ESTE MÉRCORES RECIBIMOS A VISITA DUNHA AMBULANCIA DO 061. COMO BEN SABEDES FIXEMOS DÚAS AMBULANCIAS PARA O ENTROIDO. ESTABAMOS MOI ILUSIONADOS COA IDEA DE PODER SUBIR NUNHA DE VERDADE. ASÍ FOI COMO XURDIU A IDEA DE ESCRIBIR UNHA CARTA A UN CONDUCTOR DE AMBULANCIA DUN HOSPITAL DE PONTEVEDRA PARA QUE NOS ENSINASE TODO O QUE LEVABA DENTRO, A PADIOLA, A CADEIRA DE RODAS, O OSÍXENO... TAMÉN QUERIAMOS SABER COMO FUNCIONAN AS LUCES E A SEREA. ENVIAMOS A CARTA E EN POUCOS DÍAS RECIBIMOS RESPOSTA. RAMÓN, CONDUCTOR DUNHA AMBULANCIA DE PONTEVEDRA, ÍA VIR AO COLE PARA ENSINARNOS A SÚA AMBULANCIA. FOI TODO UN ÉXITO, ADEMAIS RAMÓN VIÑA ACOMPAÑADO DE DÚAS MAMÁS ENFERMEIRAS.
QUEREMOS DAR AS GRAZAS A RAMÓN E ÁS DÚAS MAMÁS, POLA SÚA COLABORACIÓN NESTA ACTIVIDADE QUE DE SEGURO OS CATIVOS/AS NUNCA ESQUECERÁN. BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOGRAFÍAS E MIRADE QUE CARIÑAS!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
28 febreiro 2018
19 febreiro 2018
SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE DISFRUTAR NA BIBLIOTECA DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS. CONTOUNOS DOUS CONTOS: "EU QUERO SER MAIOR" E "A XIRAFA TIMOTEA". ESTOS CONTOS ADEMAIS DE FACERNOS PASAR UN RATO MOI DIVERTIDO TAMÉN NOS FIXERON XURDIR EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS SEUS PERSONAXES COMO OS CELOS, A TRISTEZA, A LEDICIA, O ENFADO, O REXEITAMENTO... BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS E VEREDES QUE BEN O PASAMOS!!!
09 febreiro 2018
ENTROIDO 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)