18 marzo 2019

VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO

A VIOLENCIA, COMO OS VIRUS, SÓ PRODUCEN VÍCTIMAS: TODOS SAÍMOS PERDENDO CANDO ESTOUPA. COMO PASA COAS EPIDEMIAS É MELLOR PREVIR QUE CURAR. POR ISO, DESDE UNICEF, PROPOÑEN QUE ELABOREMOS EN CADA GRUPO AULA UNHA VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO QUE PROTEXA A TODA A NOSA CONTORNA. É UNHA VACINA QUE NON SE PON, HAINA QUE PENSAR!! PRIMEIRO, DESEÑAMOS O NOSO VIOLENTOVIRUS QUE REFLICTE AS DIFERENTES FORMAS DE VIOLENCIA QUE NOS RODEAN E QUE QUEREMOS SOLUCIONAR. DESPOIS, FABRICAMOS UNHA VACINA COS COMPOÑENTES NECESARIOS PARA FACERLLE FRENTE AO VIOLENTOVIRUS. LOGO ESTABLECEMOS UNS COMPROMISOS PARA O BO FUNCIONAMENTO DO GRUPO. FINALMENTE, PREPARAMOS UNHA CARTILLA E UNHAS TIRITAS PARA COMEZAR A CAMPAÑA DE VACINACIÓN. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI DIVERTIDA!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS!!
5 ANOS A.
VACINA BO TRATO. 5 ANOS A
5ANOS B.
VACINA BO TRATO 5 ANOS B.

15 marzo 2019

OBRADOIRO COMPOSTAXE

HOXE TIVEMOS UN OBRADOIRO DE COMPOSTAXE  NA BIBLIOTECA. ROCÍO MESTRA DO CEIDA VEU AO COLE PARA FALARNOS DOS COMPOSTEIROS E DO COMPOST.
PRIMEIRO MIRAMOS UN VÍDEO EXPLICATIVO DA COMPOSTAXE CON "PEPA PIG". LOGO AMOSOUNOS A SÚA MASCOTA "ECOCOL" COA QUE NOS PRESENTOU VOCABULARIO RELACIONADO COA COMPOSTAXE.
PASÁMOLO MOI BEN,  CANDO NOS FIXO UN XOGO DE MAXIA NO QUE TRANSFORMABA ALGÚNS OBXECTOS QUE TIRAMOS O LIXO CON FRECUENCIA NOUTROS NOVOS, O COÑECEMOS COMO "REUTILIZACIÓN". TAMÉN NOS DIVERTIMOS SACANDO DUN PEQUENO COMPOSTEIRO QUE TRAIA DE XOGUETE OS BICHOS QUE VIVEN NEL. REMATAMOS PLANTANDO FABAS CON COMPOST O QUE ELA CHAMABA "TERRA MÁXICA". AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS
5 ANOS A.
  COMPOSTAXE. 5 ANOS A
5 ANOS B.

COMPOSTAXE 5 ANOS B.

13 marzo 2019

OBRADOIRO FAMILIAS: VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

AS MAMÁS DE IRENE, TIAGO, MARIO, CLARA, LUCAS, INÉS E ÁLEX VIÑERON AO COLE PARA REPRESENTAR A TRAVÉS DUN PEQUENO TEATRO DE MONICREQUES O CONTO "VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS", PROPOSTO POLA FUNDACIÓN MENIÑOS.
 ESTE RELATO  XA O TRABALLARAMOS EN SESIÓNS ANTERIORES  NA AULA ASÍ COMA TEMAS DE  CONCIENCIA EMOCIONAL, REGULACIÓN EMOCIONAL, AUTOESTIMA, EMPATÍA, RESOLUCIÓN DE CONFLITOS...
DESPOIS DO TEATRO, AS MAMÁS DESENVOLVERON UNHA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL RELACIONADA CO AUTOCONTROL E A RELAXACIÓN,  AXUDANDO ÁS NENAS E NENOS A FACER CADANSÚA BOTELLA DA CALMA OU MÁXICA. FOI MOI DIVERTIDO BOTAR AS PURPURINAS, ESTRELAS E COLORANTES NAS BOTELLAS!!
REMATAMOS FACENDO UNHA PEQUENA SESIÓN DE RELAXACIÓN CON MÚSICA INSTRUMENTAL PARA VER O FUNCIONAMENTO DAS BOTELLAS. PRIMEIRO AXITAMOS AS BOTELLAS E LOGO LEVAMOS A NOSA ATENCIÓN AO MOVEMENTO DA PURPURINA ATA QUE SE POUSOU NO FONDO.  QUEDAMOS MOI RELAXADOS!! ASÍ QUE BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO PARA FACER A VOSA!!

01 marzo 2019

ENTROIDO 2019: UNHA REVOLUCIÓN ESPACIAL

CHEGOU O GRAN DÍA, CELEBRAMOS O DESFILE DE ENTROIDO!!! AS FAMILIAS VIÑERON PARA VERNOS DESFILAR COMO ASTRONAUTAS. FIXÉMOLO MOI BEN!!! DESPOIS DE MERENDAR QUEIMAMOS A VILAVERDIÑO!!! FOI UNHA MAÑÁ DE MOITA ACTIVIDADE!!! PERO O MÁIS IMPORTANTE FOI QUE O PASAMOS XENIAL!!! BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS!!
  5 ANOS A:
ENTROIDO A
5 ANOS B:ENTROIDO B,