ESTE 23 DE ABRIL, RECIBIMOS UNHA CARTA MOI ESPECIAL DE LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA. AGASALLOUNOS CUN CONTO PARA PINTAR EN IMAXES: "DON BENTO O PORCO FEDORENTO". HOXE ÍMOLO CONTAR NA CASA, PERO POR SE NON ENTENDEDES BEN O ARGUMENTO DEIXÁMOSVOS A VERSIÓN QUE TRABALLAMOS E LEMOS NAS AULAS. LEMBRADE SE QUEREDES AVENTURAS, LANZÁDEVOS Á LECURA!!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
23 abril 2018
22 abril 2018
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE EXPERIMENTO A FURIA DO VOLCÁN
AS MAMÁS DE ALEJANDRO, HUGO VILLAVERDE, MARCOS E URIEL VIÑERON AO COLE PARA FACER O EXPERIMENTO DO VOLCÁN. PRIMEIRO PREGUNTÁRONNOS SE SABIAMOS O QUE ERA UN VOLCÁN, EXPLICÁRONNOS COMO SE PRODUCÍA A ERUPCIÓN DOS VOLCÁNS. QUEDAMOS PAMPOS CANDO VIMOS UN VOLCÁN MOI GRANDE QUE TRAÍAN , E ALUCINAMOS CANDO DESPOIS DE BOTARLLE POS MÁXICOS (BICARBONATO), COLORANTE E VINAGRE, O VOLCÁN ENTRABA EN ERUPCIÓN E A LAVA SAÍA POLO CRÁTER CUBRINDO TODA A ESTRADA. COMPARAMOS A FURIA DO VOLCÁN, COA NOSA CANDO ESTAMOS ENFADADOS, E COMO AO UTILIZAR DIFERENTES TÉCNICAS DE RELAXACIÓN VOLTAMOS Á CALMA. DESPOIS POR GRUPOS FIXEMOS UN VOLCÁN CON: UNHA BOTELLA DE IOGUR, PLASTILINA, BICARBONATO, COLORANTE E VINAGRE. AS NOSAS CARAS ILUMINÁRONSE CANDO VIMOS AO NOSO VOLCÁN ENTRAR EN ERUPCIÓN. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN MAMÁS!!
VOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO:
16 abril 2018
VISITA AO SALÓN DO LIBRO 2018
O XOVES, 12 DE ABRIL, VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO. ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS CANDO CHEGOU ORBY, O LOBO, TODOS QUERIAMOS SAUDALO. A CONTACONTOS, TAREIXA ALONSO, CONTOUNOS ALGÚNS CONTOS E CANTAMOS CON ELA ALGUNHAS CANCIÓNS DE TRADICIÓN ORAL. DESPOIS ENTRAMOS NA SALA DEDICADA A MÉXICO, QUE É O PAÍS CONVIDADO ESTE ANO. E PERCORREMOS A EXPOSICIÓN. VOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
09 abril 2018
CONTOS NAS ORELLAS, MIGALLAS
O VENRES, DÍA 6, TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CON MIGALLAS. A TRAVÉS DA ACTIVIDADE "CONTOS NAS ORELLAS" GOZAMOS DE VARIAS OBRAS DE LITERATURA INFANTIL E CANTOS DE TRADICIÓN ORAL AO RITMO DA MELODÍA DUNHA GUITARRA. ¡BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOGRAFÍAS E FIXÁDEVOS NAS NOSAS CARAS!!!
4 ANOS A:
4 ANOS B:
4 ANOS A:
4 ANOS B:
08 abril 2018
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: OBRADOIRO PINTAR PEDRAS
ESTA SEMANA AS MAMÁS DE: ALEJANDRO, MARCOS, DANIEL SARTIER, AITANA, URIEL E MICAELA E OS PAPÁS DE: DANIEL REY, AITANA, MICAELA E URIEL VIÑERON AO COLE PARA FACER UN OBRADOIRO DE EMOCIÓNS. RUBÉN, O PAPÁ DE DANIEL REY. CONTOUNOS NA BIBLIOTECA O CONTO "ASÍ ES MI CORAZÓN" MENTRAS AS DEMÁIS FAMILIAS PREPARABAN O MATERIAL PARA O TALLER NA CLASE DE 4 ANOS B. FOMOS PINTANDO PEDRAS DAS CORES DAS EMOCIÓNS, PUXÉMOSLLE OLLOS, PELO E BOCA SEGÚN NOS SENTIAMOS: CONTENTOS, TRISTES, ENFADADOS... FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS!! BOTÁDEDELLE UN OLLO AO VÍDEO.
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: OBRADOIRO ARROZ CON LEITE
AS MAMÁS DE AITANA, ALEJANDRO, ANTÍA E MARCOS VIÑERON AO COLE PARA FACER A RECEITA " ARROZ CON LEITE". POR UNS MINUTOS FIXÉMONOS COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS, BOTANDO O ARROZ E O LEITE. TAMÉN ESCRIBIMOS O NOME DA RECEITA. REMATAMOS A ACTIVIDADE COMENDO. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN MAMÁS!! BOTÁDEDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)