA ESTAR CONTENTOS, PARA NON TER MEDO, PARA PORTARNOS BEN, PARA CURAR FERIDAS, PARA TRANSFORMARNOS EN DIFERENTES PERSONAXES E ANIMAIS...

    TAMÉN BEBEMOS UNHA QUE NOS ENCANTOU "A APÓCEMA PARA MEDRAR". ESTÁ OCORRÉUSENOS PORQUE COMO ESTAMOS A TRABALLAR O PROXECTO DO COIDADO DO NOSO CORPO PENSAMOS QUE PODIAMOS FACER UNHA APÓCEMA PARA QUE OS NOSOS ÓSOS MEDRARAN. NON PODÍA FALTAR O INGREDIENTE FUNDAMENTAL PARA OS NOSOS ÓSOS, O LEITE DE VACA.

     ESTABA RIQUÍSIMA!!


    BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VIDEO

    CENTRO DE INTERESE: "O MEDO" (4 ANOS B)

    CON MOTIVO DO SANMAIN, TRABALLAMOS UNHA DAS EMOCIÓNS BÁSICAS, O MEDO. FALAMOS DOS NOSOS MEDOS E COMO NOS FAN SENTIR. TROUXEMOS DIFERENTES MANUALIDADES E DEBUXOS DA CASA, DE COUSAS QUE NOS DAN MEDO: CABAZAS, MORCEGOS, BRUXAS, PANTASMAS, GORROS DE BRUXA, ARAÑAS, ESQUELETOS, MÁSCARAS DE MONSTROS… 

    DECIDIMOS TRANSFORMAR O RECUNCHO DAS LETRAS E CONVERTELO NO RECUNCHO DO MEDO, ERA MOI DIVERTIDO XOGAR NEL: DISFRAZARNOS DE DIFERENTES PERSOAXES (BRUXAS E BRUXOS, ARAÑAS, PANTASMAS... ); FACER APÓCEMAS MÁXICAS E COS SEUS CONXUROS TRANSFORMARNOS EN: SAPOS, SERPES, LOBOS, GATOS NEGROS, PANTASMAS, VER LIBROS DE MEDO E XOGAR COAS COUSAS QUE TROUXEMOS DA CASA… NO RECANTO DE ARTISTAS PICAMOS E DEBUXAMOS ESQUELETOS E PUXEMOSLLES OSOS, E TAMÉN OS FIXEMOS CON PLASTILINA.

      TODOS XUNTOS NA ALFOMBRA ESCOITAMOS E INVENTAMOS VARIOS CONTOS DE MEDO, ALGÚNS DELES NA PENUMBRA; CANTAMOS E BAILAMOS CANCIÓNS; ESCRIBIMOS E DEBUXAMOS SOBRE ESTA SENSACIÓN; ENCANTOUNOS FACER APÓCEMAS E INVENTAR CONXUROS... 

     O OBXECTIVO PRINCIPAL DE ESTA UNIDADE É: SER CAPACES DE EXPRESAR OS SEUS MEDOS E XOGAR CON TODO O QUE POIDA ATEMORIZARLLES, PARA QUE NO MOMENTO QUE A SENSACIÓN DESAGRADABLE LLES ABÓRDE, LEMBREN OS XOGOS DE CLASE, OS DEBUXOS DIVERTIDOS, AS BROMAS… E DALGUNHA FORMA, ATOPEN A VOLTA Á CALMA.

    PASÁMOLO XENIAL!!  

     BOTÁDELLE UNHA OLLADA  AO VIDEO!!

