OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A E A SÚA MASCOTA MILOSTA DESÉXANVOS UN FELIZ VERÁN A TODOS E A TODAS. DESPÍDENSE CUNHA PEQUENA CANTIGA. VOLVEMOS EN SETEMBRO CON MOITO MÁIS!!!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
25 xuño 2017
FELIZ VERÁN 3 ANOS B.
SAPIO, A MASCOTA DE 3 ANOS B. DESPÍDESE DE TODAS E TODOS ATA O VINDEIRO CURSO. COMO VEU AS FOTOS DAS BOLVORETAS PINZA, ACORDOUSE DE RECÍTARNOS O POEMA DE FEDERICO GARCÍA LORCA, QUE NOS GUSTA MOITO: "MARIPOSA DEL AIRE"
FELIZ VERÁN!!!
23 xuño 2017
FESTA: FINAL DE CURSO
22 xuño 2017
PROYECTO: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA, DE QUEN SON OS OVOS? 3 ANOS B.
NUN PRINCIPIO PRETÉNDESE UN PEQUENO PROXECTO, PARA QUE AS NENAS E OS NENOS OBSERVEN OS CAMBIOS DOS VERMES, ATA QUE SE TRANSFORMAN EN BOLBORETAS. PERO AO TRATARSE DUN PROXECTO DE TRABALLO VAISE TENDO EN CONTA O INTERESE QUE AS NENAS E OS NENOS MOSTRAN NO TEMA, ESTÁN MOI MOTIVADOS E COMEZAN A TRAER A CLASE OVOS DE DIFERENTES ANIMAIS, PLUMAS, IMAXES DE AVES, CÁGADOS, ANIMAIS DE PLÁSTICO E TELA OVÍPAROS . CO CAL O PROXECTO FAISE MOI AMPLO E ESTÁ FORMADO POR PEQUENOS PROXECTIÑOS, NOS QUE SE INVESTIGA DIFERENTES ANIMAIS CON REPRODUCIÓN OVÍPARA.
ORGANÍZANSE ESPAZOS PARA COLGAR A INFORMACIÓN, ASÍ COMO MESAS PARA PODER OBSERVAR E EXPERIMENTAR. OS NENOS E NENAS ESTÁN MOI EMOCIONADOS E PASAN MOITOS INTRES: OBSERVANDO, TOCANDO, MANIPULANDO, EXPERIMENTANDO COAS COUSAS QUE TRAEN DA CASA E COS VERMES E BOLBORETAS, TAMÉN LLES ENCANTA IR AO RECUNCHO DE LETRAS E BUSCAR NOS LIBROS QUE TROUXEMOS DA BIBLIOTECA DE LAMPI , DEBUXOS ONDE SAEN: DIFERENTES INSECTOS, AVES, RÉPTILES, RAS… EN MOITOS OBSÉRVASE A METAMORFOSE DALGÚNS ANIMAIS.
AOS POUCOS IMOS INVESTIGANDO SOBRE:
• REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS: CLASIFICACIÓN EN OVÍPAROS E VIVÍPAROS
• OS INSECTOS. TIPOS DE INSECTOS, CARACTERÍSTICAS, ALIMENTACIÓN, METAMORFOSE, UTILIDADE DAS PARTES (ANTENAS, PATAS, ÁS…)
• BOLBORETAS: CICLO VITAL DO VERME DE SEDA.
• AVES: CARACTERÍSTICAS, TIPOS, ALIMENTACIÓN
• ANIMAIS INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS.
• ANFIBIOS: METAMORFOSE DA RA
• REPRODUCCIÓN DOS PEIXES E DOS RÉPTILES
• ÁRBORE DE LA MORERA: AS FOLLAS, O FROITO..
• FÍO DE SEDA, QUEN O FABRICA, ORIXE (CHINA, ASÍA), A SÚA UTILIDADE, SUAVIDADE?
• UTILIDADE DAS “CACAS” DE ANIMAIS, ABONO NATURAL..
. ETC..
ORGANÍZANSE ESPAZOS PARA COLGAR A INFORMACIÓN, ASÍ COMO MESAS PARA PODER OBSERVAR E EXPERIMENTAR. OS NENOS E NENAS ESTÁN MOI EMOCIONADOS E PASAN MOITOS INTRES: OBSERVANDO, TOCANDO, MANIPULANDO, EXPERIMENTANDO COAS COUSAS QUE TRAEN DA CASA E COS VERMES E BOLBORETAS, TAMÉN LLES ENCANTA IR AO RECUNCHO DE LETRAS E BUSCAR NOS LIBROS QUE TROUXEMOS DA BIBLIOTECA DE LAMPI , DEBUXOS ONDE SAEN: DIFERENTES INSECTOS, AVES, RÉPTILES, RAS… EN MOITOS OBSÉRVASE A METAMORFOSE DALGÚNS ANIMAIS.
AOS POUCOS IMOS INVESTIGANDO SOBRE:
• REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS: CLASIFICACIÓN EN OVÍPAROS E VIVÍPAROS
• OS INSECTOS. TIPOS DE INSECTOS, CARACTERÍSTICAS, ALIMENTACIÓN, METAMORFOSE, UTILIDADE DAS PARTES (ANTENAS, PATAS, ÁS…)
• BOLBORETAS: CICLO VITAL DO VERME DE SEDA.
• AVES: CARACTERÍSTICAS, TIPOS, ALIMENTACIÓN
• ANIMAIS INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS.
• ANFIBIOS: METAMORFOSE DA RA
• REPRODUCCIÓN DOS PEIXES E DOS RÉPTILES
• ÁRBORE DE LA MORERA: AS FOLLAS, O FROITO..
• FÍO DE SEDA, QUEN O FABRICA, ORIXE (CHINA, ASÍA), A SÚA UTILIDADE, SUAVIDADE?
• UTILIDADE DAS “CACAS” DE ANIMAIS, ABONO NATURAL..
. ETC..
Encantounos
falar dos ovos, trouxemos diferentes
ovos a clase: pequenos, grandes, medianos, de diferentes cores. De diferentes
animais: falcón, oca, galiña, paspallás, LAGARTO… cocidos, só coa casca, recheos de siliconONA… falamos moito e
investigamos. Un día a profe díxonos se queriamos facer un experimento cun ovo
de galiña. Ao choio: metemos o ovo en vinagre dentro dun tarro, cheiramos o
vinagre. Fixemos hipóteseS do que pasaría: algúns diciamos que se poñería
doutra cor, que lle sairían lunares, que rompería. Deixamos pasar dous días e cada día
observabamos o que pasaba e apuntabámolo nun papel. Ao final comprobamos as
nosas hipóteses. O ovo aumento de tamaño, cambio de cor case transparente, xa non flota no vinagre, non ten casca e o
mellor de todo parece unha “pelota saltarina” e puxémonos a xogar con el. Por que lle pasa isto ao ovo?. entre todos chegamos á conclusión de que o
vinagre comeuLLE a casca. A profe explícanos que isto produceSE por unha reacción química.
Fomos ao laboratorio e miramos a través de: o microscopio, a lupa binocular e as lupas
xigantes. Vimos: ovos de bolboreta de tres tipo, baleiros, recentemente postos
(cor amarela) e de dúas semanas (cor marrón); o á dunha bolboreta, unha folla
de morera, unha caca de verme, un
capullo, unha crisálida, vermes que acababan
de nacer. Todo era moito máis grande e diferente de como o vemos
normalmente.
INVESTIGAMOS: GUSANOS DE LA SEDA. 3 ANOS A
COMO XA SABEDES ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE OS VERMES DA SEDA E APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELES. DEIXÁMOSVOS AQUÍ AS FOTOS QUE FOMOS FACENDO: DA INVESTIGACIÓN, EXPERIMENTACIÓN, OBSERVACIÓN NO LABORATORIO. TAMÉN FIXEMOS BOLBORETAS DE CORES E CANTAMOS A CANTIGA DA "BOLBORETIÑA". BOTÁDELLE UN OLLO!!!
21 xuño 2017
RAMÓN O DRAGÓN
ESTES DÍAS RECIBIMOS NAS AULAS, GRAZAS A PROFE ALBA, A RAMÓN. UN DRAGÓN MOI GRANDE QUE NON VIA MOI BEN E VOOU POR VILAVERDE GRAZAS A ALGÚNS NENOS E NENAS. ESTA FOI UNHA ACTIVIDADE DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL DE CARÁCTER LÚDICO, A TRAVÉS DE EXERCICIOS DE CONTROL E CONSTANCIA RESPIRATORIA, DIRECCIONALIDADE DO SOPRO, PRAXIAS... PARA FORTALECER A MUSCULATURA OROFACIAL E XOGOS MUSICAIS PARA TRABALLAR A ARTICULACIÓN DE DETERMINADOS SONS ILLADOS. PASÁMOLO MOI BEN!!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VÍDEO!!
