30 xaneiro 2018

2º ACTO DO DÍA DA PAZ: CANTAMOS E BAILAMOS POLA PAZ

DESPOIS DAS VOTACIÓNS, NO PATIO, ANUNCIAMOS A TODO O COLE QUE A PALABRA MÁIS VOTADA EN CATRO ANOS FOI "COMPARTIR". LOGO OS MAIORES LERON UNS POEMAS SOBRE A PAZ. REMATAMOS CANTANDO E BAILANDO TODOS XUNTOS A CANTIGA "HELLO TO ALL THE CHILDREN OF THE WORLD". BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO!!

1º ACTO DO DÍA DA PAZ: VOTAMOS POLA PAZ

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO ARREDOR DA PAZ ESTES DÍAS. PALABRAS QUE NOS AXUDASEN A VIVIR EN PAZ E QUE DEBERIAMOS PRACTICAR A DIARIO, COMO: ESCOITAR, DIALOGAR, COMPARTIR, AXUDAR, PEDIR PERDÓN E ABRAZAR. PARA ESCOLLER A PALABRA MÁIS IMPORTANTE PARA NÓS DECIDIMOS FACER UNHA VOTACIÓN, CON TODO O QUE IMPLICA: FURNA, CABINAS, DOCUMENTO DE IDENTIDADE, PAPELETAS, ESCOLLER OS MEMBROS DA MESA ELECTORAL E FINALMENTE REALIZAR O ESCRUTINIO. DESPOIS DE TODO O PROCESO A PALABRA, MÁIS VOTADA, QUE DECIDIMOS NOS AXUDARÍA A FACER A PAZ RESULTOU "COMPARTIR". DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DE TODO O PROCESO PARA QUE VEXADES QUE BEN O FIXEMOS!! VOTAMOS POLA PAZ

A ÁRBORE DA PAZ

CON PATRI E ANDREA FIXEMOS " A ÁRBORE DA PAZ" DECIDIMOS POÑER NAS RAMAS VALORES IMPORTANTES PARA MANTER A PAZ NO MUNDO COMO:COMPARTIR, AXUDAR, ESCOITAR, PEDIR PERDÓN, ABRAZAR E DIALOGAR. AS FOLLAS DESTA ÁRBORE REPRESÉNTANAS AS BANDEIRAS DOS PAÍSES QUE APARECEN NA CANTIGA " HELLO TO ALL THE CHILDREN OF THE WORDL" . RECLAMAMOS DESTE XEITO A PAZ PARA O MUNDO!! A ÁRBORE DA PAZ

26 xaneiro 2018

A NOSA AMIGA: ELSA

CON TODO O QUE APRENDEMOS DE COMO É O NOSO CORPO POR DENTRO E POR FÓRA, COMPLETAMOS O NOSO BONECO. FOMOS POÑÉNDOLLE: MÚSCULOS, APARELLO CIRCULATORIO, APARELLO RESPIRATORIO, APARELLO DIXESTIVO, PEL, UN BEBÉ NA TRIPA.... DECIDIMOS QUE ÍA A SER UNHA MOZA, QUE ESTABA EMBARAZADA E QUE SE CHAMABA ELSA. VIMOS OS COIDADOS QUE NECESITA ELSA E NÓS PARA COIDAR O CORPO: ALIMENTACIÓN SA, FACER EXERCICIO, RESPIRAR AIRE LIMPO, HIXIENE, REVISIÓNS DO MÉDICO....

INVESTIGAMOS

PARA PODER POÑER OS DIFERENTES ÓRGANOS AO ESQUELETO NECESITAMOS INVESTIGAR: NOS LIBROS DA BIBLIOTECA, TRAENDO INFORMACIÓN DE CASA AO COLE E EXPLORANDO NO HOME DE PLÁSTICO.

O ESQUELETO BAILA

AO NOSO ESQUELETO GÚSTALLE MOITO BAILAR.

O NOSO ESQUELETO

CANDO O ESQUELETO, HUESITOS, CHEGOU Á NOSA CLASE QUIXEMOS FACER O NOSO PROPIO ESQUELETO CON "CANUTILLOS" DE PAPEL HIXIÉNICO. AO PRINCIPIO SÓ SAÍA EN PLANO, ERA DIFÍCIL POÑELO DE PÉ, PROBAMOS CON DIFERENTES MATERIAIS, PERO NON SE SOLUCIONOU ATA QUE PROBAMOS CON ARAME. VIMOS AS DIFERENTES PROPIEDADES DESTE MATERIAL. DESPOIS PUXÉMOSLLE TODOS OS ÓSOS AO NOSO ESQUELETO.