26 maio 2024

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2024

Este ano  contamos coa presencia de  Pesdelán e o seu concerto Danzas do Mundo. 

Todas as clases prepararon bailes na clase de música coa profe Lola.

Foi un concerto cheo de ritmo, baile e diversión! 







CERTAME DE POESIA NO CENTRO

 Este ano estivo moi difícil escoller os gañadores de 5° curso. Atopamos un nivel increíble!!! Parabéns aos finalistas!!! 




10 maio 2024

NOVAS VIDAS NO CENTRO

 Os pequenos do cole fixeron un proxecto sobre os pitiños, e tivemos a sorte de contar cunha incuvadora no centro. 

Tras 21 días, naceron os pitiños e os de 5º aproveitamos para darlles a benvida ao mundo!









09 maio 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Hoxe estivemos percorrendo o colexio en busca de información sobre a vida de Luisa Villalta. 

Observamos os panéis informativos na procura de aspectos relevantes da súa vida e obra, para rematar compretando un xogo de preguntas sobre ela, instalado no recuncho de galego do centro. 

Unha actividade diferente de búsqueda de información, traballo en equipo e aprendizaxe.