26 novembro 2017

O SAMAÍN NA AULA DE 4 ANOS A

QUE É O SAMAÍN? PREGUNTOU ANTÍO. OS NENOS E NENAS PUXÉRONSE A INVESTIGAR E TROUXERON INFORMACIÓN DOS ANCESTROS CELTAS, UN NENO TROUXO UN CASTRO, OUTRO FOI COS SEUS PAIS VER OS CASTROS DE SANTA TECLA. A PARTIR DESE MOMENTO TODOS OS DÍAS FORON TRAENDO COUSIÑAS PROPIAS DESTA CELEBRACIÓN: DEBUXOS, CABAZAS, FANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS, SOMBREIROS, MOMIAS, CONTOS... COS QUE FOMOS DECORANDO A AULA. COMO ESTABAMOS TRABALLANDO O CORPO FIXEMOS ESQUELETES E APRENDEMOS O NOME DOS ÓSOS, TAMÉN CANTAMOS A CANTIGA DE MILIKI. FIXEMOS VIRUS MONSTRUOSOS CON SOPRADO DE PALLA. CONTAMOS CONTOS DE MEDO, OS QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON "CORRE, CORRE CABACIÑA" E "O MONSTRO DE CORES". INÉS ENSINOUNOS UN CONTO DE MEDO TERRORÍFICO DUN VAMPIRO. E MOITAS OUTRAS COUSAS MÁIS QUE XA VOS CONTAMOS NOUTRAS ENTRADAS. ¿FOI UN SAMAÍN MOI DIVERTIDO!! ¡ BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario