AS FAMILIAS DE MALENA, GABRIEL, FABRIZZIO E HUGO VIÑERON ÁO COLE PARA FACER UN CIRCUITO ELÉCTRICO CON PLASTILINA CONDUCTIVA. EXPLICÁRONOS COMO SE FAI A PLASTILINA CONDUCTORA E A DIFERENZA COA PLASTILINA DA AULAS, QUE NON É CONDUCTORA. INTRODUCIRON VOCABULARIO BÁSICO PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE: CIRCUITO, BATERÍA-ENERXÍA, CABLE VERMELLO-POSITIVO, CABLE NEGRO-NEGATIVO, LEDS PATA CORTA-NEGATIVO E LONGA POSITIVO, CURTOCIRCUITO, VOLTIOS, ZUMBADOR, MOTOR... DESPOIS DUNHAS BREVES INDICACIÓNS DAS FAMILIAS AS NENAS E NENOS COMEZARON A FACER AS SÚAS PROPIAS CREACIÓNS DANDO RENDA SOLTA A SÚA IMAXINACIÓN. RESULTARON MOI CREATIVAS E ORIXINAIS. GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA Ó VÍDEO!!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
24 maio 2019
22 maio 2019
CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS
ESTE ANO PARA O CERTAME DE POESÍA DAS LETRAS GALEGAS DECIDIMOS CREAR NAS AULAS POEMAS RELACIONADOS COAS EMOCIÓNS. AS FAMILIAS FIXERON COLABORACIÓNS CON RIMAS E POEMAS. CON ESTAS APORTACIÓNS E UN POUCO DE TRABALLO NAS AULAS DEMOS FORMA OS NOSOS POEMAS. FIXEMOS VARIOS ENSAIOS PARA A INTERPRETACIÓN E CHEGOU O GRAN DÍA DA ACTUACIÓN. BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VÍDEO!! VEREDES QUE BEN O FIXEMOS!!!
TAMÉN DESFRUTAMOS CO CONCERTO DO GRUPO PESDELÁ QUE NOS FIXERON CANTAR E BAILAR MOITO!!!
21 maio 2019
OBRADOIRO DE MAXIA E MÚSICA
UNHA VEZ MÁIS AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE PARA REALIZAR UN TALLER DE MAXIA E MÚSICA. A MAMÁ DE IRIA, MARA E ANTÍA; O AVÓ DE MARA; O PAPÁ E A MAMÁ DE INÉS. A MAMÁ DE MARA CÓNTANOS UNHA HISTORIA PARA ENTENDER COMO É O OFICIO DO LUTHIER, UN ARTISTA QUE CREA E REPARA INSTRUMENTOS MUSICAIS. A ARTE DO LUTHIER É UN ACTO MARABILLOSO E MÁXICO.
ESTAS FAMILIAS FANNOS VER COMO A MAXIA E A MÚSICA ESTÁN MOI UNIDAS. REALIZAN VARIOS TRUCOS DE MAXIA QUE NOS DEIXAN COA BOCA ABERTA. INÉS TÓCANOS UNHA PEQUENA CANCIÓN CO ARPA. A CONTINUACIÓN TRANSFORMÁMONOS EN LUTHIERS PARA CREAR O NOSO PROPIO INSTRUMENTO MUSICAL. PARA TERMINAR COA PROFE LOLA TOCAMOS E CANTAMOS DÚAS CANCIÓNS.
OLLADE O VIDEO:
20 maio 2019
EDUCACIÓN EMOCIONAL
DURANTE ESTE CURSO DEDICAMOS VARIAS SESIÓNS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS COAS HABILIDADES EMOCIONAIS. LEVÁRONSE A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA DESARROLLAR: CONCIENCIA EMOCIONAL, AUTOESTIMA, REGULACIÓN EMOCIONAL, EMPATÍA, HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A IDENTIFICACIÓN DAS EMOCIÓNS:
AS NOSAS EMOCIÓNS NA ASAMBLEA: O ENCARGADO OU ENCARGADA DE CADA DÍA PREGUNTA NA ASEMBLEA A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS COMO SE SENTEN, CADA UN VERBALIZA A SÚA RESPOSTA E EXPLICA O MOTIVO COMPARTÍNDOO CO RESTO DA CLASE. CANDO HAI EMOCIÓNS NEGATIVAS ENTRE TODO O ALUMNADO FALA DELAS E PROPÓN SOLUCIÓNS PARA CAMBIAR OS PENSAMENTOS NEGATIVOS EN POSITIVOS. A TRAVÉS DE CONTOS ASOCIAR PERSONAXE-SITUACIÓNS E EMOCIÓNS/SENTIMENTOS. DRAMATIZAR EMOCIÓNS EN NARRACIÓN DE CASOS.
XOGO “ADIVIÑA COMO ME SINTO” A TRAVÉS DA NOSA EXPRESIÓN CORPORAL OS DEMAIS DEBEN ADIVIÑAR COMO NOS SENTIMOS E LOGO EXPRESAMOS O CANDO E PORQUÉ NOS SENTIMOS ASÍ. EMPREGAMOS UNHA LÁMINA CON DIFERENTES EXPRESIÓNS PARA QUE A IDENTIFIQUEN E RELACIONEN UNHA IMAXE COS SEUS SENTIMENTOS. ESTA ACTIVIDADE PODEMOS FACELA EN DISTINTOS MOMENTOS DO DÍA, OBSERVAMOS A CARA DE CADA COMPAÑEIRO E COMPAÑEIRA E ADIVIÑAMOS O SEU ESTADO EMOCIONAL.
XOGO DA CAIXA VERMELLA E AZUL: TEMOS DÚAS CAIXAS, NA VERMELLA METEMOS, AQUELAS EMOCIÓNS E COUSAS QUE NON NOS GUSTAN, QUE NOS DESAGRADAN, OS PENSAMENTOS NEGATIVO… NA CAIXA AZUL METEMOS OS SENTEMENTOS POSITIVOS, AS EMOCIÓNS QUE NOS GUSTAN, É A CAIXA DA TRANQUILIDADE, A RELAXACIÓN, DAS COUSAS QUE NOS GUSTAN.... AO PRINCIPIO FIXÉMOLO COAS CAIXAS FÍSICAS, PERO A MEDIDA QUE SE INTERIORIZOU, AS CAIXAS SON IMAXINARIAS E TÉÑENAS NAS SÚAS CABEZAS. XOGAMOS A METER DENTRO DE CADA CAIXA DIFERENTES SITUACIÓN, EMOCIÓNS, ESTADOS DE ÁNIMO…
CANDO TEÑEN UN PENSAMENTO NEGATIVO MÉTENO NA CAIXA VERMELLA E PÉCHANA MOI BEN PARA QUE NON SALGA NUNCA MÁIS E ABREN A CAIXA AZUL, CAMBIAN ESE PENSAMENTO NEGATIVO POR ALGO QUE LLES GUSTE MOITO QUE ESTÁ NA CAIXA AZUL.
XOGOS CO ROBOT DOC NO TABOLEIRO DAS EMOCIÓNS, O DADO OU CARTÓNS PARA COMPLETAR EXPRESIÓNS CON PLASTILINA. TODAS ESTAS ACTIVIDADES TEÑEN COMA FINALIDADE IDENTIFICAR EXPRESIÓNS, RECOÑECER EMOCIÓNS E ADQUIRIR VOCABULARIO, EXPRESANDO AS SITUACIÓNS ONDE AS EXPERIMENTAMOS E O PORQUÉ.
XOGAMOS COAS CARTAS DE DRACO E O SABIO (ACTIVIDADE RELACIONADA CO MATERIAL DE VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS) EN PEQUENO OU GRAN GRUPO. LEMOS A CARTA E FACEMOS O INDICADO: POÑER EXPRESIÓNS COA CARA, CONTARLLE Ó GRUPO OS NOSOS GUSTOS, CANDO SENTIMOS ALGUNHA EMOCIÓN...
CREACIÓN DUN POEMA RELACIONADO COAS EMOCIÓNS PARA CONMEMORAR A CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS. AS FAMILIAS TAMÉN FIXERON APORTACIÓNS COAS QUE FIXEMOS FINALMENTE OS NOSOS POEMAS.
XOGOS NA REDE SOBRE EMOCIÓNS NO SEGUINTE ENLACE http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/juegos.php
A TRAVÉS DE DIFERENTES CONTOS DE CONTIDO EMOCIONAL FACILITADOS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN REFLEXIONAMOS SOBRE EMOCIÓNS, SENTIMENTOS E VALORES.
CANTIGAS SOBRE EMOCIÓNS, CANTAMOS E BAILAMOS EN YOTUBE CON EMOTICANTOS.
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O AUTOCOÑECEMENTO, A AUTOESTIMA E A MOTIVACIÓN :
A TRAVÉS DOS ANIVERSARIOS O ALUMNO OU ALUMNA QUE ESTÁ DE ANIVERSARIO É ENTREVISTADO POLOS SEUS COMPAÑEIROS/AS SOBRE OS SEUS GUSTOS: COMIDA FAVORITA, PELÍCULA PREFERIDA, LIBRO QUE MÁIS LLE GUSTE... O HOMENAXEADO OU HOMENAXEADA DESPOIS DE SOPRAR AS VELAS RECIBE UNHA TARXETA XIGANTE, ONDE TODOS INTERVEÑEN ILUSTRANDO E ESCRIBINDO OS SEUS GUSTOS.
O XOGO DA TELARAÑA PARA ESTA DINÁMICA PRECISAMOS DUN NOBELO DE LA E QUE TODO O GRUPO SE COLOQUE EN RODA, VAN PASANDO O NOBELO AO TEMPO QUE DIN O SEU NOME E ALGUNHA CARACTERÍSTICA QUE O/A DEFINA. EXEMPLO: “EU SON .... E SON ...(XENEROSO, AMABLE, SOCIABLE, CARIÑOSO). PÓDENSE FACER VARIACIÓNS PARA FALAR SOBRE CALQUERA EMOCIÓN OU SENTIMENTO: EU SON... E SÍNTOME... CANDO... OU EU SON ... E GÚSTAME...
QUE SIGNIFICA O MEU NOME, PARA ESTA ACTIVIDADE CONTAMOS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, QUE EXPLICARON AOS NENOS/AS POR QUE LLES PUXERON OS SEUS NOMES E O SEU SIGNIFICADO, ASÍ COMO AS CALIDADES QUE SE LLE ATRIBÚEN AS PERSOAS ASÍ NOMEADAS.
CARTEL COMO SOMOS COMO GRUPO, EN GRAN GRUPO FIXEMOS UNHA REFLEXIÓN DE COMO NOS VIAMOS COMO GRUPO E DAS NOSAS CALIDADES POSITIVAS TAMÉN COMO GRUPO. DESPOIS CADA UN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DEBÚXASE, POR EQUIPOS E ESCRIBEN UNHA CALIDADE NO COMPUTADOR. ENTRE TODOS MONTAMOS UN CARTEL COS DEBUXOS DO GRUPO E AS SEIS CALIDADES QUE MELLOR DEFINEN AO GRUPO CLASE.
AXENDA ESCOLAR. Ó FINAL DE CADA SEMANA REXISTRAN AS EMOCIÓNS QUE SENTIRON AO LONGO DA SEMANA. REFLEXIONAMOS EN GRAN GRUPO SOBRE AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO COLE E OUTRAS EXPERIENCIAS OCORRIDAS NO CENTRO, NAS CASAS OU NOS MEDIOS E LOGO DEBUXAN A EXPRESIÓN E REDACTAN O PORQUÉ. TAMÉN O ALUMNADO VALORA O SEU COMPORTAMENTO DURANTE A SEMANA: SE RESPECTARON AOS COMPAÑEIROS/AS, SE O PROFESORADO ESTIVO SATISFEITO CO SEU COMPORTAMENTO, SE CUMPRIRON COAS NORMAS ESTABLECIDAS; SE SE PRESENTOU ALGÚN TIPO DE CONFLITO OU NON. SE O DÍA FOI BO REXISTRASE CUN GOMET E SE FOI MAL NON SE PON NINGÚN GOMET. REFLEXIONAMOS CONXUNTAMENTE SOBRE O POSITIVO E NEGATIVO DE CADA UN DOS ALUMNOS/AS, ASÍ COMO DAS POSIBILIDADES DE MELLORA OU MODIFICACIÓN DE CONDUCTA.
CAIXA DE CORREOS DAS MENSAXES CON CARICIAS E MENSAXES DE AMIZADE: A CAIXA DE CORREOS É UNHA ACTIVIDADE INICIADA O CURSO PASADO E QUE ESTA SE SEGUIU REALIZANDO DURANTE TODO ESTE CURSO, OS DESTINATARIOS DAS MENSAXES FORON: A FAMILIA, OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CLASE, A PROFE… ENTRE AS MENSAXES FORON DE: AMIZADE, AGARIMO, RESALTAR AS CALIDADES POSITIVAS DA OUTRA PERSOA…
EU PODO PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA TODO O CENTRO COA FIN DE TRABALLAR A MOTIVACIÓN, O ESFORZO E OS RETOS. REFLEXIONAMOS SOBRE ESTES TRES ASPECTOS E COMPROMETÉMONOS DE CORAZÓN A MANTER A MOTIVACIÓN E O ESFORZO PARA LOGRAR ALGÚNS OBXECTIVOS.
COMO SON EU PARA OS DEMAIS CADA NENO/A ESCRIBE O SEU NOME E MÉTEO NUNHA BOLSA, LOGO VAN COLLENDO AO AZAR UN PAPEL E DEBUXARÁN AO COMPAÑEIRO/A QUE LLES TOCOU E ESCRIBIRÁN ALGUNHA DAS SÚAS CALIDADES. FAI CLIK NO LIBRO PARA VELO.
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS HABILIDADES SOCIAIS:
NA ASEMBLEA, APRENDER A COMUNICAR, DIALOGAR, DEIXAR QUE SE EXPRESEN E IMPULSARLLES A FALAR…
UNHA TARDE COA NOSA MASCOTA A FINALIDADE ERA ENSINARLLE Á MASCOTA QUE RESPONSABILIDADES TIÑAN AS NENAS E NENOS NA SÚA CASA (POÑER A MESA, ORDENAR O CUARTO, AXUDAR COA COMPRA..), COMO PASABAN A TARDE (ACTIVIDADES) E HÁBITOS (DE HIXIENE, LECTURA...). AS FAMILIAS ENVIARON POR CORREO ELECTRÓNICO ALGUNHAS FOTOS E O PROTAGONISTA COMENTÁBAAS.
EU TEÑO UNHA HABILIDADE NUN PRIMEIRO MOMENTO PARTIMOS DO CONTO “ VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS” E DA CANTIGA DE PABLO DÍAZ. CADA NENA E NENO FOI ANUNCIANDO ALGUNHA DAS SÚAS HABILIDADES MENTRES CANTAMOS A CANTIGA: XOGAR AO FÚTBOL OU AO BALONCESTO, CORRER, FACER O SPAGAT... FIXERON UN DEBUXO REALIZANDO AS DIFERENTES ACTIVIDADES.
O PASEO DAS ESTRELAS INSPIRADOS NUNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS NO “VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS” PEDIMOS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA QUE FALASEN E RECOÑECESEN CINCO HABILIDADES SOCIAIS NO SEU FILLO OU FILLA.
XOGO DO PAPAGAIO: CON EL APRENDEN A ESCOITAR O QUE CONTA UN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA E REPETIR O MÁIS EXACTO POSIBLE O QUE DIXO.
REALIZAMOS SIMULACIÓNS E DRAMATIZACIÓNS DE SITUACIÓNS CON PROBLEMAS E TENTAMOS ENTRE TODO O ALUMNADO BUSCAR SOLUCIÓNS A TRAVÉS DO DIÁLOGO.
EMPREGAMOS OS CONFLITOS QUE XORDEN NA AULA E NO PATIO PARA DIALOGAR SOBRE ELES, BUSCAR SOLUCIÓNS E PENSAR COMO SE DEBE ACTUAR.
AS NORMAS DE AULA, REFLEXIONAMOS SOBRE A IMPORTANCIA DO ESTABLECEMENTO DAS NORMAS E DO SEU CUMPRIMENTO PARA UNHA BOA CONVIVENCIA. A VALOR DO RESPECTO, A COOPERACIÓN E A TOLERANCIA. CADA POUCO LEMBRAMOS E RECORDAMOS AS NORMAS QUE PERMITEN MANTER A ARMONÍA NA AULA. ACOMPAÑAMOS DO VISIONADO DE ALGÚN VÍDEO.
A MEDIACIÓN ANTE OS CONFLICTOS REFLEXIONAMOS SOBRE A MANEIRA DE ACTUAR ANTE ALGUNHA SITUACIÓN DESAGRADABLE OU MOLESTA , FANSE PROPOSTAS E FINALMENTE CHEGADOS AO CONSENSO FACEMOS UN CARTEL PARA TER CLARA A RESOLUCIÓN EN 5 PASOS: PARAMOS, RESPIRAMOS, PENSAMOS COMO NOS SENTIMOS, PENSAMOS COMO PODEMOS SOLUCIONALO DA MELLOR MANEIRA E ACTUAMOS. O FUNDAMENTAL É O DIÁLOGO E RESPECTO ENTRE AS PARTES AFECTADAS SE QUEREN SOLUCIONAR O CONFLITO: PRIMEIRO FALA UN E EXPÓN A SÚA SITUACIÓN, DESPOIS FALA O OUTRO E EXPÓN A SÚA PARA CHEGAR A UNHA NEGOCIACIÓN OU ACORDO POSITIVO PARA AS DÚAS PARTES. EXPÓÑENSE DIFERENTES SITUACIÓNS PARA ADESTRAR AO ALUMNADO NA RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLITOS.
A MASCOTA MEDIADORA ANTE UN CONFLITO NA AULA ENTRE DOUS ALUMNOS EMPREGAN A MASCOTA PARA FALARLLE POR QUENDAS E EXPLICARLLE O QUE NON LLES GUSTABA E COMO SE SENTÍAN, FINALMENTE PROPOÑEN SOLUCIÓNS.
O DEBATE “TI COMO TE SENTIRÍAS SE…”: EN GRAN GRUPO, DÁNSELLES VARIAS SITUACIÓNS AOS NENOS E NENAS PARA QUE NOS CONTEN COMO SE SENTIRÍAN, POR EXEMPLO : “TI QUE SENTIRÍAS SE CHE QUITARAN UN XOGUETE”, “TI QUE SENTIRÍAS SE VAS A POR O TEU XOGUETE PREFERIDO E NON O ATOPAS”, “TI QUE SENTIRÍAS SE CHE DAN UN AGASALLO”, “CANDO XOGAS COS COMPAÑEIROS E ALGUÉN NON QUERE XOGAR CONTIGO”, “CANDO FAS UN DEBUXO E CHE DIN QUE É FEO”… A PARTE DOS SENTIMENTOS TAMÉN REFLEXIONARIAMOS SOBRE A MEDIACIÓN COA OUTRA PARTE CANDO NOS SENTIMOS MAL.
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ TRABALLAMOS CO LEMA "UNHA REVOLUCIÓN POLA PAZ" APRENDEMOS QUE SIGNIFICA REVOLUCIÓN E A SÚA ACEPCIÓN DE CAMBIO. PENSAMOS QUE REVOLUCIÓNS PODEMOS FACER POLA PAZ E DESEÑAMOS LOGOS RELACIONADOS. CADA UN DOS SEIS EQUIPOS DAS AULAS DESEÑARON UN LOGO PARA REPRESENTAR A PAZ, DESPOIS PRESENTÁRONO OS DEMAIS E FINALMENTE VOTARON POLO QUE MÁIS LLES GUSTABA QUE SERÍA CO QUE SE FARÍAN AS PEGATINAS PARA O DÍA DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ. LECTURA DO LOGO:
GRUPO 5 ANOS A: AS NOSAS MANS SOSTEÑEN O MUNDO MENTRES AS POMBAS REPARTEN AMOR.
GRUPO 5 ANOS B: UNHA MAN QUE SUXEITA UNHA POMBA QUE REPARTE PAZ POLO MUNDO.
VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO. A VIOLENCIA, COMO OS VIRUS, SÓ PRODUCEN VÍCTIMAS: TODOS SAÍMOS PERDENDO CANDO ESTOUPA. COMO PASA COAS EPIDEMIAS É MELLOR PREVIR QUE CURAR. POR ISO, DESDE UNICEF, PROPOÑEN QUE ELABOREMOS EN CADA GRUPO AULA UNHA VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO QUE PROTEXA A TODA A NOSA CONTORNA. É UNHA VACINA QUE NON SE PON, HAINA QUE PENSAR!! CLICADE NO ENLACE PARA VELA.
CONVERTERSE EN DRAGÓNS, RATOS E CURUXAS:
EXPLÍCASELLES COMO CADA
ANIMAL TEN UN COMPORTAMENTO DIFERENTES, ASÍ QUE SEGUNDO COMO SE COMPORTEN E ACTÚEN SERÁN RATOS, CURUXAS OU DRAGÓNS. OS RATOS AÍNDA QUE SON TRANQUILOS ANTE UN PROBLEMA SAEN CORRENDO A ESCONDERSE, OS DRAGONES CANDO TEÑEN UN PROBLEMA CON ALGUÉN SAEN BERRANDO E DANDO GOLPES, E AS CURUXAS ANTE AGRESIÓNS RESPONDEN CON CALMA, SEGURIDADE E FIRMEZA, RESPECTANDO AOS DEMAIS, E DEFENDENDO OS SEUS DEREITOS PERO ASUMINDO RESPONSABILIDADES. DICIR QUE DEBEN TRATAR DE SER CURUXAS ANTE OS CONFLITOS. EXPOÑENSE DIFERENTES SITUACIÓNS E ELES VAN DICINDO A QUE ANIMAL CORRESPONDE CADA COMPORTAMENTO.
XOGO DA VARA MÁXICA MUDAR CUNHA VARA MÁXICA AS PALABRAS DESAGRADABLES POR PALABRAS AGRADABLES. POR EXEMPLO “NON TE COES NA FILA, PARVO” PODÉMOLA CONVERTER EN “NON TE COES NA FILA , POR FAVOR”.
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A RESPIRACIÓN, A RELAXACIÓN E CONTROL DO PROPIO CORPO:
A RELAXACIÓN E A RESPIRACIÓN AXUDAN AO ALUMNADO A RECUPERAR O CONTROL E REDUCIR A TENSIÓN QUE SE PRESENTA EN DIVERSAS OCASIÓN AO LONGO DA XORNADA. ESTAS SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:
A RESPIRACIÓN: NUNHA POSICIÓN CÓMODA, EN SILENCIO CUNHA MÚSICA SUAVE OU SEN ELA CONVIDAMOS AO ALUMNADO A TOMAR CONCIENCIA DA SÚA RESPIRACIÓN, PECHANDO OS OLLOS, INSPIRANDO PROFUNDAMENTE POLA NARIZ, SENTINDO COMA O AIRE ENTRA POLAS FOSAS NASAIS, CHEGA AOS PULMÓNS INFLÁNDOOS E SAE POLA BOCA POUCO A POUCO. PARA A TOMA DE CONCIENCIA PODEN POÑER UNHA MAN ENRIBA DO PEITO OU DA BARRIGA SEGUNDO SEXA TORÁCICA OU ABDOMINAL. TAMÉN PODEMOS EMPREGAR ANALOXÍAS COMPARÁNDONOS CON GLOBOS QUE INFLAMOS COA INSPIRACIÓN E DESINFLÁMONOS COA EXPIRACIÓN. OUTRA ANALOXÍA RECORRIDA E A DE POÑER UN BARQUIÑO DE PAPEL NA BARRIGA QUE SE MOVE ENTRE AS ONDAS COA NOSA INSPIRACIÓN E EXPIRACIÓN. ESTA ACTIVIDADE XURDIU DESPOIS DA LECTURA DO LIBRO "RESPIRA" DE INÉS CASTEL BLANCO. REALIZAMOS UN PEQUENO OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA PARA FACER OS BARQUIÑOS, DECORALOS E DESPOIS FIXEMOS A RELAXACIÓN A TRAVÉS DA RESPIRACIÓN ABDOMINAL.
PARA APRENDER A USAR A RESPIRACIÓN ABDOMINAL, TÚMBANSE E COLOCAN ENRIBA DA TRIPA UN VASOS DE PLÁSTICO, PECHAN OS OLLOS E RESPIRAN DE FORMA MOI LENTA E PROFUNDA CO ABDOME, SOLTAN O AIRE MOI AMODIÑO, PARA QUE O OBXECTO NON CAIA
TRABALLAMOS A RESPIRACIÓN A TRAVÉS DALGUNHAS POSICIÓNS DE “YOGA” COMA O SAÚDO AO SOL E A TERRA, O CAN, O GATO, A COBRA, A ABELLA E A GRÚA...UNINDO A RESPIRACIÓN E O CONTROL DOS MÚSCULOS TRABALLAMOS DIFERENTES POSTURAS.
AXUDÁMONOS DE ALGÚNS VÍDEOS COMA: YOGA PARA NIÑOS. EL SALUDO AL SOL Y YOGA CON ANIMALES https://www.youtube.com/watch?v=Dwt0qeBj85I
NALGUNHAS OCASIÓNS TAMÉN EMPREGAMOS PARA POÑER A ATENCIÓN NA RESPIRACIÓN AS AUDICIÓNS DE “TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA” DE ELINE SNEL.
PEQUENAS MEDITACIÓNS OU RELAXACIÓNS. REALIZAMOS A RELAXACIÓN DO CORPO CONDUCINDO AO ALUMNADO A TRAVÉS DE DIFERENTES “NARRACIÓNS E HISTORIAS GUIADAS” A CONTORNAS RELAXANTES, SEGURAS E TRANQUILIZADORAS EMPREGANDO MÚSICA CON SONS DA NATUREZA COMA O CANTO DOS PAXAROS , A AUGA DO RÍO OU AS ONDAS DO MAR. COS OLLOS PECHADOS, PODEN ESTAR TOMBADOS, APOIADOS NA MESA COAS MANS FACENDO UNHA ALMOFADA, OU COAS PERNAS CRUZADAS NA ALFOMBRA E AS MANS DESCANSANDO NOS XEONLLOS.
OUTRA FORMA DE FACELO É A TRAVÉS DE “MASAXES ” COAS MANS, O CONTACTO FÍSICO CON OUTRA PERSOA TENDE A SER UN ELEMENTO TRANQUILIZADOR. ESTES EXERCIZOS SON GUIADOS POLA TITORA E REALIZNASE EN PARELLAS. PODE SER MASAXE CUN DEDO NA CABEZA DO COMPAÑEIRO, OU NAS COSTAS POR EXEMPLO. OUTRO XOGOO XOGO QUE LLES DIVERTIU FOI O COÑECIDO COMA “BONECO DE TRAPO” UN DOS NENOS/AS FAI DE BONECO/A E O OUTRO É O QUE O MOVE. COMEZAMOS TOCANDO O PELO DO SUPOSTO BONECO/A CON CARICIAS, A CARA, DESPOIS OS OMBREIROS E XA COMEZAMOS A LEVANTAR UN BRAZO LENTAMENTE PORQUE É MOI PESADO E BAIXÁMOLO A MODIÑO POLA MESMA RAZÓN. SEGUIMOS CO OUTRO BRAZO E A CONTINUACIÓN UNHA E OUTRA PERNA.
A REALIZACIÓN DE MANDALAS OU ZENTANGLE ART COMO TÉCNICAS DE RELAXACIÓN OU MEDITACIÓN DE VOLTA A CALMA OU ARMONÍA A TRAVÉS DO COLOREADO.
OUTRAS ACTIVIDADES DESENVOLTAS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN EMOCIONAL
OBRADOIRO FAMILIAS: VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS
ALGUNHAS FAMILIAS VIÑERON AO COLE PARA REPRESENTAR A TRAVÉS DUN PEQUENO TEATRO DE MONICREQUES O CONTO "VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS", PROPOSTO POLA FUNDACIÓN MENIÑOS.
DESPOIS DO TEATRO DESENVOLVERON UNHA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL RELACIONADA CO AUTOCONTROL E A RELAXACIÓN, AXUDANDO ÁS NENAS E NENOS A FACER CADANSÚA BOTELLA DA CALMA OU MÁXICA.
REMATAMOS FACENDO UNHA PEQUENA SESIÓN DE RELAXACIÓN CON MÚSICA INSTRUMENTAL PARA VER O FUNCIONAMENTO DAS BOTELLAS. CLICA NO ENLACE PARA VELO. http://antiovilaverde.blogspot.com/2019/03/obradoiro-familias-viaxe-ao-reino-das.html
SAÍDA: TEATRO GUYI GUYI
FOMOS VER A OBRA DE TEATRO GUYI- GUYI. GUYI É UN CROCODILO QUE POLO AZAR FOI NACER NUNHA FAMILIA DE PATOS. VIVE FELIZ CON ELES ATA QUE UN DÍA SE PERDE E SE ATOPA CUN CROCODILO. NESE MOMENTO DÁSE CONTA DE QUE OS CROCODILOS COMEN PATOS E O NOSO PROTAGONISTA PASA POR DIFERENTES DIFICULTADES PARA CONSEGUIR SER EL MESMO... A TRAVÉS DO XOGO E DO HUMOR A OBRA CONVÍDANOS REFLEXIONAR SOBRE O MEDO Á DIFERENZA E OS PREXUÍZOS QUE FACEMOS SOBRE AQUELO QUE SE COMPORTA DE MANEIRA DISTINTA AO QUE ESPERAMOS. ESTA OBRA É UNHA ADAPTACIÓN LIBRE DO CONTO O PATIÑO FEO, QUE TRABALLA A PROCURA DA IDENTIDADE, TAN NECESARIA NA SOCIEDADE GLOBALIZADA.
