Preme nos seguintes enlaces:
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
22 xuño 2022
COMEZA O VERÁN
Últimas horas en TERCEIRO:
VÉMONOS EN SETEMBRO!
21 xuño 2022
17 xuño 2022
ACOLLIDA EN 3º
As nenas e os nenos de 2º visitaron as clases de 3º como parte do PLAN DE ACOLLIDA. Tócanos ser anfitrioas e anfitrións, amosámoslles as aulas que ocuparán o próximo curso.
16 xuño 2022
VISITAMOS O HORTO ESCOLAR
Dúas compañeiras e un compañeiro de 6º foron ensinando, pasiño a paso, todos os recunchos do horto. Comentaron como están distribuídas as bancadas, os etiquetados, os tipos de plantas e as súas características.
Falamos do composteiro no que colaboramos cos restos orgánicos durante todo o curso. Escoitamos con atención información sobre plantas ornamentais, aromáticas, tubérculos, hortalizas...
Foi unha visita moi enriquecedora e con sorpresa final 😉. Rematamos "levantando patacas" e levamos a mostra ás nosas casas.
15 xuño 2022
RECOLLIDA E BALANCE DE CURSO
Tamén rematamos tarefas e ordenamos as actividades. Moitos traballos van xa para as nosas casas...outros seguirán no cole porque serán de utilidade no próximo curso.
Aproveitamos para facer balance, comentamos e avaliamos proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...
02 xuño 2022
EXPOSICIÓNS ORAIS NAS AULAS DE 3º
O día 18 de maio iniciamos un ciclo de exposicións con temas de Ciencias Sociais ou Ciencias da Natureza en lingua galega.
As
exposicións foron individuais cunha duración máxima de dez minutos e podían
acompañarse con
fotos, esquemas, diapositivas, maquetas, presentacións PPT, cartolinas-murais, libros ou
contos...
A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas aulas.
A listaxe dos temas foi moi variada, escoitamos con moita atención
e aprendimos a ser un público entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.
Compartimos as imaxes das nosas exposicións: