ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
22 decembro 2017
PANXOLIÑA DE NADAL
AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS, DESÉXANVOS UNHAS FELICES FESTAS E FELIZ ANO 2018, CANTANDO ESTA PANXOLIÑA. BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO!!!
CHOCOLATADA E VISITA DO APALPADOR
REMATAMOS O TRIMESTE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA E A VISITA DO APALPADOR. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO!!
EXPERIMENTO INFLAR UN GLOBO
DESPOIS DE FACER PAN CON FERMENTO, FACEMOS UN EXPERIMENTO PARA OBSERVAR COMO RESPIRA ESTE FUNGO. COME O AZUCRE DISOLTO NA AUGA E RESPIRA CO2, ESTE GAS NON TEN ESPAZO NA BOTELLA E FAI QUE SE INFLE O GLOBO.
EXPERIMENTO CON FERMENTOS
NO NOSO LABORATORIO DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS FIXEMOS MOITOS EXPERIMENTOS, PARA COÑECER COMO OS MICROORGANISMOS PODEN AXUDAR AO CORPO OU TAMÉN COMO O PODEN ATACAN.
OS FUNGOS PARECÉRONNOS MOI INTERESANTES E ADEMAIS DE COÑECER A PENICILLIUM, TAMÉN QUIXEMOS VER, COMO OS FERMENTOS AXÚDANNOS NA ALIMENTACIÓN.
TALLER DA SAÚDE COAS FAMILIAS
NESTE TRIMESTRE CONTAMOS COA EXCELENTE COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA DESENVOLVER UN OBRADOIRO RELACIONADO COA SAÚDE, APROVEITANDO QUE ANDABAMOS INMERSOS NA TEMÁTICA DO CORPO E A SÚA SAÚDE. A FIN ÚLTIMA FOI QUITAR MEDOS E NORMALIZAR MOMENTOS COMO IR AO HOSPITAL, AO CENTRO DE SAÚDE, Á FARMACIA; E POLO TANTO ACEPTAR CON NORMALIDADE A PRESENZA E TRATO CA/O PEDIATRA, CA/O DENTISTA, CA/O FARMACÉUTICA/O. AS FAMILIAS, QUE TRABALLAN NO EIDO DA SAÚDE, ORGANIZARON OS DIFERENTES ESPAZOS CON VESTIARIO E MATERIAIS CONVERTENDO O COLE NUN AUTÉNTICO: HOSPITAL, CENTRO DE SAÚDE, DENTISTA E FARMACIA. AS NENAS E NENOS DIVERTÍRONSE MOITO NOS DIFERENTES ESPAZOS MANIPULANDO E EXPERIMENTANDO COS MATERIAIS. AGRADECEMOS ENCARECIDAMENTE A BOA DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS SEN AS CALES ESTA ACTIVIDADE NON RESULTARÍA TAN EXITOSA. BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!!
EXPLORAMOS O CORPO HUMANO
UNHA VEZ INVESTIGADO O CORPO HUMANO TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE MANIPULAR COAS MÁNS: UN ESQUELETO DE VERDADE, UN TORSO HUMANO COS DIFERENTES ÓRGANOS INTERNOS, O ÓRGANO DO OÍDO COMPLETO. FOI UNHA EXPERIENCIA EMOCIONANTE. TAMÉN DESCUBRIMOS OS 5 SENTIDOS E XOGAMOS CON ALGÚNS DELES COMO VEREDES NO VÍDEO. BOTÁDELLE UN OLLO!!
INVESTIGAMOS O CORPO HUMANO E FACEMOS UN DE CARTÓN
DESPOIS DE DESCUBRIR O IMPORTANTE QUE É APORTARLLE O CORPO ALIMENTOS RICOS EN CALCIO, FERRO, PROTEINAS E VITAMINAS COMA O LEITE, O IOGUR, O QUEIXO...; PARA CRECER SANS E FORTES. COMEZAMOS A INTERESARNOS POLO NOSO CORPO. QUE TEMOS POR DENTRO DO CORPO? COMO FUNCIONA? ONDE ESTÁN O CORAZÓN, OS PULMÓNS...? COMEZARON A XURDIR HIPÓTESES E A INVESTIGAR PARA FACER AS PERTINENTES DEMOSTRACIÓNS. FOMOS DESVELANDO MOITAS INCOGNITAS GRAZAS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE APORTARON MOITO INFORMACIÓN. AQUÍ PODEDES VER O RESULTADO DE TODA A NOSA INVESTIGACIÓN, QUIXEMOS PLASMALA NUN CORPO HUMANO DE CARTÓN DA NOSA ALTURA CON ÓSOS, MÚSCULOS, ÓRGANOS PARA PEGAR E DESPEGAR, DE MANEIRA QUE TAMÉN PODEMOS XOGAR CON EL. BOTÁDELLE UN OLLO PARA VER COMO O FIXEMOS!!!
21 decembro 2017
FUNGOS: LEVADURAS E MOFO
NESTA OCASIÓN OS CIENTÍFICOS DO LABORATORIO DA FÁBRICA CLESA VAN PRESENTARNOS UNS MICROORGANISMOS MOI ESPECIAIS OS FUNGOS. COMO ALGÚNS DELES SON SERES VIVOS MOI PEQUENOS MIRÁMOLOS CO MICROSCOPIO, TEÑEN UNHA FORMA RAMIFICADA MOI CARACTERÍSTICA, QUE REMATA EN BOLIÑAS, ESTAS SON AS ESPORAS DA REPRODUCIÓN. EXPERIMENTAMOS COS SEGUINTES:
- O MOFO PENICILLIUM QUE APARECE NALGÚNS QUEIXOS, É UN FUNGO DE COR GRIS- VERDOSO QUE LLE DÁ SABOR E AROMA AO QUEIXO. GÚSTANLLE OS ESPAZOS HÚMIDOS E POUCO LUMINOSOS. É COMESTIBLE. ATOPÁMOLO NO COÑECIDO QUEIXO ROQUEFOR. ESTE FUNGO PENICILLIUM APARECE TAMÉN NOUTROS ALIMENTOS EN ESTADO DE DESCOMPOSICIÓN, REPRODÚCESE MOI RÁPIDO E NON É COMESTIBLE. É UN LIMPIADOR NATURAL. FIXÉMOS ALGÚNS EXPERIMENTOS E MIRÁMOLO NA LARANXA, NO PAN, NA MANTEIGA E NO IOGUR. O QUE MÁIS CURIOSO NOS RESULTOU FOI QUE SE EMPREGASE PARA FACER ANTIBIÓTICOS (PENICILINA) PARA MATAR BACTERIAS MALAS.
- O KÉFIR DE LEITE, SON UNS GRANS BRANCOS, PARECIDOS AOS DA COLIFLOR. COMPOSTO POR FUNGOS, BACTERIAS E LEVADURAS CAPACES DE FERMENTAR O LEITE A TEMPERATURA AMBIENTE E FACER UN IOGUR CON MOITOS PROBIÓTICOS. UN DOS NENOS TRÓUXOO E COIDÁMOLO NA CLASE TODOS OS DÍAS.
- AS LEVADURAS, EXPERIMENTAMOS A FERMENTACIÓN COA FARIÑA, COMO MEDRA A MASA E APARECEN OS TÍPICOS FURADOS.
- TIVEMOS A SORTE DE OBSERVAR OUTRO FUNGO CARACTERÍSTICO DA ESTACIÓN DO OUTONO, AS SETAS, QUE MEDRARON NO PATIO. BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!

FABRICAMOS MANTEIGA
NESTA OCASIÓN OS TRABALLADORES DA FÁBRICA DE CLESA VAN ENSINARNOS COMO SE FAI A MANTEIGA. DERIVADO LÁCTEO SÓLIDO ELABORADO A PARTIR DA NATA DO LEITE. DESCUBRIMOS QUE SE PODE FACER DE DÚAS MANEIRAS:
- POUCO A POUCO XUNTANDO A CAPA DE NATA QUE SE FORMA CANDO SE QUENTA O LEITE ANTES DE QUE FERVA. GARDÁNDOA NO FRIGORÍFICO.
- MOITA CANTIDADE BATENDO NATA COA BATEDORA. MONTAMOS A NATA E SEGUIMOS BATENDO ATA QUE SE SEPARA O SORO DA MANTEIGA. ESCORREMOS E LISTA PARA TOMAR OU FACER RECEITAS.
NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER COMO FIXO ESTE EQUIPO A MANTEIGA. BOTÁDELLE UN OLLO!!

FABRICAMOS QUEIXO FRESCO
NESTA OCASIÓN OS TRABALLADORES DA FÁBRICA DE CLESA VANVOS ENSINAR COMO SE FAI O QUEIXO FRESCO. DERIVADO LÁCTEO SÓLIDO ELABORADO A PARTIR DO LEITE CALLADO (CUAJADA). QUE SE CONSEGUE ENGADINDO AO LEITE QUENTE O CALLO (CUAJO) OU ÁCIDOS COMA O VINAGRE OU O LIMÓN, QUE FAN QUE SE SEPARE A CALLADA DO SORO. NA SEGUINTE FASE CÓASE, PRÉNSASE E LISTO PARA COMER.
BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
FABRICAMOS OIGUR
NESTA OCASIÓN CONVERTÉMONOS EN TRABALLADORES DA FÁBRICA DE CLESA PARA ENSINARNOS COMA SE FAI O IOGUR. DERIVADO LÁCTEO QUE SE OBTEN POR FERMENTACIÓN DAS BACTERIAS ESTREPTOCOCOS E LACTOBACILOS CO LEITE. HOUBO DOUS EQUIPOS EXPERIMENTAIS COA FIN DE DEMOSTRAR A IMPORTANCIA DA TEMPERATURA NA SÚA ELABORACIÓN.
- UN EQUIPO ENGADIU AO LEITE AS BACTERIAS E DEIXOUNO ATA O DÍA SEGUINTE A TEMPERATURA AMBIENTE.
- OUTRO EQUIPO ENGADIU AO LEITE AS BACTERIAS E INTRODUCIUNO NUNHA IOGURTEIRA QUE QUENTOU UN POUQUIÑO O LEITE.
AO DÍA SEGUINTE COMPROBAMOS QUE A TEMPERATURA AMBIENTE NON SE PRODUCIU A FERMENTACIÓN. PERO SÍ OCORREU NA IOGURTEIRA, POLO TANTO, QUEDOU DEMOSTRADO QUE SE PRECISA UNHA PEQUENA FONTE DE CALOR PARA FAVORECER A FERMENTACIÓN E PRODUCIR IOGUR. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO!!

20 decembro 2017
INVESIGAMOS AS BACTERIAS DO IOGUR
DÍAS ATRÁS CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS, DO LABORATORIO DE CLESA, PARA VER AS BACTERIAS DO IOGUR. DESCUBRIMOS QUE AS BACTERIAS SON SERES VIVOS MOI PEQUENOS COÑECIDOS COMA MICROORGANISMOS E PARA PODER VELOS PRECISAMOS DO MICROSCOPIO. ESTAS BACTERIAS CHÁMANSE LACTOBACILOS E ESTREPTOCOCOS PROVOCAN A FERMENTACIÓN DO LEITE A CERTA TEMPERATURA E SON BENEFICIOSAS PARA O NOSO CORPO.
BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!!
CICLO PRODUTIVO DO LEITE
DESPOIS DE ORDEÑAR A MARGARITA, OCORREUSENOS FACER UNHA MAQUETA PARA EXPLICAR QUE PASABA CO LEITE LOGO DE SER ORDEÑADO. A ESTA IDEA AXUDOU A CANTIDADE DE VACAS DE XOGUETE QUE FOMOS XUNTANDO E AO CAMIÓN CISTERNA QUE TROUXO UN DOS NENOS. ¿QUE PODIAMOS FACER CON TODO AQUILO?
COMEZAMOS ASÍ A PENSAR EN COMO FACELA E POR CONSENSO DECIDIMOS CONSTRUÍR UNHA GRANXA GRANDE PARA METER TODAS AS VACAS, UNHA FÁBRICA QUE SERÍA COMA A DE CLESA (TELLADO AZUL, PAREDES BRANCAS, 4 DEPÓSITOS DE LEITE E UN DE AZUCRE...) E UN SUPERMERCADO QUE SERÍA COMA O CARREFUR. MÁIS ADIANTE XURDIU A NECESIDADE DE FACERLLE UNHA CASA PARA OS GRANXEIROS E GANDEIROS, ACTIVIDADE NA QUE COLABORARON ALGUNHAS DAS FAMILIAS. REMATAMOS ENGADINDO BONECOS COMA PERSONAXES: GANDEIROS, GRANXEIROS, VETERINARIO, CONDUTOR DO CAMIÓN, TRABALLADORES DA FÁBRICA, CLIENTES DO SUPERMERCADO, POLICÍAS... BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!

30 novembro 2017
EXPERIMENTO DAS MANS LIMPIAS
DESPOIS DO EXPERIMENTO ANTERIOR, NO QUE COMPROBAMOS COMO SE TRANSPORTAN OS MICROBIOS COAS MANS DUNS LUGARES A OUTROS, FACEMOS OUTRO EXPERIMENTO PARA COMPROBAR CAL É A MELLOR FORMA DE LAVAR AS MANS, PARA NON CONTAXIARNOS COS MICROBIOS QUE TEMOS NELAS.
OLLADE O VIDEO:
OLLADE O VIDEO:
EXPERIMENTO COA FARIÑA
DESPOIS DE FACER OS NOSOS EXPERIMENTOS PARA COÑECER AS BACTERIAS E OS FUNGOS BENEFICIOSOS PARA O NOSO CORPO, E VER A TRAVÉS DO MICROSCOPIO A BACTERIAS COMO: LACTOBACILOS , ESTREPTOCOCCUS E FUNGOS COMO PENICILLIUM , ATREVÉMONOS COMO BOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS, A FACER OUTRO EXPERIMENTO, PARA COMPROBAR COMO ATRAVÉS DAS MANS TRANSPÓRTANSE OS MICROBIOS DUNS LUGARES A OUTROS.
OLLADE O VIDEO:
OLLADE O VIDEO:
EXPERIMENTO CO PAN
GÚSTANOS O MUNDO DOS MIGROBIOS E COMO OS MICROORGANISMOS PODEN SER BENEFICIOSOS OU PREXUDICIAIS PARA O NOSO CORPO.
FACEMOS UN NOVO EXPERIMENTO: CON SEIS ANACOS DE PAN, MOLLAMOS CON AUGA TRES E OS OUTROS TRES SECOS. METÉMOLOS CADA UN NUNHA BOLSA ETIQUETADA E COLOCÁMOLOS EN DIFERENTES LUGARES:
- BOLSA 1: PAN HÚMIDO, AO SOL
- BOLSA 2: PAN SECO, AO SOL
- BOLSA 3: PAN HÚMIDO, NO CAIXÓN ÁS ESCURAS.
- BOLSA 4: PAN SECO, NO CAIXÓN ÁS ESCURAS.
- BOLSA 5: PAN HÚMIDO NA NEVEIRA.
- BOLSA 6: PAN SECO NA NEVEIRA.
O MOFO APARECE AO NOVENO DÍA, NA BOLSA DO PAN HÚMIDO E CON SOL.
CONCLUÍMOS:
27 novembro 2017
EXPERIMENTO: AMORODOS E IOGUR
DESPOIS DE FACER O IOGUR NO NOSO LABORATORIO COMPROBAMOS QUE É NATURAL, A ALGÚNS AMIGOS E AMIGAS GÚSTALLE MOITO O IOGUR DE AMORODOS. A PROFE PREGÚNTANOS COMO PODEMOS FACELO E FOMOS DANDO AS NOSAS RESPOSTAS.
PUXÉMONOS A REALIZAR OUTRO EXPERIMENTO, CUN FINAL MOY APETITOSO. ESTABA BOÍSIMO!!
PUXÉMONOS A REALIZAR OUTRO EXPERIMENTO, CUN FINAL MOY APETITOSO. ESTABA BOÍSIMO!!
EXPERIMENTO DAS BACTERIAS E O LEITE
APRENDEMOS QUE AS BACTERIAS BENEFICIOSAS ÚSANSE NA ELABORACIÓN DALGÚNS ALIMENTOS: QUEIXO, IOGUR, MANTEIGA... CONVÉRTESE UN PRODUTO NATURAL COMO O LEITE NUN PRODUTO DE FERMENTACIÓN.
DESPOIS DE VER AS BACTERIAS DO IOGUR NO MICROSCOPIO DO NOSO LABORATORIO DE CLASE, A PROFE FÍXONOS PREGUNTAS COMO: PARA FACER O IOGUR, O LEITE TEN QUE ESTAR QUENTE OU FRÍO; MOI QUENTE OU TEMPERADO; TEN QUE LEVAR BACTERIAS; OU SÓ LEITE CON AZUCRE.
FOMOS DANDO AS NOSAS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS, FACENDO AS NOSAS HIPÓTESES.
PUXÉMONOS A FACER O EXPERIMENTO NO NOSO LABORATORIO COMO UNHOS BOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS:
- PESAMOS OS CARTÓNS DE LEITE, MEDIMOS NUN ENVASE DE MEDIO LITRO E NUN DUN LITRO PARA VER ONDE ENTRABA O CONTIDO DE CADA CARTÓN. AO LEITE BOTÁMOSLLE AZUCRE
- REPARTIMOS O LEITE EN TRES ENVASES.
- NUN POÑEMOS CULLERADAS DUN IOGUR (BACTERIAS), REMOVÉMOLO E METÉMOLO NA IOGUREIRA PARA QUE TEÑA CALOR, COMPROBAMOS QUE A TEMPERATURA DO LEITE DENTRO DA IOGUREIRA É DE 43º C.
- NOUTRO ENVASE AO LEITE TAMÉN LLE BOTAMOS BACTERIAS PERO NON O METEMOS NA IOGUREIRA (SEN CALOR).
- NO TERCEIRO ENVASE AO LEITE NON LLE BOTAMOS BACTERIAS, PERO SE O METEMOS NA IOGUREIRA (CON CALOR).
- ETIQUETAMOS OS TRES ENVASES E ESPERAMOS 24 HORAS.
COMPROBAMOS QUE O LEITE QUE TEN BACTERIAS E CALOR DA IOGUREIRA CONVERTEUSE EN IOGUR. QUE NOS OUTROS DOUS ENVASES SÓ HAI LEITE NON IOGUR.
CONCLUÍMOS QUE PARA TRANSFORMARSE O LEITE EN IOGUR TEN QUE TER BACTERIAS E CALOR (UN POUQUIÑO MÁIS QUE TEMPERADO, 43º C.). TAMÉN APRENDEMOS QUE AS BACTERIAS MULTIPLÍCANSE CON MÁIS FACILIDADE SE TEÑEN UN POUCO DE CALOR.
OBSERVAMOS AS BACTERIAS DO NOSO IOGUR NO MICROSCOPIO.
COMÉMOS O NOSO IOGUR.
ESTABA RIQUÍSIMO!!
OLLADE O VIDEO:
26 novembro 2017
CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS
PARA COMPRENDER MELLOR O MUNDO DOS MICROORGANISMOS OU MICROBIOS, COMEZAMOS A PENSAR QUE ACTIVIDADES FACER, UN AMIGO DIXO QUE PODIAMOS IR AO LABORATORIO, PERO A PROFE EXPLICOUNOS QUE O LABORATORIO ESTÁ OCUPADO POLAS OBRAS DO COLE. ENTÓN A ALGUÉN SE LLE OCORREU QUE PODIAMOS FACER UN LABORATORIO NA CLASE. E AO CHOIO, PENSAMOS COMO FACELO E QUE MATERIAIS POÑER, TAMÉN COMO DEBERIAMOS IR VESTIDOS OS TRABALLADORES DO LABORATORIO, QUE INVESTIGAMOS QUE SE CHAMABAN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS. DURANTE UNS DÍAS BUSCAMOS INFORMACIÓN DO QUE FACÍAN OS CIENTÍFICOS E COMO O FACÍAN. E POUCO A POUCO FÓMONOS ACHEGANDO AO MÉTODO CIENTÍFICO COS NOSOS EXPERIMENTOS.
XA SOMOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS NO NOSO LABORATORIO!! OLLANDE O VIDEO:
APÓCEMA PARA MEDRAR (4 ANOS B.)
CO SANMAIN, O MUNDO DA MAXIA ESTIVO PRESENTE NA NOSA CLASE DURANTE VARIAS SEMANAS, NAS QUE REALIZAMOS VARIAS APÓCEMAS CON DIFERENTES INGREDIENTES: LÍQUIDAS, SÓLIDAS, IMAXINARIAS... E CON DISTINTOS TEMAS: PARA ESTAR CONTENTOS, PARA NON TER MEDO, PARA PORTARNOS BEN, PARA CURAR FERIDAS, PARA TRANSFORMARNOS EN DIFERENTES PERSONAXES E ANIMAIS...
TAMÉN BEBEMOS UNHA QUE NOS ENCANTOU "A APÓCEMA PARA MEDRAR". ESTÁ OCORRÉUSENOS PORQUE COMO ESTAMOS A TRABALLAR O PROXECTO DO COIDADO DO NOSO CORPO PENSAMOS QUE PODIAMOS FACER UNHA APÓCEMA PARA QUE OS NOSOS ÓSOS MEDRARAN. NON PODÍA FALTAR O INGREDIENTE FUNDAMENTAL PARA OS NOSOS ÓSOS, O LEITE DE VACA.
ESTABA RIQUÍSIMA!!
BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VIDEO
CENTRO DE INTERESE: "O MEDO" (4 ANOS B)
CON MOTIVO DO SANMAIN, TRABALLAMOS UNHA DAS EMOCIÓNS BÁSICAS, O MEDO. FALAMOS DOS NOSOS MEDOS E COMO NOS FAN SENTIR. TROUXEMOS DIFERENTES MANUALIDADES E DEBUXOS DA CASA, DE COUSAS QUE NOS DAN MEDO: CABAZAS, MORCEGOS, BRUXAS, PANTASMAS, GORROS DE BRUXA, ARAÑAS, ESQUELETOS, MÁSCARAS DE MONSTROS…
DECIDIMOS TRANSFORMAR O RECUNCHO DAS LETRAS E CONVERTELO NO RECUNCHO DO MEDO, ERA MOI DIVERTIDO XOGAR NEL: DISFRAZARNOS DE DIFERENTES PERSOAXES (BRUXAS E BRUXOS, ARAÑAS, PANTASMAS... ); FACER APÓCEMAS MÁXICAS E COS SEUS CONXUROS TRANSFORMARNOS EN: SAPOS, SERPES, LOBOS, GATOS NEGROS, PANTASMAS, VER LIBROS DE MEDO E XOGAR COAS COUSAS QUE TROUXEMOS DA CASA…
NO RECANTO DE ARTISTAS PICAMOS E DEBUXAMOS ESQUELETOS E PUXEMOSLLES OSOS, E TAMÉN OS FIXEMOS CON PLASTILINA.
TODOS XUNTOS NA ALFOMBRA ESCOITAMOS E INVENTAMOS VARIOS CONTOS DE MEDO, ALGÚNS DELES NA PENUMBRA; CANTAMOS E BAILAMOS CANCIÓNS; ESCRIBIMOS E DEBUXAMOS SOBRE ESTA SENSACIÓN; ENCANTOUNOS FACER APÓCEMAS E INVENTAR CONXUROS...
O OBXECTIVO PRINCIPAL DE ESTA UNIDADE É: SER CAPACES DE EXPRESAR OS SEUS MEDOS E XOGAR CON TODO O QUE POIDA ATEMORIZARLLES, PARA QUE NO MOMENTO QUE A SENSACIÓN DESAGRADABLE LLES ABÓRDE, LEMBREN OS XOGOS DE CLASE, OS DEBUXOS DIVERTIDOS, AS BROMAS… E DALGUNHA FORMA, ATOPEN A VOLTA Á CALMA.
PASÁMOLO XENIAL!!
O SAMAÍN NA AULA DE 4 ANOS A
QUE É O SAMAÍN? PREGUNTOU ANTÍO. OS NENOS E NENAS PUXÉRONSE A INVESTIGAR E TROUXERON INFORMACIÓN DOS ANCESTROS CELTAS, UN NENO TROUXO UN CASTRO, OUTRO FOI COS SEUS PAIS VER OS CASTROS DE SANTA TECLA. A PARTIR DESE MOMENTO TODOS OS DÍAS FORON TRAENDO COUSIÑAS PROPIAS DESTA CELEBRACIÓN: DEBUXOS, CABAZAS, FANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS, SOMBREIROS, MOMIAS, CONTOS... COS QUE FOMOS DECORANDO A AULA. COMO ESTABAMOS TRABALLANDO O CORPO FIXEMOS ESQUELETES E APRENDEMOS O NOME DOS ÓSOS, TAMÉN CANTAMOS A CANTIGA DE MILIKI. FIXEMOS VIRUS MONSTRUOSOS CON SOPRADO DE PALLA. CONTAMOS CONTOS DE MEDO, OS QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON "CORRE, CORRE CABACIÑA" E "O MONSTRO DE CORES". INÉS ENSINOUNOS UN CONTO DE MEDO TERRORÍFICO DUN VAMPIRO. E MOITAS OUTRAS COUSAS MÁIS QUE XA VOS CONTAMOS NOUTRAS ENTRADAS. ¿FOI UN SAMAÍN MOI DIVERTIDO!! ¡ BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO!
21 novembro 2017
POCIÓNS EMOCIONANTES (4 ANOS A.)
APROVEITANDO A TEMÁTICA DO SAMAÍN E A MAXIA QUE XURIU ARREDOR DAS MEIGAS E DOS MAGOS DECIDIMOS ESCRIBIR, FACER E PROBAR POCIÓNS EMOCIONANTES. A PRIMEIRA, UNHA POCIÓN DE AMOR PARA DAR BICOS E SER NAMORADEIRO. A SEGUNDA, UNHA POCIÓN DE ALEGRÍA PARA RIR E DIVERTIRSE TODO O DÍA. A TERCEIRA, UNHA POCIÓN DE MEDO PARA TREMER E AMEDRENTARSE. TAMÉN ELABORAMOS O SEU ANTÍDOTO, A POCIÓN QUITAMEDOS. A CUARTA, A POCIÓN DA TRANQUILIDADE PARA ESTAR CALMADO E RELAXADO. REMATAMOS ESTA EXPERIENCIA COA QUINTA, A POCIÓN DO FUTURO COA QUE LEMOS NO LEITE COMO SERÍA A NOSA VIDA DE MAIORES GRAZAS AO INGREDIENTE MÁXICO, O MOCO DE BRUXA. PODEDES BOTARLLE UN OLLO OS VÍDEOS!!!
07 novembro 2017
O FANTASMA COMEMEDOS
DURANTE O MES DE OUTUBRO E NOVEMBRO TRABALLAMOS UNHA DAS EMOCIÓNS BÁSICAS "O MEDO". OS PEQUENOS E AS PEQUENAS DE 4 ANOS MANIFESTARON ORALMENTE OS SEUS MEDOS: A ESCURIDADE, O LUME, AS ARAÑAS, AS BRUXAS, AS FANTASMAS, AS SERPES, OS MONSTROS, OS BICHOS, MORCEGOS... FALAMOS SOBRE SE ERAN MEDOS REAIS OU IRREAIS, COMO NOS FACÍAN SENTIR, SE ERAN MEDOS SUPERABLES OU NON... TAMÉN OS DEBUXAMOS. COMO ANDABAMOS CO SAMAÍN E AS POCIÓNS OCORREUSENOS QUE PODÍAMOS FACER UNHA FANTASMA QUE COMERA TODOS OS NOSOS MEDOS. PINTAMOS UNHA FANTASMA XIGANTE E DESPOIS DÉMOSLLE A COMER TODOS OS NOSOS MEDOS. FOI MOI DIVERTIDO!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VÍDEO E COMPROBÁDEO!!!
03 novembro 2017
SAMAÍN 2017
ESTE ANO ANTÍO CONVIDOUNOS A CELEBRAR O SAMAÍN E FOI MOI DIVERTIDO. POUCO A POUCO FORON APARECENDO ELEMENTOS DECORATIVOS MEDOÑENTOS. TAMÉN FIXEMOS POCIÓNS, CANTAMOS CANTIGAS E LEMOS CONTOS DE MEDO. AS FAMILIAS TAMÉN PARTICIPARON, FIXERON COS NENOS E NENAS GORROS DE BRUXA NA CASA E LOGO ORGANIZAMOS UN DESFILE NO COLE PARA VELOS.
DESPOIS DO DESFILE FIXEMOS O MAGOSTO. PACO E OS NENOS E NENAS MAIORES ASARON CASTAÑAS PARA TODOS E TODAS.
REMATAMOS O DÍA CUN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE MONSTRUOSO DE FANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS...
DESPOIS DO DESFILE FIXEMOS O MAGOSTO. PACO E OS NENOS E NENAS MAIORES ASARON CASTAÑAS PARA TODOS E TODAS.
REMATAMOS O DÍA CUN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE MONSTRUOSO DE FANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS...
29 outubro 2017
O PROXECTO EN 4 ANOS B,
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS B. DESPOIS DE IR Á FÁBRICA DE CLESA EMPEZAMOS O PRIMEIRO PROXECTO DESTE CURSO.
UN DÍA UN AMIGO TRÓUXONOS A CLASE AS BACTERIAS COAS QUE SE FAI O IOGUR, INTERESOUNOS TANTO ESTE TEMA QUE MOITOS E MOITAS DE NÓS COMEZAMOS A TRAER A CLASE DEBUXOS E INFORMACIÓN DE BACTERIAS, VIRUS E FUNGOS, ISTO LEVOUNOS A TRABALLAR SOBRE OS MICROORGANISMOS OU MICROBIOS: COMO SON, A SÚA FORMA, COR.... ONDE VIVEN E COMO AXUDAN AO NOSO CORPO E TAMÉN COMO O PREXUDICAN.
UN DÍA UNHA AMIGA DÍXONOS QUE OS VIRUS VIVEN DENTRO DAS CÉLULAS. E QUE SERÁ ISTO DAS CÉLULAS? ASÍ EMPEZAMOS A INVESTIGAR, ISTO LEVOUNOS A VER QUE O NOSO CORPO ESTÁ COMPOSTO DE CÉLULAS E QUE AS CÉLULAS FORMAN TODAS AS PARTES DO NOSO CORPO.
UN AMIGO DA CLASE ROMPEU UN BRAZO E CONTOUNOS QUE ROMPEU O RADIO E O CUBITO. QUE SIGNIFICABAN ESES NOMES? DESCUBRIMOS QUE ERAN DOUS ÓSOS QUE ESTABAN NO BRAZO. ASÍ VIMOS QUE AS CÉLULAS TAMÉN FORMAN AOS NOSOS ÓSOS.
AHORA ESTAMOS A BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE TODO ISTO. PERO PARA INVESTIGAR MELLOR CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS E MONTAMOS UN LABORATORIO EN CLASE PARA FACER EXPERIMENTOS QUE NOS AXUDAN A COMPRENDER MELLOR COMO AFECTAN OS MICROBIOS AO NOSO CORPO.
DURANTE OS PRÓXIMOS DÍAS POÑERÉMOSVOS UNHAS PRESENTACIÓNS SOBRE ALGÚNS TRABALLOS QUE REALIZAMOS, NON PUIDEMOS POÑELAS ANTES PORQUE TIVEMOS UN PROBLEMA COAS FOTOS E COS VÍDEOS, ESTAMOS A TENTAR ARRANXALO, CANDO OS TEÑAMOS, CONVIDARÉMOSVOS A VELOS.
20 outubro 2017
EXPERIMENTAMOS COA MEDIDA
DESPOIS DE ORDEÑAR A MARGARITA CALCULAMOS A OLLO CANTO LEITE NOS DERA.
FIXÉRONSE VARIAS HIPÓTESIS EN GRAOS E EN QUILOS.
MOMENTO NO QUE DECIDIMOS QUE ERA NECESARIO EXPERIMENTAR COS LÍQUIDOS A MEDIDA DO LITRO E DO MEDIO LITRO.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO COA NOSA EXPERIENCIA. BOTÁDELLE UN OLLO!!

19 outubro 2017
ORDEÑAMOS A MARGARITA
CHEGOU O GRAN MOMENTO!!! PARA O CAL PRECISAMOS DUN POUCO DE MAXIA. COMO SE ESTÁ ACHEGANDO O SAMAÍN FIXEMOS UNHA PEQUENA POCIÓN PARA MARGARITA A BASE HERBA SECA CON POLBOS MÁXICOS E UN PEQUENO CONXURO PARA IR PRACTICANDO QUE DICÍA ASÍ :
PIS, PIS, PAS
PIS, PIS, PUS
QUE MARGARITA
DEA LEITE MAÑÁ.
A NOSA SORPRESA FOI QUE CANDO CHEGAMOS A MAÑÁ SEGUINTE AO COLE MARGARITA TIÑA OS UBRES CHEOS DE LEITE, ASÍ QUE PUXÉMONOS A ORDEÑAR. PODEDES BOTARLLE UN OLLO O VÍDEO SOMOS UNS EXPERTOS!!

18 outubro 2017
16 outubro 2017
A NOSA VACA CHÁMASE MARGARITA
UNHA VEZ PINTADA E REMATADA A VACA DECIDIMOS POÑERLLE NOME.
BARALLAMOS MOITAS OPCIÓNS QUE SI: FLOR, CHENOA, ROSI, MARGARITA, MARELA, CAMPANILLA, AMAPOLA, PINTA...
DESPOIS DE VARIAS VOTACIÓNS AS SEMIFINALISTAS FORON ROSI, MARGARITA E MARELA.
NA DERRADEIRA VOTACIÓN GAÑOU CON MOITA VANTAXE MARGARITA.
AGORA QUE XA TEN NOME A NOSA VACA IMOS DARLLE DE COMER UNHA BOA HERBA PARA QUE NOS DEA UN LEITE MOI RICO.

COMO SE FAI UNHA VACA?
DESPOIS DE VISITAR A FÁBRICA DE CLESA, COMEZAMOS A INVESTIGAR NA CASA SOBRE A ORIXE DO LEITE, A COMPOSICIÓN, OS SEUS DERIVADOS, ELABORACIÓN DOS MESMOS, COMO CHEGAN ESTES PRODUTOS AS NOSAS CASAS, ETC. CON TODA ESTA INFORMACIÓN ESTAMOS ELABORANDO UN TABOLEIRO.
NESTES PRIMEIROS MOMENTOS DE MOTIVACIÓN, OS NENOS E NENAS COMEZARON A TRAER TAMÉN VACAS, BOIS E BECERROS. NESTE PUNTO XURDIU O SEU INTERESE POLO ORDEÑO E DECIDIRON QUE QUERÍAN ORDEÑAR. DESPOIS DE FACER ALGUNHAS PROPOSTAS PARA DARLLE SOLUCIÓN A ESTA INQUEDANZA ACORDARON FACER UNHA VACA E ORDEÑALA NO COLE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CO PROCESO DE CONSTRUCIÓN DA NOSA VACA, QUE POR CERTO, DECIDIRON QUE SERÍA LEITEIRA E, POLO TANTO, DE ORIXE FRISONA.

09 outubro 2017
DIARIOS DO VERÁN
ESTES DÍAS REMATAMOS DE VER TODOS OS DIARIOS DO VERÁN. FOI UN PRACER CONTAR COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE. GRAZAS A ELES OS NENOS E AS NENAS PUIDERON CONTAR MOITAS DAS SÚAS EXPERIENCIAS DO VERÁN CON APOIO VISUAL DE FOTOGRAFÍAS, DEBUXOS E PEGATINAS. PUIDEMOS COMPROBAR QUE FOI UN VERÁN MOI PROVEITOSO: PRAIA, CAMPING, PISCINA, LUDOTECAS, CUMPLES, VISITAS A MUSEOS- ACUARIOS- ZOOLÓXICOS, DIVERSOS FESTEXOS LOCAIS...
GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS.
GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS.