RECIBIMOS NO COLE ÓSCAR E SANDRA DA ASOCIACIÓN DOWN PONTEVEDRA XUNTOS. CONTÁRONOS QUE É A SÍNDROME DE DOWN E LOGO UN VÍDEO E VARIOS CONTOS RELACIONADOS COA DIVERSIDADE, O RESPECTO, A ACEPTACIÓN DAS DIFERENZAS, A INCLUSIÓN... FOI UNHA SESIÓN MOI ENRIQUECEDORA!! CLICA NO ENLACE PARA VELO
http://antiovilaverde.blogspot.com/2019/04/asociacion-down-pontevedra.html
OS RECREOS INCLUSIVOS VILAXOGOS, A FINAIS DE ABRIL O ALUMNADO DE INFANTIL PARTICIPOU EN DIFERENTES XOGOS: PELETRE, BIRLOS, DIANAS, PIZARRAS, CONSTRUCIÓNS E CANTIGAS DE CORRO; NA COMPAÑA DE MONITORAS E MONITORES (O ALUMNADO MAIOR QUE SE ENTRENA NUN NOVO ROL DE TITORIZACIÓN, COLABORACIÓN, ARBITRAXE, MEDIACIÓN E MONITORIZACIÓN).
PODEDES VER AS FOTOS NO SEGUINTE ENLACE:
http://mascotilandiavilaverde.blogspot.com/2019/04/recreos-inclusivos.html
INCIACIÓN Á ROBÓTICA EO STEM
A ROBÓTICA É UNHA FERRAMENTA EDUCATIVA COMPLEMENTARIA COA QUE TRABALLAMOS CONTIDOS CURRICULARES DE FORMA LÚDICA E MOTIVADORA DENTRO DO STEM. A FINALIDADE É INTRODUCIR AO ALUMNADO DE FORMA NATURAL E LÚDICA NA LINGUAXE DA PROGRAMACIÓN, A CIENCIA E A MATEMÁTICA A TRAVÉS DO PENSAMENTO COMPUTACIONAL, O PENSAMENTO LÓXICO E A LINGUAXE; CO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES MANIPULATIVAS, DE REFLEXIÓN E TRABALLO COLABORATIVO NAS QUE SE LLE PROPOÑEN RETOS E SE POÑEN EN PRÁCTICA HABILIDADES COGNITIVAS DAS DISTINTAS ÁREAS CURRICULARES. A TRAVÉS DAS DIFERENTES DINÁMICAS DE TRABALLO COA ROBÓTICA O ALUMNADO DESENVOLVERÁ APTITUDES E HABILIDADES ESENCIAS COMO: APRENDER A APRENDER, CREAR, CONSTRUIR E PROGRAMAR. ESTES SON ALGÚNS DOS OBXECTIVOS QUE SE REFLICTEN NO PROXECTO DE CENTRO EN CANTO A ROBÓTICA:
- APRENDER A APRENDER, MEDIANTE PROCESOS DE INDAGACIÓN E DESCUBRIMENTO.
- POTENCIAR SÚA COMPETENCIA DIXITAL CO MANEXO DE DIFERENTES DISPOSITIVOS.
- DESENVOLVER O PENSAMENTO LÓXICO E COMPUTACIONAL.
- TOMAR DECISIÓNS, AFRONTAR RETOS.
- IMPULSAR A CREATIVIDADE.
- TRABALLAR EN EQUIPO DE XEITO COLABORATIVO OU COOPERATIVO.
- PROMOVER O INTERESE POLO MUNDO DA PROGRAMACIÓN E A MECÁNICA.
AS ACTIVIDADES DESENVOLTAS FORON REALIZADAS POLAS TITORAS E POLAS PROFES DE APOIO. EN OCASIÓNS CON GRUPOS REDUCIDOS E NOUTRAS CON TODO O GRUPO. A DURACIÓN DAS ACTIVIDADES VARIA ENTRE MEDIA E UNHA SESIÓN. OS ROBOTS QUE SE MANEXARON FORON O DOC, BLUE-BOT E MIND DE XEITO HABITUAL E OCASIONALMENTE O M-BOT.
REALIZAMOS ACTIVIDADES DE TRES TIPOS:
1. PROMOVIDAS POLA BIBLIOTECA E O EQUIPO STEM:
- APRENDER A APRENDER, MEDIANTE PROCESOS DE INDAGACIÓN E DESCUBRIMENTO.
- POTENCIAR SÚA COMPETENCIA DIXITAL CO MANEXO DE DIFERENTES DISPOSITIVOS.
- DESENVOLVER O PENSAMENTO LÓXICO E COMPUTACIONAL.
- TOMAR DECISIÓNS, AFRONTAR RETOS.
- IMPULSAR A CREATIVIDADE.
- TRABALLAR EN EQUIPO DE XEITO COLABORATIVO OU COOPERATIVO.
- PROMOVER O INTERESE POLO MUNDO DA PROGRAMACIÓN E A MECÁNICA.
AS ACTIVIDADES DESENVOLTAS FORON REALIZADAS POLAS TITORAS E POLAS PROFES DE APOIO. EN OCASIÓNS CON GRUPOS REDUCIDOS E NOUTRAS CON TODO O GRUPO. A DURACIÓN DAS ACTIVIDADES VARIA ENTRE MEDIA E UNHA SESIÓN. OS ROBOTS QUE SE MANEXARON FORON O DOC, BLUE-BOT E MIND DE XEITO HABITUAL E OCASIONALMENTE O M-BOT.
REALIZAMOS ACTIVIDADES DE TRES TIPOS:
1. PROMOVIDAS POLA BIBLIOTECA E O EQUIPO STEM:
- CELEBRACIÓN “ROSALÍA DE CASTRO”: ACTIVIDADE REALIZADA NAS AULAS E ZONAS COMÚNS, PRESÉNTASE UN TABOLEIRO CON 12 IMAXES SOBRE A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO E UNHA BARRALLA CON PREGUNTAS ADAPTADAS AO NIVEL SOBRE A SÚA BIBLIOGRAFÍA . NO TABOLEIRO HAI NOTAS MUSICAIS QUE ESTÁN RELACIONADAS COS POEMAS MUSICADOS QUE TAMÉN TRABALLOU A ESPECIALISTA DE MÚSICA NAS SÚAS SESIÓNS CO ALUMNADO. AS ESPECIALISTAS EN LINGUA INGLESA TRABALLARON NAS SÚAS SESIÓNS O VOCABULARIO EN INGLÉS RELACIONADO COA VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO. ESTA EXPERIENCIA FOI ACOLLIDA POLO ALUMNADO CON MOITO ENTUSIASMO.
