29 xaneiro 2021

DÍA DA PAZ 2021

 Hoxe reivindicamos a necesidade de estar en Paz co noso planeta, reflexionando e tomando conciencia da situación medioambiental. Aproveitando o noso proxecto "A auga", estes días visionamos vídeos sobre a situación dos mares e océanos, contamos varios contos, debatimos nas clases, investigamos sobre algún científico mariño... Os nenos e nenas de 2º teñen moi claro que hai que coidar o noso planeta!!!!!

 Para participar na actividade do cole fixemos uns carteis preciosos que xa están expostos no patio. 


                                                     






MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS: XOGAMOS E APRENDEMOS

 Nas clases de segundo estamos traballando as unidades de medida! Primeiro estamos na fase vivencial e manipulativa: 

- Estimamos pesos co noso corpo, imitando cos brazos ás balanzas. E logo pesamos con balanzas de verdade.

- Utilizamos balanzas dixitais para comprobar as nosas estimacións. Menudas sorpresas levamos ás veces!! 

- Manipulamos e comparamos equivalencias do kilo, medio kilo e cuarto e aprendemos as unidades... 

O máis importante é que vemos a súa importancia na vida cotiá, nas nosas merendas, obxectos do cole, na casa...




















20 xaneiro 2021

TERESA IRRISARRI VISITA O CEIP VILLAVERDE

 No día de hoxe poidemos disfrutar da visita da artista pontevedresa Teresa Irrisarri, que estivo admirando as postais elaboradas polas alumnas e polos alumnos de 2°! 

Poidemos entrevistala e coñecer máis cousas sobre a súa obra, a súa técnica, como se inspira coa música...

Ademáis unha das alumnas do curso fixo unha camiseta inspirada na súa obra, unha gran sorpresa!!! 







  

                                                








16 xaneiro 2021

MANUALIDADES

 Comenzamos un novo proxecto, estamos a traballar "A auga". A nosa actividade de plástica está relacionada con este proxecto, que estamos facendo? Animádesvos a adiviñar que pode ser?