29 marzo 2020

A POR OUTRA SEMANA!!!

VEÑA QUE XA VAI QUEDANDO MENOS!!! AQUÍ TEDES PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA QUE ENTRA; XA SABEDES QUE SON PROPOSTAS, PODEDES ORGANIZARVOS COMO MÁIS VOS CONVEÑA E FACER AS QUE MÁIS VOS INTERESEN.


PROPOSTAS DE MATEMÁTICAS:

Sumas moi sinxelas, pero con tempo!!!! Tedes que ser moi rápidos...
https://www.aulapt.org/2020/03/27/reto-matematico-los-amigos-del-10-en-2-segundos-juego-online/?fbclid=IwAR0sUg6wRi6ZVns2moWDKSE1ipYdMFQrhIOXvzJbf1yb65aDrUj6WWoexcU 

- Máis sumas...

- Xogo de atención e concentración:

- Laberintos:


- PROTOSTAS DE LECTO-ESCRITURA:


- Facer cómics: seremos capaces de contar a historia e rellenar os "bocadillos"?
https://webdelmaestro.com/como-hacer-un-comic/

- Podedes entrar no libro de repaso do 2º trimestre e facer algunhas das fichas
https://docs.google.com/file/d/0B0OtiEvBUyLfaDRuT1dFeGcwbHM/edit


-MANUALIDADES DE ANIMAIS:

https://webdelmaestro.com/manualidades-faciles-y-rapidas/



DEIXÁMOVOS TAMÉN UN ENLACE NO QUE PODEDES ESCOITAR O CANTO DE DIFERENTES PAXAROS, É MOI INTERESANTE!
canto de paxaros



LEMBRARVOS QUE TEDES TAMÉN COUSIÑAS MOI INTERESANTES NO BLOG DE MÚSICA, NON ESQUEZADES VELO!!!!


27 marzo 2020

CANTIGA DE ÁNIMO

Queridos nenos e queridas nenas:
Todas as persoas que traballamos no CEIP Vilaverde queremos remitirvos unha mensaxe de ánimo. Estamos tod@s xunt@s!!!!
Botade unha ollada :






Moitos bicos das profes.

25 marzo 2020

XOGANDO

OLA! AQUÍ TEDES UNS ENLACES PARA XOGAR EN REDE:

XOGOS QUE ESTIMULAN A ATENCIÓN: LABIRINTOS

XOGOS SOBRE ANIMAIS: ANIMAIS

XOGOS DE LÓXICA: LÓXICA

ANIMÁDESVOS A PROBAR?

20 marzo 2020

QUEDAMOS NA CASA


Presentamos a continuación uns enlaces nos que poderedes atopar actividades para repasar, se queredes, nestes días que estamos sen acudir ao colexio.
Atoparedes enlaces a:              
  • cadernos de caligrafía.
  • cadernos de matemáticas con sumas e restas.
  • contos.
  • recortables para trabajar, a través de personajes, literatura o historia.
  • Podedes anotar cada día o tempo e a temperatura que vai, tal e como faciamos na clase co calendario.
 Tamén vos deixamos enlace ás actividades de Relixión Católica
https://drive.google.com/open?id=1fRPdj1PgDeB7GVxkLi0omgKmJI9-kOb4dYWCLnyMquA
Facemos un reparto indicativo, que poderedes adaptar aos vosos intereses e posibilidades:
Luns 23:
  1. Algo no caderno de matemáticas sumas:  sumas sen levadas
  2. Ler un conto e facer un debuxo que ilustre algunha escea.:EL GRAN VIAJE DE ROK

Martes 24:

-O alumnado tamén poderá escribir unha noticia sobre o CORONAVIRUS, atendendo ás partes que conforman unha noticia e que xa temos traballado na aula. (Cando todo isto remate poderemos pegala no noso diario de clase).

-Podemos anotar nunha táboa cómo organizan o seu día, escribindo as horas e o que fan nese tempo.


Mércores 25:

-Podemos traballar os ordinais escribindo un listado sobre as cousas que máis nos gusta facer na casa coa familia agora que pasamos tanto tempo xuntas e xuntos.

-Podemos facer o cartel DO ARCO DA VELLA coa frase EU QUEDO NA CASA ou TODO VAI SAÍR BEN, para dar ánimos a todas e a todos.
  1. Algo das actividades de resta: Resta sen levadas

Xoves 26:
  1. Valor posicional: valor posición matemáticas
  2. Contamos ata 100: https://es.ixl.com/math/1-primaria/contar-decenas-y-unidades-hasta-100
  3. Facemos unha receita : Ingredientes, utensilios que necesitamos e pasos a seguir. podemos engadir unha imaxe (foto ou debuxo) do resultado.

Venres 27:
  1. Medimos con regra: regla

  • Para traballar caligrafía completamos cun enlace no que podedes atopar fichas imprimibles das diferentes letras, copias etc.:  caligrafía

AS ACTIVIDADES NON SON OBRIGATORIAS, SON UNHA PROPOSTA QUE PERMITA REFORZAR CONTIDOS XA TRABALLADOS NA AULA. PODEDES ESCOLLER AS QUE VOS RESULTEN MÁIS INTERESANTES E MESMO REPARTILAS DOUTRO XEITO, TAL COMO VOS DICIAMOS.

          XA VAI QUEDANDO MENOS, MOITO ÁNIMO!!!!

ALGUNHAS COUSIÑAS MÁIS

  Botade un vistazo a estas páxinas, hai ideas moi, moi interesantes para que os nenos e neas xoguen e aprendan estes días. 

Páxina con xogos interactivos de pentominós, un material que temos na clase e xa coñecen: https://vedoque.com/juegos/matematicas/pentomino/

A papiroflexia encántalles.  Poden intentar facer algún animal...http://www.bermarez.com/papiro/

Aquí vai un pouco de todo. Están moi ben as sopas de letras de animais que estiveron facendo fai poucos días na aulahttps://lalibretapiruleta.com/

E se escoitamos este conto e logo facemos...??? http://aulasgalegas.org/mais-contos-do-avo-anxo/


16 marzo 2020

SUSPENSIÓN DE CLASES

Durante estas dúas semanas que as clases estarán suspendidas polo coronavirus, gustaríanos recomendarvos algunhas actividades para facer co alumnado:

 1) O primeiro de todo LER. 
 2) Escritura: copiar,escribir diarios, resumes... 
 3) Traballar un pouquiño de cálculo: facer series, sumas e restas, ordenar números... 
 4) Traballar coa información que hai nos enlaces das páxinas colgadas no blog sobre animais. 
 5) No blog de Inglés tedes tamén unhas cancións, no apartado "First Grade". 
 6) Moitas manualidades.

Ademáis no apartado "Xogos na rede" tedes moitas ideas para aprender e xogar, como por exemplo, "Mundo primaria".

11 marzo 2020

AS NOSAS MAQUETAS

E AS NOSAS MAQUETAS DA ANTÁRTIDA XA REMATADAS!!!
GUSTÁNVOS? NOS ESTAMOS MOI CONTENTOS COS RESULTADOS ACADADOS









06 marzo 2020

CON AGULLA E LÁ

  Xa podedes ver que neste proxecto dos animais as manualidades teñen moita importancia. Sabedes no que estamos agora? Con cartolinas, agullas, lá e moita paciencia estamos aprendendo a coser. E non os podedes nin imaxinar o difícil que é!!!!!!




PROXECTO ANIMAIS

E CONTINUAMOS TRABALLANDO NO NOSO PROXECTO. NESTA OCASIÓN ESTAMOS A FACER UNHA MAQUETA DA ANTÁRTIDA, A CREATIVIDADE ESTÁ NO AIRE!!!





02 marzo 2020

DÍA DE ROSALIA

E AQUÍ TEMOS O RECITADO DO ALUMNADO DE 1º B, QUE DESENVOLVEU ESTA ACTIVIDADE XUNTO COS ALUMNOS DE 3ºB, DESFRUTANDO DUNHA XUNTANZA PARA COÑECER MÁIS SOBRE A OBRA DE ROSALÍA.