05 outubro 2017
ANTÍO XA ESTÁ NO COLEXIO
ESTA SEMANA APARECEU ANTÍO ONDA A BIBLIOTECA.
NA CLASE DEIXOUNOS UNHA CARTA NUN SOBRE NEGRO CON ADORNIÑOS...
QUERE QUE INVESTIGUEMOS SOBRE O SAMAÍN.
O CASO É QUE NO MEDIO DA SEMANA PUXO UN SOMBREIRO DE BRUXA... PORÁ ALGO MÁIS?
NA CLASE DEIXOUNOS UNHA CARTA NUN SOBRE NEGRO CON ADORNIÑOS...
QUERE QUE INVESTIGUEMOS SOBRE O SAMAÍN.
O CASO É QUE NO MEDIO DA SEMANA PUXO UN SOMBREIRO DE BRUXA... PORÁ ALGO MÁIS?
22 setembro 2017
VISITA Á FÁBRICA DE CLESA
HOXE FOMOS EN AUTOBÚS VISITAR A FÁBRICA DE CLESA DE CALDAS. MILOSTA E SAPIO CONVIDÁRONOS A VISITALA. CANDO CHEGAMOS O PRIMEIRO QUE MIRAMOS FORON OS 5 SILOS ONDE SE ALMACENA O LEITE QUE CHEGA DAS GRANXAS NOS CAMIÓNS CISTERNA E TAMÉN 1 SILO PARA O AZUCRE.
DESPOIS UN ESCRITOR CONTOUNOS O CONTO DA VACA CHENOA QUE ANDABA NAMORADA E UN ILUSTRADOR ENSINOUNOS A DEBUXAR A VACA CHENOA.
LOGO MIRAMOS AS MÁQUINAS QUE ETIQUETAN OS IOGURES E REMATAMOS DEGUSTANDO UN SABOROSO IOGUR. COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DÉRONNOS UNHA BOLSA CON AGASALLOS: UN LIBRO E IOGURES. ¡ FOI MOI DIVERTIDA!

14 setembro 2017
12 setembro 2017
09 setembro 2017
COMEZAMOS UN NOVO CURSO
ESTE CURSO ESTAREMOS NUNHA AULA DO EDIFICIO DE MAIORES. CAMBIAMOS DE EDIFICIO!
IMOS APRENDER MOITAS COUSAS NOVAS.
AS MASCOTAS SAPIO E MILOSTA XA VOS AGARDAMOS NA NOVA AULA. QUEREDES SABER COMO NOS FOI NESTES MESES? DEIXARÉMOSVOS UNHA CARTA ONDE CONTAMOS O QUE FIXEMOS NAS VACACIÓNS.
BENVIDAS E BENVIDOS!

25 xuño 2017
FELIZ VERÁN 3 ANOS A.
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A E A SÚA MASCOTA MILOSTA DESÉXANVOS UN FELIZ VERÁN A TODOS E A TODAS. DESPÍDENSE CUNHA PEQUENA CANTIGA. VOLVEMOS EN SETEMBRO CON MOITO MÁIS!!!!
FELIZ VERÁN 3 ANOS B.
SAPIO, A MASCOTA DE 3 ANOS B. DESPÍDESE DE TODAS E TODOS ATA O VINDEIRO CURSO. COMO VEU AS FOTOS DAS BOLVORETAS PINZA, ACORDOUSE DE RECÍTARNOS O POEMA DE FEDERICO GARCÍA LORCA, QUE NOS GUSTA MOITO: "MARIPOSA DEL AIRE"
FELIZ VERÁN!!!
23 xuño 2017
FESTA: FINAL DE CURSO
22 xuño 2017
PROYECTO: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA, DE QUEN SON OS OVOS? 3 ANOS B.
NUN PRINCIPIO PRETÉNDESE UN PEQUENO PROXECTO, PARA QUE AS NENAS E OS NENOS OBSERVEN OS CAMBIOS DOS VERMES, ATA QUE SE TRANSFORMAN EN BOLBORETAS. PERO AO TRATARSE DUN PROXECTO DE TRABALLO VAISE TENDO EN CONTA O INTERESE QUE AS NENAS E OS NENOS MOSTRAN NO TEMA, ESTÁN MOI MOTIVADOS E COMEZAN A TRAER A CLASE OVOS DE DIFERENTES ANIMAIS, PLUMAS, IMAXES DE AVES, CÁGADOS, ANIMAIS DE PLÁSTICO E TELA OVÍPAROS . CO CAL O PROXECTO FAISE MOI AMPLO E ESTÁ FORMADO POR PEQUENOS PROXECTIÑOS, NOS QUE SE INVESTIGA DIFERENTES ANIMAIS CON REPRODUCIÓN OVÍPARA.
ORGANÍZANSE ESPAZOS PARA COLGAR A INFORMACIÓN, ASÍ COMO MESAS PARA PODER OBSERVAR E EXPERIMENTAR. OS NENOS E NENAS ESTÁN MOI EMOCIONADOS E PASAN MOITOS INTRES: OBSERVANDO, TOCANDO, MANIPULANDO, EXPERIMENTANDO COAS COUSAS QUE TRAEN DA CASA E COS VERMES E BOLBORETAS, TAMÉN LLES ENCANTA IR AO RECUNCHO DE LETRAS E BUSCAR NOS LIBROS QUE TROUXEMOS DA BIBLIOTECA DE LAMPI , DEBUXOS ONDE SAEN: DIFERENTES INSECTOS, AVES, RÉPTILES, RAS… EN MOITOS OBSÉRVASE A METAMORFOSE DALGÚNS ANIMAIS.
AOS POUCOS IMOS INVESTIGANDO SOBRE:
• REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS: CLASIFICACIÓN EN OVÍPAROS E VIVÍPAROS
• OS INSECTOS. TIPOS DE INSECTOS, CARACTERÍSTICAS, ALIMENTACIÓN, METAMORFOSE, UTILIDADE DAS PARTES (ANTENAS, PATAS, ÁS…)
• BOLBORETAS: CICLO VITAL DO VERME DE SEDA.
• AVES: CARACTERÍSTICAS, TIPOS, ALIMENTACIÓN
• ANIMAIS INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS.
• ANFIBIOS: METAMORFOSE DA RA
• REPRODUCCIÓN DOS PEIXES E DOS RÉPTILES
• ÁRBORE DE LA MORERA: AS FOLLAS, O FROITO..
• FÍO DE SEDA, QUEN O FABRICA, ORIXE (CHINA, ASÍA), A SÚA UTILIDADE, SUAVIDADE?
• UTILIDADE DAS “CACAS” DE ANIMAIS, ABONO NATURAL..
. ETC..

Encantounos
falar dos ovos, trouxemos diferentes
ovos a clase: pequenos, grandes, medianos, de diferentes cores. De diferentes
animais: falcón, oca, galiña, paspallás, LAGARTO… cocidos, só coa casca, recheos de siliconONA… falamos moito e
investigamos. Un día a profe díxonos se queriamos facer un experimento cun ovo
de galiña. Ao choio: metemos o ovo en vinagre dentro dun tarro, cheiramos o
vinagre. Fixemos hipóteseS do que pasaría: algúns diciamos que se poñería
doutra cor, que lle sairían lunares, que rompería. Deixamos pasar dous días e cada día
observabamos o que pasaba e apuntabámolo nun papel. Ao final comprobamos as
nosas hipóteses. O ovo aumento de tamaño, cambio de cor case transparente, xa non flota no vinagre, non ten casca e o
mellor de todo parece unha “pelota saltarina” e puxémonos a xogar con el. Por que lle pasa isto ao ovo?. entre todos chegamos á conclusión de que o
vinagre comeuLLE a casca. A profe explícanos que isto produceSE por unha reacción química.
Fomos ao laboratorio e miramos a través de: o microscopio, a lupa binocular e as lupas
xigantes. Vimos: ovos de bolboreta de tres tipo, baleiros, recentemente postos
(cor amarela) e de dúas semanas (cor marrón); o á dunha bolboreta, unha folla
de morera, unha caca de verme, un
capullo, unha crisálida, vermes que acababan
de nacer. Todo era moito máis grande e diferente de como o vemos
normalmente.
INVESTIGAMOS: GUSANOS DE LA SEDA. 3 ANOS A
COMO XA SABEDES ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE OS VERMES DA SEDA E APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELES. DEIXÁMOSVOS AQUÍ AS FOTOS QUE FOMOS FACENDO: DA INVESTIGACIÓN, EXPERIMENTACIÓN, OBSERVACIÓN NO LABORATORIO. TAMÉN FIXEMOS BOLBORETAS DE CORES E CANTAMOS A CANTIGA DA "BOLBORETIÑA". BOTÁDELLE UN OLLO!!!
21 xuño 2017
RAMÓN O DRAGÓN
ESTES DÍAS RECIBIMOS NAS AULAS, GRAZAS A PROFE ALBA, A RAMÓN. UN DRAGÓN MOI GRANDE QUE NON VIA MOI BEN E VOOU POR VILAVERDE GRAZAS A ALGÚNS NENOS E NENAS. ESTA FOI UNHA ACTIVIDADE DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL DE CARÁCTER LÚDICO, A TRAVÉS DE EXERCICIOS DE CONTROL E CONSTANCIA RESPIRATORIA, DIRECCIONALIDADE DO SOPRO, PRAXIAS... PARA FORTALECER A MUSCULATURA OROFACIAL E XOGOS MUSICAIS PARA TRABALLAR A ARTICULACIÓN DE DETERMINADOS SONS ILLADOS. PASÁMOLO MOI BEN!!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VÍDEO!!
VISITAMOS A AULA DE 4 ANOS
XA ESTÁ REMATANDO O COLE E, PARA O CURSO QUE VÉN TEMOS QUE CAMBIAR DE AULA. ESTAMOS MOI ILUSIONADOS PORQUE IMOS PARA O COLE DOS MAIORES. POR ISO ESTA SEMANA VISITAMOS A NOSA FUTURA AULA DE 4 ANOS. FOMOS MOI BEN RECIBIDOS POLAS PROFES E AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS QUE NOS ENSINARON OS XOGUETES, OS MATERIAIS E TRABALLOS QUE ESTABAN A FACER. NÓS CANTÁMOSLLE UNHA CANTIGA DE VERÁN PARA DESPEDIRNOS. ¡QUE GUSTO DÁ MEDRAR!!!
20 xuño 2017
CAMBIOS NAS NOSAS PLANTAS 3 ANOS B.
DESPOIS DA PLANTACIÓN DA PRIMAVERA ESTIVEMOS COIDANDO DAS NOSAS PLANTAS: FRESAS, TOMATES, PEMENTOS, ALUBÍAS, LENTELLAS, CINTA... REGAMOS TODOS OS DÍAS. CANDO DESCUBRIMOS QUE AS CACAS DOS GUSANOS PODÍAN SERVIR DE ABONO TAMÉN ABONAMOS. AS PLANTAS COMEZARON A MEDRAR GRAZAS A LUZ DO SOL E OS NOSOS COIDADOS. OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS BOTABAN FLORES E OUTRAS NON. TAMÉN QUE NALGUNHAS PLANTAS A FLOR TRANSFORMASE EN FROITO COMA NO TOMATE, A FRESA OU O PEMENTO. REXISTRAMOS COMO ÍAN MEDRANDO E DECATÁMONOS QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS: NACEN, MEDRAN, REPRODÚCENSE E MORREN. CANDO OS FROITOS MADURARON FIXEMOS A NOSA COLLEITA, TOCAMOS, CHEIRAMOS E FINALMENTE DEGUSTAMOS ALGÚNS DELES. PROBAMOS AS FRESAS NO COLE. ESTABAN RIQUÍSIMAS!!! TAMÉN REFLEXIONAMOS SOBRE O COIDADO DAS PLANTAS E A SÚA IMPORTANCIA PARA AS PERSOAS, XA QUE ELAS PROPORCIÓNANNOS ENTRE OUTRAS COUSAS: ALIMENTOS, MADEIRA E PRODUCEN O OSÍXENO QUE RESPIRAMOS. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS:
UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. UN DÍA A PROFE ENSINOUNOS QUE NA TERRA QUE GARDAMOS NO CUARTO ESCURO, ONDE NON ENTRA A LUZ DO SOL, UNHA SEMENTE XERMINARA, PERO A PLANTA QUE SAÍU DELA , OBSERVAMOS QUE TIÑA O TALO E AS FOLLAS BRANCAS, DEUNOS MOITA PENA PORQUE ESTABA TRISTE, PENSAMOS QUE FACER CON ELA, PLANTÁMOLA E COLOCÁMOLA Á VEIRA DA VENTÁ. ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DICINDO O QUE PENSABAMOS QUE PASARÍA, TODOS OS DÍAS OBSERVABÁMOLA E EMPEZAMOS A VER QUE CADA DÍA TIÑA O TALO E AS FOLLAS MÁIS VERDES E ESTABA MÁIS CONTENTA, ÍASE PARECENDO ÁS NOSAS PLANTAS DA CLASE. ASÍ CONCLUÍMOS QUE A LUZ DO SOL É MOI NECESARIO PARA AS PLANTAS.
REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTAS, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS.
QUEDÁRONNOS MOI BONITOS!!! MIRADE:

A COLLEITA, 3 ANOS A
DESPOIS DA PLANTACIÓN DA PRIMAVERA ESTIVEMOS COIDANDO DAS NOSAS PLANTAS FRESAS, TOMATES, PEMENTOS, ALUBÍAS, CINTA E XACINTO. REGAMOS TODOS OS DÍAS. CANDO DESCUBRIMOS QUE AS CACAS DOS GUSANOS PODÍAN SERVIR DE ABONO TAMÉN ABONAMOS. AS PLANTAS COMEZARON A MEDRAR GRAZAS A LUZ DO SOL E OS NOSOS COIDADOS. OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS BOTABAN FLORES E OUTRAS NON. TAMÉN QUE NALGUNHAS PLANTAS A FLOR TRANSFORMASE EN FROITO COMA NO TOMATE, A FRESA OU O PEMENTO. REXISTRAMOS COMO ÍAN MEDRANDO E DECATÁMONOS QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS: NACEN, MEDRAN,REPRODÚCENSE E MORREN. CANDO OS FROITOS MADURARON FIXEMOS A NOSA COLLEITA TOCAMOS, CHEIRAMOS E FINALMENTE DEGUSTAMOS ALGÚNS DELES. PROBAMOS AS FRESAS NO COLE E LEVAMOS UN PEMENTO E TOMATE PARA COMER NA CASA. TODO ESTABA RIQUÍSIMO!!!! TAMÉN REFLEXIONAMOS SOBRE O COIDADO DAS PLANTAS E A SÚA IMPORTANCIA PARA AS PERSOAS, XA QUE ELAS PRODUCEN O OSÍXENO QUE RESPIRAMOS. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS!!
FIXEMOS UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. EMPREGAMOS DOUS BOTES DE CRISTAL, SEMENTES DE XUDÍAS, ALGODÓN, AUGA E UNHA CAIXA DE ZAPATOS. O BOTE Nº 1 RECIBIU A LUZ NATURAL DO SOL E O BOTE Nº 2 ESTIVO PECHADO NA CAIXA. PASADOS CATRO DÍAS OBSERVAMOS QUE AS SEMENTES DO BOTE Nº1 XERMINARON E TIÑAN RAÍZ, TALO E FOLLAS; MENTRAS QUE NO BOTE Nº2 SÓ HABÍA BAROLO. FOI TODO UN DESCUBRIMENTO!!!
REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTA, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS. QUEDÁRONNOS MOI BONITOS, MIRADE!!
POEMA DAS LETRAS GALEGAS E A PRIMAVERA
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS B. PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS INVENTAMOS, ILUSTRAMOS E RECITAMOS UN POEMA QUE FALA DOS CAMBIOS QUE SE PRODUCIRON NA NOSA CLASE COA CHEGADA DA PRIMAVERA. ESTA ESTACIÓN FERMOSA GÚSTANOS MOITO E ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DICINDO COMO NOS GUSTARÍA QUE SE TRANSFORMASE A NOSA AULA. ALGÚNS DOS CAMBIOS FORON: DECORAMOS AS VENTÁS DA AULA CON FLORES E HERBA; DECORAMOS A ÁRBORE DA AULA CON FLORES E FOLLAS; PLANTAMOS E CUIDAMOS DIFERENTES PLANTAS E OBSERVAMOS AS PARTES DAS MESMAS (TOMATE, PEMENTO, FRESA, CINTA, ...); SEMENTAMOS HERBA E LENTELLAS; SAÍRON OS VERMES DE SEDA DOS OVOS E CUIDÁMOLOS; ESPERTOU SERAFÍN O NOSO CARACOL, QUE ESTABA DURMIDO DESDE O OUTONO, CANDO O ATOPARAMOS NO PATIO DO COLE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO:
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO:
19 xuño 2017
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
COMO BEN SABEDES O DÍA 5 DE XUÑO CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. NO COLE LEVAMOS REFLEXIONANDO SOBRE O RESPECTO E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE DENDE HAI XA UNS MESES CANDO TRABALLAMOS SOBRE A TEMÁTICA DO SALÓN DO LIBRO "O MUNDO QUE QUEREMOS". DÉMONOS CONTA DA IMPORTANTIA DA RECICLAXE PARA A SUSTENTABILIDADE DO NOSO PLANETA, TAMÉN DA IMPORTANCIA DO COIDADO DAS PLANTAS QUE NOS DAN OSÍXENO PARA RESPITAR, FLORES QUE CHEIRAN MOI BEN, FROITOS MOI RICOS, MADEIRA PARA ESTRUCTURAS, TEXIDOS, PAPEL... TEMOS UNHA RELACIÓN DE DEPENDENCIA CON ELAS. POR ISO DECIDIMOS REUTILIZAR OS ENVASES DE IOGUR PARA FACER UNS CABEZÓNS MEDRAPELO. TIVEMOS QUE SEMENTAR, REGAR, COIDAR, DECORAR E, FINALMENTE FIXEMOS DE PERRUQUEIROS, FACÉNDOLLES A PRIMEIRA CORTA DE PELO. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA COA QUE NOS ACHEGAMOS A NATUREZA. BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS!!
18 xuño 2017
A MAMÁ DE LUCAS VÉN AO COLE
RECIBIMOS PARA REMATAR Á MAMÁ DE LUCAS. VEU CONTARNOS UN CONTO MOI COÑECIDO " A QUE SABE A LÚA". RELATO ONDE OS PROTAGONISTAS SON ANIMAIS MOI DIFERENTES QUE NOS CONVIDAN A REFLEXIONAR SOBRE A COLABORACIÓN, COOPERACIÓN, SOLIDARIEDADE, XENEROSIDADE PARA ACADAR SOÑOS OU DESEXOS COMPARTIDOS. FOI MOI DIVERTIDO!!!!
DESTE XEITO REMATAMOS ESTE ANO AS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORARON DIFERENTES FAMILIAS, MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS E DESEXAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN PARA FUTURAS ACTIVIDADES. GRAZAS!!
DESTE XEITO REMATAMOS ESTE ANO AS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORARON DIFERENTES FAMILIAS, MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS E DESEXAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN PARA FUTURAS ACTIVIDADES. GRAZAS!!
14 xuño 2017
A MAMÁ E O PAPÁ DE AITANA VEÑEN AO COLE
REMATAMOS A SEMANA COA MAMÁ E O PAPÁ DE AITANA QUE, VIÑERON CONTARNOS " A VACA QUE PUXO UN OVO " E "PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS". DÚAS DIVERTIDAS HISTORIAS CON CONTINUIDADE QUE NOS CONVIDAN A REFLEXIONAR SOBRE TEMAS TAN IMPORTANTES COMO A AUTOIMAXE, A DEFENSA DAS NOSAS PROPIAS IDEAS AINDA QUE SEXAN DIFERENTES ÁS DOS DEMAIS, A IMPORTANCIA DA AMIZADE E POR SUPOSTO O AMOR INCONDICIONAL QUE SENTEN AS NAIS POLOS SEUS FILLOS. POR ÚLTIMO CANTÁRONNOS A CANTIGA DOS DEDOS DAS MANS. PASÁMOLO MOI BEN!! FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
13 xuño 2017
A MAMÁ E O PAPÁ DE MARTA E CARMEN VEÑEN AO COLE
CONTINUAMOS A SEMANA COA MAMÁ E O PAPÁ DE MARTA E DE CARMEN QUE, VIÑERON CONTARNOS " COCORICO ". UN CONTO DE LITERATURA INFANTIL MOI COÑECIDO QUE NOS CONVIDA A REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DE CUMPRIR COAS PROMESAS QUE FACEMOS E, TAMÉN SOBRE A DIFICULTADE QUE ÁS VECES SUPÓN APRENDER A COMPARTIR. PASÁMOLO MOI BEN!! FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
12 xuño 2017
A AVOA DE CARMELA VÉN AO COLE
COMEZAMOS A SEMANA COA AVOA DE CARMELA QUE, VEU CONTARNOS " LOS SIETE CABRITILLOS ". UN DIVERTIDO CONTO TRADICINAL CUNHA IMPORTANTE E SINXELA REFLEXIÓN PARA OS PEQUENOS E PEQUENAS "NON ABRIR A PORTA AOS ESTRAÑOS". PASÁMOLO MOI BEN!! ADEMAIS PEPITA DEIXOUNOS UN FERMOSO AGASALLO, UN DEBUXO DO LOBO PROTAGONISTA DO CONTO CHAMANDO Á PORTA. FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
07 xuño 2017
POESÍANDO A GLORIA FUERTES
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS RECITAMOS NA BIBLIOTECA DE LAMPI, O POEMA "A PRIMAVERA" DE GLORIA FUERTES.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)