25 maio 2020

XA PODEMOS SAÍR Á RÚA

Estimadas familias,

As nenas e os nenos xa poden saír á rúa con coidado. Este feito amosa en elas e eles diferentes sentimentos, emocións, desexos, percepcións,... É bo que lles axudemos a expresalos para que os entendan mellor e tamén para que lles poidamos axudar a percibir a situación adecuadamente. Sen présas convén ir traballando a situación, ser pacientes e darlle a cadaquén o tempo que precise para afacerse.
Propoñemos que conten “A saída á rúa tras o confinamento”, pode ser cun debuxo único ou un cómic (de tres a 6 viñetas), pode ser real ou imaxinario, pode ser en pasado ou en futuro,...  Compartiremos para elaborar “EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS”.

1. Falamos do que sentimos nese momento e como poderíamos debuxalo, formas, cores,...

2. Debuxamos nun folio colocado en horizontal.

3. Coloreamos e poñemos título.


4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita  ao correo das mestras titoras.


SEMANA MATEMÁTICA 2

Bos días nenos en nenas! Que vos parece se esta semana seguimos repasando algunhas cousiñas de mate? Restas,  problemas, retos, facer gráficos... máis un pouquiño de inglés e música. Premede nas iconas e aparecerán os enlaces ou fichas. Lembrade que só tedes que presentar a tarefa final.

">

21 maio 2020

OVELLAS DE ALGODÓN

Hoxe a profe de Relixión recopilou todos os traballos dos nenos e nenas de 1º. Queredes ver que ovellas tan amorosas fixeron?


19 maio 2020

AS PITAS BAIXO A CHUVIA CON MARIONETAS

Ola a todas e a todos!! A nosa compañeira Inés de 1º B preprarou a lectura do conto con monicreques, quedou xenial e queremos compartirlo con vós.



18 maio 2020

CARTAS DE AGRADECEMENTO

Estimadas familias:

Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que pasaría se non existisen médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.

Propoñemos que escriban unha carta a un deses colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos imprescindibles. Compartiremos no blog e faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.

1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo das mestras titoras.


Apertas.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS

Bos días nenos e nenas!!! Esta semana temos un montón de propostas moi divertidas para repasar matemáticas. Hai enlaces para cancións, xogos, vídeos, fichas.... Tedes que clicar nas iconas (a calculadora, a guitarra, o corazón...) para atopar cada proposta. Podedes elexir vos a orde, e non é obrigatorio facer todooooooo.O luns 25 de maio será o último día para que nos envieis ás titoras o producto final


">

17 maio 2020

O MUSEO VIRTUAL AMPLÍASE

  Estes días chegaron máis obras de arte con material de refugallo. Mirade a cidade de Pontevedra imaxinada por Tiago e os seus irmáns...Chulísima... Sara, Sergio, Dani Barreiro e Miranda tamén fixeron manualidades preciosas.





15 maio 2020

DÍA DA FAMILIA

Hoxe 12 de maio celébrase o Día da Familia. Mirade que agasallo tan bonito preparamos no cole: un conto moi bonito para ler, despois para escoitar e ver... É unha adaptación en galego do conto "Un puñado de botones".

                                                 Un puñado de botones: Cuento Infantil sobre la diversidad familiar ...


Conto para ler: Por un puñado de botóns

Vídeo: Por un puñado de botóns

E se vos apetece, tedes tamén un conxunto de actividades para traballar todos xuntos e xuntas en casa, coa familia, disfrutando da súa compañía...
Actividades educación emocional para familias

13 maio 2020

DÍA DE DISFRACES

Pois sí! aceptamos o reto da clase de 1ºA, e aquí temos aos nenos e ás nenas de 1ºB todos equipados cos disfraces. Atopamos princesas, superheroes, personaxes de videoxogos, piratas, unha  Minnie, magas, futbolistas, personaxes de películas... ESTABADES TODOS E TODAS MOI GUAPOS E GUAPAS!!!!




























E agora as profes!!!!





11 maio 2020

CERTAME DE POESÍA

Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero. Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional  Certame de poesía. Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos  que non desapareza axudando todas e todos?. A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (un pareado para o alumnado de infantil e unha estrofa de 4 versos o alumnado de primaria), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, recolleremos todo nun folio en horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.

1. Elaboramos o “poema” orixinal (pareado ou pequena estrofa) en lingua galega.

2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.

3. Ilustramos cun debuxo.

4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita  ao correo das mestras.





                 

Apertas.
5 libros de poesía para niños

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días nenos e nenas de 1º! Esta semana celebraremos o Día das Letras Galegas. Como vedes, tedes que premer cada día no enlace correspondente e atoparedes un montón de propostas de actividades diferentes elaboradas polos equipos de Biblioteca, ENL , Orientación e TICs.


Ao rematar a semana, gustaríanos que grabaseis un audio lendo o conto de "As pitas baixo a choiva". Pode ser todo o conto, só unha parte...e así escoitamos o ben que xa sabedes ler.

08 maio 2020

FESTA DE DISFRACES!!!!

  Hoxe, na nosa videochamada, os nenos e nenas de 1ºA fixemos unha festa de disfraces. Estivemos toda a semana preparando a sorpresa, e hoxe...que maravilla cando empezaron a aparecer na pantalla!
Tivemos dous Spiderman, unha bailarina, unha pirata, un clon de Star Wars, un axente do FBI, dous paiasos, Pippi Calzaslargas, un velliño, Super Mario e Super Mario Odissey, un ninja, unha princesa, Batman, un  SuperZing, Elsa, unha espía do futuro, un dinosaurio,un rapero, dúas bruxiñas, a Gatuno dos Pijamax, Jeff the killer, unha sevillana, un mexicano...

Compañeiros e compañeiras de 1ºB, queredes facer tamén a vosa festa?
 







  






Moitas gracias a todas as familias!!!! E a Amira e Xudith, que tamén se apuntaron!!


,