HOXE, ÚLTIMO DÍA DE COLE REMATAMOS COA TRADICIONAL MERENDA DE CHUCHES E O FESTIVAL COS BAILES DOS MAIORES. PASÁMOLO MOI BEN!! E BAILAMOS E CANTAMOS COMO VERDADEIROS ARTISTAS!!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
21 xuño 2019
19 xuño 2019
PROXECTO O UNIVERSO
ESTE ÚLTIMO TRIMESTRE ESTIVEMOS INVESTIGANDO DIVERSOS ASPECTOS DO UNIVERSO E DO ESPAZO. COMO EN TODOS OS PROXECTOS COMEZAMOS VISITANDO, COMO FONTE DE INFORMACIÓN, A NOSA BIBLIOTECA DE CENTRO PARA RECOLLER LIBROS QUE PUIDESEN RESPONDER AS NOSAS PREGUNTAS. TIÑAMOS INTERESE POR INVESTIGAR: COMO SE CREOU O UNIVERSO, OS TIPOS DE GALAXIAS, O SISTEMA SOLAR, OS PLANETAS E OS PLANETAS ENANOS, OS SATÉLITES NATURAIS E OS ARTIFICIAIS, A LÚA E AS SÚAS FASES, AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS, OS BURATOS NEGROS-OS ASTEROIDES-OS COMETAS, AS VIAXES ESPACIAIS, MULLERES E HOMES ASTRONAUTAS... AS FAMILIAS TAMÉN COLABORARON NA INVESTIGACIÓN COAS NENAS E NENOS CO QUE FOMOS FACENDO UN MURAL DO PROXECTO E FIXERON ALGUNHAS MAQUETAS DAS GALAXIAS, DO SISTEMA SOLAR...
AS NENAS E NENOS FORON EXPOÑENDO DIFERENTES ASPECTOS DA INVESTIGACIÓN POR EQUIPOS.
INVESTIGAMOS E APRENDEMOS MOITO SOBRE O UNIVERSO, PERO NON CHEGAMOS A DESENVOLVELO COMO NOS GUSTARÍA CON TODAS AS PROPOSTAS DAS NENAS E NENOS PORQUE O CURSO CHEGOU A SÚA FIN.
5 ANOS A
5 ANOS A
5 ANOS B
SAÍDA BOMBEIROS
ÚLTIMA E ESPERADÍSIMA SAÍDA DO CURSO AO PARQUE DE BOMBEIROS. ALÍ ALGÚNS DOS SEUS EFECTIVOS ENSINÁRONOS O SEU EQUIPAMENTO: BOTAS DE SEGURIDADE, TRAXE, CASCO, BOTELLA DE OSÍXENO... DEIXÁRONNOS PROBAR O CASCO A TODAS E A TODOS!!! LOGO ENSINÁRONNOS AS FERRAMENTAS QUE LEVAN NO CAMIÓN E COMO FUNCIONAN ALGUNHAS DELAS. TAMÉN AS DEPENDENCIAS ONDE FAN AS GARDAS DE 24 HORAS. LOGO DEIXÁRONNOS AS MANGUEIRAS PARA BOTAR AUGA E REMATAMOS XOGANDO COA ESPUMA. FOI DIVERTIDÍSIMO!!!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS!!!
18 xuño 2019
OBRADOIRO DE ELECTROSTÁTICA
AS FAMILIAS DE: JORGE, ANTÍA, DANIEL REY E JAIME VIÑERON ÁO COLE PARA FACER UN OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE ESTÁTICA.
EXPLICÁRONNOS QUE É A ELECTROSTÁTICA, COMO SE DESCUBRIU E QUEN A DESCUBRIU. LOGO FIXEMOS VARIOS EXPERIMENTOS COS QUE QUEDAMOS ALUCINADOS E ALUCINADAS PORQUE PARECÍA MAXIA. REMATAMOS CUNHA FESTA DE EXPLOTADO DOS GLOBOS.
OLLADE O VIDEO:
EXPLICÁRONNOS QUE É A ELECTROSTÁTICA, COMO SE DESCUBRIU E QUEN A DESCUBRIU. LOGO FIXEMOS VARIOS EXPERIMENTOS COS QUE QUEDAMOS ALUCINADOS E ALUCINADAS PORQUE PARECÍA MAXIA. REMATAMOS CUNHA FESTA DE EXPLOTADO DOS GLOBOS.
OLLADE O VIDEO:
12 xuño 2019
VISITAMOS AS AULAS DE 1º DE EP
ESTES ÚLTIMOS DÍAS FOMOS VISITAR AS AULAS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. AS TITORAS DE PRIMEIRO DIXÉRONNOS: QUE ÍAMOS SEGUIR FACENDO PROXECTOS, QUE TRABALLARIAMOS EN GRUPOS PEQUENOS, QUE TAMÉN HABÍA RECANTOS AÍNDA QUE ALGO MÁIS PEQUENOS, QUE MERENDARIAMOS NO PATIO.... DESPOIS SENTAMOS COAS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO E ENSINÁRONNOS OS SEUS TRABALLOS: A AXENDA, A LIBRETA, OS DEBERES... REMATAMOS FACENDO DEBUXOS PARA INTERCAMBIAR COAS NENAS E NENOS COS QUE SENTAMOS. PASAMOS UN RATO AGRADABLE!!! TIÑAMOS ALGUNHAS INQUEDANZAS ANTES DA VISITA PERO AGORA XA TEMOS MÁIS GANAS DE COMEZAR EN PRIMEIRO!!!
5 ANOS A
5 ANOS B.
5 ANOS A
5 ANOS B.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)