18 maio 2023

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Que mellor maneira de celebrar o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS que visitando o MUSEO DE PONTEVEDRA?
 
Participamos nunha actividade titulada CAIXA DE FERRAMENTAS:
Un paseo pola Prehistoria.
Explicáronnos a evolución da tecnoloxía e o uso de diferentes materias primas e a súa transformación. Repasamos conceptos arqueolóxicos. Tocamos réplicas de obxectos expostos nas vitrinas. Manexamos información dos diferentes períodos da Prehistoria. Admiramos algunhas coleccións como o tesouro de Caldas
*Premendo nas imaxes podemos entrar nos álbumes.

PERCORRIDO POLO CENTRO HISTÓRICO DE PONTEVEDRA

Realizamos un roteiro polo centro histórico de Pontevedra dirixido por Raquel Abollo, guía turística do concello de Pontevedra.
Resultou moi entretido e cargado de anécdotas e curiosidades que non coñecíamos e agora podemos compartir coas nosas familias.  
*Premendo nas imaxes podemos entrar nos álbumes.

16 maio 2023

VISITA DE TERESA PORTELA E NOEL DOMÍNGUEZ

Hoxe gozamos dunha actividade moi especial en colaboración co Club Rotary que un ano máis colabora co noso cole no fomento de valores. 
Os grupos de 4º, 5º e 6º participamos nunha mesa redonda sobre valores deportivos coa presenza de dous deportistas de élite: TERESA PORTELA e NOEL DOMÍNGUEZ.
Nas nosas clases investigamos sobre a carreira deportiva de ambos, limos algunha das súas entrevistas e fixemos unha listaxe de preguntas con curiosidades sobre a súa vida e traxectoria.
Disfrutamos moito do encontro con estas dúas figuras do piragüismo internacional, unha medallista olímpica participante en seis Xogos Olímpicos e un subcampeón mundial que apunta lonxe.
Contestaron as nosas curiosidades e falaron de valores como o respecto, a colaboración, a constancia, a igualdade, a responsabilidade, o esforzo, o autocontrol...
Deixáronnos unha dedicatoria e posaron con todas e todos nós.👏👏👏

Premendo na imaxe entramos no álbum

CLUB DE LECTURA

Hoxe no recreo tivo lugar a xuntanza do Club de lectura de 3º e 4º que tiña como proposta o libro ANIMALIA. 4 GRIS de Xosé Tomás. Participamos un grupo importante de nenas e nenos que disfrutamos da lectura e das ilustracións deste divertido libro. 
Lembramos algúns dos momentos máis simpáticos, falamos da obra e recibimos un agasallo de Lampi, mascota da nosa biblioteca.

Clica na imaxe para ver as fotos do álbum

10 maio 2023

VISITA AO PAZO VISTA REAL

Hoxe foi un día moi especial. Viaxamos ata o concello de Vilanova de Arousa e visitamos o PAZO VISTA REAL.

Nada máis chegar, levamos unha enorme sorpresa cando vimos á profe Puri que esperaba para darnos unha cariñosa benvida. Acompañounos toda a xornada e disfrutamos falando con ela e intercambiando anécdotas.

Fixemos dous tipos de actividades: unha divertida visita teatralizada con percorrido pola finca do Pazo e unha visita ao invernadoiro con plantación de leitugas.

Entendemos o nome do Pazo cando observamos as vistas da contorna:

A familia Martínez foi a protagonista da visita teatralizada. D. Miguel e Dna. Margarita, antigos donos do Pazo foron os guías durante todo o percorrido. Pouco a pouco, foron incorporándose diferentes personaxes que nos achegaron informacións do patrimonio etnográfico, cultural e natural do Pazo Vista Real. Estivemos moi atentas e moi atentos a todas as explicacións. Houbo tamén tempo de merenda, de xogos no parque e de entretidos paseos polo labirinto.

No invernadoiro, plantamos leitugas que ao rematar a xornada puidemos levarnos para coidar na casa e ver como medran.

As actividades estiveron monitorizadas polo alumnado dos Obradoiros de Turismo e Xardinería do Pazo. Agradecemos a todo o persoal que nos acompañou, explicou e atendeu con mimo durante toda a visita. Parabéns!!! 👏👏👏

Unha aperta especial á profe Puri 😍😍😍

*Clicando nas imaxes podemos entrar nos diferentes álbumes e lembrar esta magnífica xornada.


05 maio 2023

MATILDA - libro, película e musical

Nas aulas de 4º traballamos o libro MATILDA de Roald Dahl. Buscamos información sobre o autor, o ilustrador e comentamos algúns capítulos. Comparamos a versión literaria, publicada por primeira vez en 1988, coa película estrenada no ano 1996 e o musical do ano 2022.

Preparamos uns marcapáxinas coa protagonista, inventamos lemas para fomentar a lectura e votamos o que máis nos gustou.

*Versión Draw my life

 

03 maio 2023

PLANTACIÓN NO MONTE DA FRACHA

E chegou o noso día, as nenas e os nenos de 1º e 4º de Primaria plantamos unha árbore  no monte de Fracha. Agora hai cen árbores máis no BOSQUE DA ESPERANZA...piñeiros, carballos, sobreiras ou bidueiros. Esperamos velos medrar e converterse nun auténtico e precioso bosque que levará a nosa marca.

Somos protagonistas dun proxecto que nos fixo moita ilusión e contribúe a favorecer o obxectivo 15 da AXENDA 2030:

 
Obxectivo 15

Xestionar sosteniblemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e investir a degradación das terras e frear a perda de biodiversidade

 

*Clicando nas imaxes podemos ver o álbum completo.

A noticia foi recollida por diferentes medios de comunicación:

Diario de Pontevedra 

Faro de Vigo

TVG