- CELEBRACIÓN 8 DE MARZO “DÍA DA MULLER TRABALLADORA” REFLEXIONAMOS SOBRE A COLABORACIÓN E A CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DOMÉSTICAS E DO FOGAR. PRETENDEMOS RACHAR ESTEREOTIPOS QUE IMPIDEN UNHA IGUALDADE XUSTA E EFECTIVA. TRABALLAMOS O CONTO “LAS MUÑECAS SON PARA NIÑAS” EN TODO O CENTRO. O ALUMNADO DE 5º CONTOU, GRAVOU E EXPUXO CON CÓDIGO QR O CONTO PARA VER CON DISPOSITIVO MÓBIL NUNHA DAS PAREDES EXTERIORES DA BIBLIOTECA NON SO PARA O ALUMNADO DO CENTRO SENÓN TAMÉN PARA AS FAMILIAS. LEVAMOS AS TABLETS PARA ESCOITALO. ADEMAIS PRESENTÓUSE AO ALUMNADO UN TABOLEIRO DE 24 CASAS QUE REPRESENTABA UNHA VIVENDA FAMILIAR E CONTORNAS FRECUENTADAS POLAS FAMILIAS (ESCOLA, PARQUE, SUPERMERCADO, TENDA DE ROUPA, ACTIVIDADES...) E UNHA BARALLA DE CARTAS CON PREGUNTAS ADAPTADAS AO NIVEL, TAMÉN UNHA GRÁFICA PARA COMPROBAR A CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFEAS DO FOGAR. UN DOC FACÍA DE HOME E OUTRO DE MULLER. REALIZOUSE NAS AULAS E ESPAZOS COMÚNS. O ALUMNADO PARTICIPOU CON MOITAS GANAS NA ACTIVIDADE.
- CELEBRACIÓN DO “DÍA DO LIBRO” ORGANIZÁRONSE UNHA SERIE DE ACTIVIDADES ENCADEADAS. LAMPI A MASCOTA DA BIBLIOTECA CONVIDA AO ALUMNADO Á ENTRADA DA MESMA CO LEMA “OS ROBOTS CHEGAN Á BIBLIOTECA” PARA IR A MESA DE REXISTRO COÑECER AO ROBOT BIBLIOTECARIO. ALÍ TIÑAN QUE LER UNHAS INSTRUCIÓNS E IR FACENDO A SECUENCIA: ACENDER O M-BOT, LER A PANTALLA (FELIZ DÍA DO LIBRO), APÁGALO, COLLER UN DOS TABOLEIROS, NESTA OCASIÓN CON IMAXES DOS CONTOS “OS TRES PORQUIÑOS “ OU “CARAPUCHUÑA” E ESCOLLER UN DOS TRES ROBOTS "DOC, BLUE-BOT OU MIND" PARA CONTAR O CONTO SEGUINDO A SECUENCIA LÓXICA DO MESMO (PRINCIPIO-TRAMA-DESENLACE). RESULTOU UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA E NOVEDOSA PARA O ALUMNADO .
- CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS “ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS” NESTA OCASIÓN PRESÉNTASE NA BIBLIOTECA UN TABOLEIRO CON NOVE PREGUNTAS SOBRE A VIDA E OBRA DO HOMENAXEADO E TAMÉN DOUS DADOS PARA LANZAR E SUMAR. O RESULTADO DA SUMA É A CASA Á QUE DEBEN DESPRAZAR O ROBOT E DAR RESPOSTA Á PREGUNTA. FACILÍTASE UNHA FOLLA CON INSTRUCCIÓN E UN CÓDIGO QR PARA LER COA TABLET POR SE SAE ALGUNHA DAS CASAS CON NOTAS MUSICAIS, NAS QUE TIÑAN QUE CANTAR OU BAILAR A CANTIGA “O CASAMENTO DA PULGA” DE YOTUBE DE PABLO DÍAZ. NOVAMENTE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POR PARTE DO ALUMNADO. PODÍAN EMPREGAR O DOC, BLUE-BOT OU MIND.
- TABOLEIROS PARA O DOC E BLUE-BOT CON CONTIDOS RELACIONADOS COS DINOSAURIOS E CO UNIVERSO. DOUS TIPOS DE ACTIVIDADES RELACIONAR IMAXE CON NOME OU RESPOSTAR AS TARXETAS CON PREGUNTAS. EMPREGOUSE CON TODO O ALUMNADO PARA A PRESENTACIÓN E LOGO XOGABAN AUTONOMAMENTE NO TEMPO DE RECANTOS.
- EMPREGAMOS A APLICACIÓN HP REVEAL PARA DESENVOLVER UNHA ACTIVIDADE DE REALIDADE AUMENTADA. O ALUMNADO RECORTOU PISADAS DE DIFERENTES DINOSAURIOS E BUSCOU IMAXES NA REDE DESES DINOSAURIOS. O XOGO CONSISTÍA EN EXTENDER POLO CHAN AS PISADAS, IDENTIFICAR UNHA PISADA E COMPROBALO COA TABLET (Ó ACHEGAR A TABLET A PISADA SAÍA O DINOSAURIO O QUE PERTENCÍA). PRESENTOUSE EN GRAN GRUPO E DESPOIS XOGABAN AUTONOMAMENTE NO RECANTO DO MUSEO.
- INTERACCIÓN CON LIBROS E CROMOS DE REALIDADE AUMENTADA RELACIONADOS COS CONTIDOS DO PROXECTOS, EMPREGANDO AS TABLET, COMBINANDO O MUNDO REAL CO MUNDO DIXITAL ,PARA DARLLE VIDA ÓS DINOSAURIOS OU MOVEMENTO O UNIVERSO , PUIDENDO VER E MANIPULAR OS OBXECTOS EN DIVERSOS ÁNGULOS DE FORMA LÚDICA. PRESENTANSE A TODO O GRUPO E DESPOIS XOGAN AUTONOMAMENTE NO RECANTO DE BIBLIOTECA. COS CROMOS DE REALIDADE AUMENTADA CONSEGUIMOS FACER UNHA PELÍCULA "PASEANDO ENTRE DINOSAURIOS POR DINOVILA". https://www.youtube.com/watch?v=vtqrEgbuhCw
- MÓBIL E GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL COAS QUE XERAMOS CONTORNAS VIRTUAIS QUE CREAN NO USUARIO A SENSACIÓN DE ESTAR INMERSO NESAS CONTORNAS. EMPREGAMOS AS APLICACIÓNS: VR TIERRA DE LOS DINOSAURIOS, VR SOLAR SPACE E VR SPACE WORLD.
- INTRODUCIÓN AO USO DO CÓDIGO QR. CÓDIGO DE FORMA CADRADA QUE NOS ENLAZA A TRAVÉS DUNHA APLICACIÓN INSTALADA NO DISPOSITIVO MÓBIL CUN ENLACE DA WEB. REALIZAMOS VARIAS ACTIVIDADES DESTE TIPO PARA QUE O ALUMNADO DO CENTRO E AS FAMILIAS AS PUIDESEN VISIONAR. EXPERIMENTO DA LÁMPADA DE LAVA, A CANTIGA DOS DINOSAURIOS E A PELÍCULA E DOCUMENTAL DE DINOSAURIOS.
- CONDUCIR A M-BOT. DENTRO DO PROXECTO DO UNIVERSO DESENVOLVEMOS UN XOGO "PREPARÁMONOS PARA PILOTAR UNHA NAVE ESPACIAL" COA APLICACIÓN MAKEBLOCK DA TABLET TIÑAN QUE SORTEAR OBSTÁCULOS (FIGURAS XEOMÉTRICAS BÁSICAS) QUE SIMULABAN ESTRELAS, ASTEROIDES, PLANETAS...
- CONSTELACIÓNS DE ANIMAIS CON MIND. NO PROXECTO DO UNIVERSO XOGAMOS CON MIND E O TANGRAM DE ANIMAIS QUE NOS RECORDA AS CONSTELACIÓNS DE ANIMAIS. REALIZÁRONAS E DESPOIS COLOREÁRONAS. AO MESMO CO TANGRAM FÍSICO CREARON NOVAS FORMAS.
3. OUTRAS ACTIVIDADES:
- EXPERIMENTACIÓN LIBRE CON CONSTRUCIÓNS BÁSICAS NUN DOS RECANTOS DAS AULAS PARA PLANIFICAR, EXPERIMENTAR E CREAR EN PEQUENO GRUPO DE XEITO COLABORATIVO. DESENVOLVEN TAMÉN A CONCIENCIA ESPACIAL, O COÑECEMENTO MATEMÁTICO, AFRONTAN RETOS E DESENVOLVEN A CREATIVIDADE.
- OBRADOIRO COAS FAMILIAS CIRCUITO ELÉCTRICO CON PLASTILINA CONDUCTIVA. ENFOCADA COMO UNHA ACTIVIDADE DE INTRODUCIÓN Á TECNOLOXÍA. AS FAMILIAS EXPLICARON COMO SE FAI A PLASTILINA CONDUCTORA E A DIFERENZA COA PLASTILINA DA AULAS QUE NON É CONDUCTORA. INTRODUCIRON VOCABULARIO BÁSICO PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE: CIRCUITO, BATERÍA-ENERXÍA, CABLE VERMELLO-POSITIVO, CABLE NEGRO-NEGATIVO, LEDS PATA CORTA-NEGATIVO E LONGA POSITIVO, CURTOCIRCUITO, VOLTIOS, ZUMBADOR, MOTOR... DESPOIS DUNHAS BREVES INDICACIÓNS DAS FAMILIAS COMEZARON A FACER AS SÚAS PROPIAS CREACIÓNS DANDO RENDA SOLTA A SÚA IMAXINACIÓN E RESULTARON ELABORACIÓNS CREATIVAS E ORIXINAIS. DESPOIS DA ACTIVIDADE DISPUXEMOS UN ESPAZO DA AULA PARA QUE CONTINUASEN EXPERIMENTANDO. https://www.youtube.com/watch?v=5YE7_Z7JV5I&t=45s
ESTAS FORON MOITAS DAS ACTIVIDADES DE INICIACIÓN Á ROBÓTICA E O STEM REALIZADAS QUE VALORAMOS COMO POSITIVAS PARA TODO O ALUMNADO XA QUE FORON LÚDICAS E MOTIVADORAS. A TRAVÉS DA SÚA REALIZACIÓN O ALUMNADO ADQUIRIU CONTIDOS CURRICULARES E DESENVOLVEU AO MESMO TEMPO HABILIDADES SOCIAIS, COLABORATIVAS, MANIPULATIVAS, COGNITIVAS, LINGÜÍSTICAS, MATEMÁTICAS E CREATIVAS.
08 maio 2019
CONTACONTOS: MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA
HOXE DOUS DOS INTEGRANTES DE "POLO CORREO DO VENTO" VIÑERON CONTARNOS O CONTO: "MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA", PARA PROMOVER A LECTURA E A COMPRENSIÓN ORAL DO GALEGO. ENRIQUE MAURICIO CONTABA O CONTO DE XEITO ORAL MENTRES CARLOS TABOADA DEBUXABA UN MURAL DO CONTO. AO REMATAR TODOS DEBUXAMOS UN PIRATA (PERSONAXE DO CONTO) GUIADOS POR CARLOS. FOI UNHA SESIÓN MOI DIVERTIDA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS!!
05 maio 2019
PLANTAMOS NO HORTO
03 maio 2019
ESTREAS DE CINE. 5 ANOS A
HOXE ESTREAMOS NO CINE VILAVERDE O DOCUMENTAL "EL REINO CAÍDO. LA ERA DE LOS DINOSAURIOS" E A PELÍCULA "PASEANDO ENTRE DINOSAURIOS".
ADEMAIS DA PRODUCIÓN DAS PELÍCULAS TAMÉN PLANIFICAMOS A SESIÓN DE CINE, DISPUXEMOS: A TAQUILLA OU DESPACHO DE BILLETES, A CARTELERÍA E AS SALAS DE PROXECIÓN, A COLOCACIÓN DAS CADEIRAS E A FIGURA DO ACOMODADOR O PESTISCO OU MERENDA... AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DESES MOMENTOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)