    O SAMAÍN NA AULA DE 4 ANOS A

    QUE É O SAMAÍN? PREGUNTOU ANTÍO. OS NENOS E NENAS PUXÉRONSE A INVESTIGAR E TROUXERON INFORMACIÓN DOS ANCESTROS CELTAS, UN NENO TROUXO UN CASTRO, OUTRO FOI COS SEUS PAIS VER OS CASTROS DE SANTA TECLA. A PARTIR DESE MOMENTO TODOS OS DÍAS FORON TRAENDO COUSIÑAS PROPIAS DESTA CELEBRACIÓN: DEBUXOS, CABAZAS, FANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS, SOMBREIROS, MOMIAS, CONTOS... COS QUE FOMOS DECORANDO A AULA. COMO ESTABAMOS TRABALLANDO O CORPO FIXEMOS ESQUELETES E APRENDEMOS O NOME DOS ÓSOS, TAMÉN CANTAMOS A CANTIGA DE MILIKI. FIXEMOS VIRUS MONSTRUOSOS CON SOPRADO DE PALLA. CONTAMOS CONTOS DE MEDO, OS QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON "CORRE, CORRE CABACIÑA" E "O MONSTRO DE CORES". INÉS ENSINOUNOS UN CONTO DE MEDO TERRORÍFICO DUN VAMPIRO. E MOITAS OUTRAS COUSAS MÁIS QUE XA VOS CONTAMOS NOUTRAS ENTRADAS. ¿FOI UN SAMAÍN MOI DIVERTIDO!! ¡ BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO!

    21 novembro 2017

    POCIÓNS EMOCIONANTES (4 ANOS A.)

    APROVEITANDO A TEMÁTICA DO SAMAÍN E A MAXIA QUE XURIU ARREDOR DAS MEIGAS E DOS MAGOS DECIDIMOS ESCRIBIR, FACER E PROBAR POCIÓNS EMOCIONANTES. A PRIMEIRA, UNHA POCIÓN DE AMOR PARA DAR BICOS E SER NAMORADEIRO. A SEGUNDA, UNHA POCIÓN DE ALEGRÍA PARA RIR E DIVERTIRSE TODO O DÍA. A TERCEIRA, UNHA POCIÓN DE MEDO PARA TREMER E AMEDRENTARSE. TAMÉN ELABORAMOS O SEU ANTÍDOTO, A POCIÓN QUITAMEDOS. A CUARTA, A POCIÓN DA TRANQUILIDADE PARA ESTAR CALMADO E RELAXADO. REMATAMOS ESTA EXPERIENCIA COA QUINTA, A POCIÓN DO FUTURO COA QUE LEMOS NO LEITE COMO SERÍA A NOSA VIDA DE MAIORES GRAZAS AO INGREDIENTE MÁXICO, O MOCO DE BRUXA. PODEDES BOTARLLE UN OLLO OS VÍDEOS!!!











    07 novembro 2017

    O FANTASMA COMEMEDOS

    DURANTE O MES DE OUTUBRO E NOVEMBRO TRABALLAMOS UNHA DAS EMOCIÓNS BÁSICAS "O MEDO". OS PEQUENOS E AS PEQUENAS DE 4 ANOS MANIFESTARON ORALMENTE OS SEUS MEDOS: A ESCURIDADE, O LUME, AS ARAÑAS, AS BRUXAS, AS FANTASMAS, AS SERPES, OS MONSTROS, OS BICHOS, MORCEGOS... FALAMOS SOBRE SE ERAN MEDOS REAIS OU IRREAIS, COMO NOS FACÍAN SENTIR, SE ERAN MEDOS SUPERABLES OU NON... TAMÉN OS DEBUXAMOS. COMO ANDABAMOS CO SAMAÍN E AS POCIÓNS OCORREUSENOS QUE PODÍAMOS FACER UNHA FANTASMA QUE COMERA TODOS OS NOSOS MEDOS. PINTAMOS UNHA FANTASMA XIGANTE E DESPOIS DÉMOSLLE A COMER TODOS OS NOSOS MEDOS. FOI MOI DIVERTIDO!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VÍDEO E COMPROBÁDEO!!!

    03 novembro 2017

    SAMAÍN 2017

    ESTE ANO ANTÍO CONVIDOUNOS A CELEBRAR O SAMAÍN E FOI MOI DIVERTIDO. POUCO A POUCO FORON APARECENDO ELEMENTOS DECORATIVOS MEDOÑENTOS. TAMÉN FIXEMOS POCIÓNS, CANTAMOS CANTIGAS E LEMOS CONTOS DE MEDO. AS FAMILIAS TAMÉN PARTICIPARON, FIXERON COS NENOS E NENAS GORROS DE BRUXA NA CASA E LOGO ORGANIZAMOS UN DESFILE NO COLE PARA VELOS.
    DESPOIS DO DESFILE FIXEMOS O MAGOSTO. PACO E OS NENOS E NENAS MAIORES ASARON CASTAÑAS PARA TODOS E TODAS.
    REMATAMOS O DÍA CUN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE MONSTRUOSO DE FANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS...