ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
31 maio 2018
O TRABALLO DO APICULTOR
CARLOS E PURI, OS AVÓS DE MIRANDA, SON APICULTORES. VIÑERON AO COLE PARA CONTARNOS MOITAS COUSAS DAS ABELLAS E ENSINARNOS ALGÚNS DOS MATERIAIS QUE SE EMPREGAN NA APICULTURA. DESPOIS DEIXÁRONNOS TOCAR E MANEXAR ALGÚNS DOS MATERIAIS E REMATAMOS A VISITA CUNHA EXQUISITA DEGUSTACIÓN DE DIFERENTES TIPOS DE MEL. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON TODO O QUE NOS CONTARON E UNHAS FOTOS. BOTÁDELLE UN OLLO, SEGURO QUE APRENDEDES MOITAS COUSAS DAS ABELLAS!!
28 maio 2018
LETRAS GALEGAS 2018
PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTE ANO AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS FOMOS MÁIS ALÁ. TRABALLAMOS A RIMA E INTERPRETAMOS AS COMPOSICIÓNS EN VERSIÓN RAP . A TEMÁTICA DOS RAPS ESTABA RELACIONADA CO QUE ANDABAMOS A INVESTIGAR: AS ABELLAS. CONCRETAMENTE SOBRE UN DOS SEUS INIMIGOS: A VESPA VELUTINA. CANTAMOS E BAILAMOS!!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA OS VÍDEOS!!!
4 ANOS A.
4 ANOS B.
4 ANOS A.
4 ANOS B.
24 maio 2018
ASÍ SON EU POR DENTRO
ESTA ACTIVIDADE TIÑA COMO OBXECTIVO QUE O ALUMNADO ADQUIRISE E EMPREGASE VOCABULARIO RELACIONADO COAS CALIDADES POSITIVAS REFERIDAS ÁS PERSOAS. DESTA MANEIRA TAMÉN TRABALLAMOS O AUTOCOÑECEMENTO E DÁMONOS A COÑECER AOS DEMAIS , COMO ESTRATEXIA DE COHESIÓN DE GRUPO. PARA FACELA CONTAMOS COA PREVIA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE AXUDARON A CADA NENA E NENO A IDENTIFICAR ALGUNHAS DAS SÚAS CALIDADES POSITIVAS. A CONTINUACIÓN FIXEMOS UNHAS CORTINAS PARA A AULA CON TODO O VOCABULARIO QUE FOMOS INCORPOANDO RELACIONADO COA NOSA MANEIRA DE SER. FINALMENTE CADA NENA E NENO ESCOLLEU CATRO DESAS CALIDADES COAS QUE SE IDENTIFICA PARA FACER ESTA ACTIVIDADE. BOTÁDELLE UN OLLO!!!
COMO NOS SENTIMOS?
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN XOGO DE RECOÑECEMENTO DE EMOCIÓNS CO QUE XOGAMOS NA AULA E NOS DIVERTIMOS MOITO. TES UN TEMPO PARA FACELO!!! INTENTAO!!!
21 maio 2018
RADIO BULEBULE
HOXE PUIDEMOS DESFRUTAR DA ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS NO COLE E CANTAR ALGUNHAS DAS CANTIGAS QUE MÁIS NOS GUSTAN DO SEU NOVO DISCO RADIO BULEBULE COMO: BULEBULE, PELOS MELENA, CARMELA, TEMPO TOLO...
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON ALGÚNS ANACOS DO ESPECTÁCULO. BOTÁDELLE UN OLLO!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON ALGÚNS ANACOS DO ESPECTÁCULO. BOTÁDELLE UN OLLO!!
15 maio 2018
RELAXACIÓN CO GRUPO “INNER PEACE”
09 maio 2018
OBRA DE TEATRO "ANTÓN COMODÓN"
HOXE FOMOS A VER A OBRA DE TEATRO ANTÓN COMODÓN A SEDE AFUNDICIÓN. É UNHA OBRA DE MONICREQUES, NA QUE O ESFORZO, AUTONOMÍA PERSOAL E AMIZADE SON ALGÚNS DOS VALORES QUE NOS ENSINA. ANTÓN, DE NENO, NA SÚA CASA FACÍANLLE TODO NON ERA PRECISO QUE APRENDESE NADA E CANDO MEDROU, TIÑA UN AXUDANTE PARA TODO, NICOLÁS, MAIS UN DÍA NICOLÁS EMPRENDE UNHA VIAXE E MARCHA DEIXANDO A ANTÓN SÓ. ANTÓN COA AXUDA DE VARIOS PERSONAXES APRENDE A VALARSE POR SI MESMO.
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: OBRADOIRO DE "BAILOTERAPIA"
AS MAMÁS DE ALEJANDRO E FABRIZZIO E O PAPÁ DE FABRIZZIO VIÑERON AO COLE PARA FACER UN OBRADOIRO DE "BAILOTERAPIA". EMPEZAMOS CUN QUEDEMENTO DE MÚSCULOS E ARTICULACIÓNS, DESPOÍS BAILAMOS CON DIFERENTES RITMOS E TERMINAMOS ESTIRANDO E RELAXÁNDONOS UNS MINUTOS. PASÁMOLO MOI BEN. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS!!
VOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)