VISITAMOS A AULA DE 4 ANOS
XA ESTÁ REMATANDO O COLE E, PARA O CURSO QUE VÉN TEMOS QUE CAMBIAR DE AULA. ESTAMOS MOI ILUSIONADOS PORQUE IMOS PARA O COLE DOS MAIORES. POR ISO ESTA SEMANA VISITAMOS A NOSA FUTURA AULA DE 4 ANOS. FOMOS MOI BEN RECIBIDOS POLAS PROFES E AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS QUE NOS ENSINARON OS XOGUETES, OS MATERIAIS E TRABALLOS QUE ESTABAN A FACER. NÓS CANTÁMOSLLE UNHA CANTIGA DE VERÁN PARA DESPEDIRNOS. ¡QUE GUSTO DÁ MEDRAR!!!
20 xuño 2017
CAMBIOS NAS NOSAS PLANTAS 3 ANOS B.
DESPOIS DA PLANTACIÓN DA PRIMAVERA ESTIVEMOS COIDANDO DAS NOSAS PLANTAS: FRESAS, TOMATES, PEMENTOS, ALUBÍAS, LENTELLAS, CINTA... REGAMOS TODOS OS DÍAS. CANDO DESCUBRIMOS QUE AS CACAS DOS GUSANOS PODÍAN SERVIR DE ABONO TAMÉN ABONAMOS. AS PLANTAS COMEZARON A MEDRAR GRAZAS A LUZ DO SOL E OS NOSOS COIDADOS. OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS BOTABAN FLORES E OUTRAS NON. TAMÉN QUE NALGUNHAS PLANTAS A FLOR TRANSFORMASE EN FROITO COMA NO TOMATE, A FRESA OU O PEMENTO. REXISTRAMOS COMO ÍAN MEDRANDO E DECATÁMONOS QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS: NACEN, MEDRAN, REPRODÚCENSE E MORREN. CANDO OS FROITOS MADURARON FIXEMOS A NOSA COLLEITA, TOCAMOS, CHEIRAMOS E FINALMENTE DEGUSTAMOS ALGÚNS DELES. PROBAMOS AS FRESAS NO COLE. ESTABAN RIQUÍSIMAS!!! TAMÉN REFLEXIONAMOS SOBRE O COIDADO DAS PLANTAS E A SÚA IMPORTANCIA PARA AS PERSOAS, XA QUE ELAS PROPORCIÓNANNOS ENTRE OUTRAS COUSAS: ALIMENTOS, MADEIRA E PRODUCEN O OSÍXENO QUE RESPIRAMOS. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS:
UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. UN DÍA A PROFE ENSINOUNOS QUE NA TERRA QUE GARDAMOS NO CUARTO ESCURO, ONDE NON ENTRA A LUZ DO SOL, UNHA SEMENTE XERMINARA, PERO A PLANTA QUE SAÍU DELA , OBSERVAMOS QUE TIÑA O TALO E AS FOLLAS BRANCAS, DEUNOS MOITA PENA PORQUE ESTABA TRISTE, PENSAMOS QUE FACER CON ELA, PLANTÁMOLA E COLOCÁMOLA Á VEIRA DA VENTÁ. ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DICINDO O QUE PENSABAMOS QUE PASARÍA, TODOS OS DÍAS OBSERVABÁMOLA E EMPEZAMOS A VER QUE CADA DÍA TIÑA O TALO E AS FOLLAS MÁIS VERDES E ESTABA MÁIS CONTENTA, ÍASE PARECENDO ÁS NOSAS PLANTAS DA CLASE. ASÍ CONCLUÍMOS QUE A LUZ DO SOL É MOI NECESARIO PARA AS PLANTAS.
REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTAS, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS.
QUEDÁRONNOS MOI BONITOS!!! MIRADE:
UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. UN DÍA A PROFE ENSINOUNOS QUE NA TERRA QUE GARDAMOS NO CUARTO ESCURO, ONDE NON ENTRA A LUZ DO SOL, UNHA SEMENTE XERMINARA, PERO A PLANTA QUE SAÍU DELA , OBSERVAMOS QUE TIÑA O TALO E AS FOLLAS BRANCAS, DEUNOS MOITA PENA PORQUE ESTABA TRISTE, PENSAMOS QUE FACER CON ELA, PLANTÁMOLA E COLOCÁMOLA Á VEIRA DA VENTÁ. ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DICINDO O QUE PENSABAMOS QUE PASARÍA, TODOS OS DÍAS OBSERVABÁMOLA E EMPEZAMOS A VER QUE CADA DÍA TIÑA O TALO E AS FOLLAS MÁIS VERDES E ESTABA MÁIS CONTENTA, ÍASE PARECENDO ÁS NOSAS PLANTAS DA CLASE. ASÍ CONCLUÍMOS QUE A LUZ DO SOL É MOI NECESARIO PARA AS PLANTAS.
REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTAS, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS.
QUEDÁRONNOS MOI BONITOS!!! MIRADE:
A COLLEITA, 3 ANOS A
DESPOIS DA PLANTACIÓN DA PRIMAVERA ESTIVEMOS COIDANDO DAS NOSAS PLANTAS FRESAS, TOMATES, PEMENTOS, ALUBÍAS, CINTA E XACINTO. REGAMOS TODOS OS DÍAS. CANDO DESCUBRIMOS QUE AS CACAS DOS GUSANOS PODÍAN SERVIR DE ABONO TAMÉN ABONAMOS. AS PLANTAS COMEZARON A MEDRAR GRAZAS A LUZ DO SOL E OS NOSOS COIDADOS. OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS BOTABAN FLORES E OUTRAS NON. TAMÉN QUE NALGUNHAS PLANTAS A FLOR TRANSFORMASE EN FROITO COMA NO TOMATE, A FRESA OU O PEMENTO. REXISTRAMOS COMO ÍAN MEDRANDO E DECATÁMONOS QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS: NACEN, MEDRAN,REPRODÚCENSE E MORREN. CANDO OS FROITOS MADURARON FIXEMOS A NOSA COLLEITA TOCAMOS, CHEIRAMOS E FINALMENTE DEGUSTAMOS ALGÚNS DELES. PROBAMOS AS FRESAS NO COLE E LEVAMOS UN PEMENTO E TOMATE PARA COMER NA CASA. TODO ESTABA RIQUÍSIMO!!!! TAMÉN REFLEXIONAMOS SOBRE O COIDADO DAS PLANTAS E A SÚA IMPORTANCIA PARA AS PERSOAS, XA QUE ELAS PRODUCEN O OSÍXENO QUE RESPIRAMOS. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS!!
FIXEMOS UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. EMPREGAMOS DOUS BOTES DE CRISTAL, SEMENTES DE XUDÍAS, ALGODÓN, AUGA E UNHA CAIXA DE ZAPATOS. O BOTE Nº 1 RECIBIU A LUZ NATURAL DO SOL E O BOTE Nº 2 ESTIVO PECHADO NA CAIXA. PASADOS CATRO DÍAS OBSERVAMOS QUE AS SEMENTES DO BOTE Nº1 XERMINARON E TIÑAN RAÍZ, TALO E FOLLAS; MENTRAS QUE NO BOTE Nº2 SÓ HABÍA BAROLO. FOI TODO UN DESCUBRIMENTO!!!
REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTA, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS. QUEDÁRONNOS MOI BONITOS, MIRADE!!
POEMA DAS LETRAS GALEGAS E A PRIMAVERA
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS B. PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS INVENTAMOS, ILUSTRAMOS E RECITAMOS UN POEMA QUE FALA DOS CAMBIOS QUE SE PRODUCIRON NA NOSA CLASE COA CHEGADA DA PRIMAVERA. ESTA ESTACIÓN FERMOSA GÚSTANOS MOITO E ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DICINDO COMO NOS GUSTARÍA QUE SE TRANSFORMASE A NOSA AULA. ALGÚNS DOS CAMBIOS FORON: DECORAMOS AS VENTÁS DA AULA CON FLORES E HERBA; DECORAMOS A ÁRBORE DA AULA CON FLORES E FOLLAS; PLANTAMOS E CUIDAMOS DIFERENTES PLANTAS E OBSERVAMOS AS PARTES DAS MESMAS (TOMATE, PEMENTO, FRESA, CINTA, ...); SEMENTAMOS HERBA E LENTELLAS; SAÍRON OS VERMES DE SEDA DOS OVOS E CUIDÁMOLOS; ESPERTOU SERAFÍN O NOSO CARACOL, QUE ESTABA DURMIDO DESDE O OUTONO, CANDO O ATOPARAMOS NO PATIO DO COLE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO:
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO:
19 xuño 2017
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
COMO BEN SABEDES O DÍA 5 DE XUÑO CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. NO COLE LEVAMOS REFLEXIONANDO SOBRE O RESPECTO E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE DENDE HAI XA UNS MESES CANDO TRABALLAMOS SOBRE A TEMÁTICA DO SALÓN DO LIBRO "O MUNDO QUE QUEREMOS". DÉMONOS CONTA DA IMPORTANTIA DA RECICLAXE PARA A SUSTENTABILIDADE DO NOSO PLANETA, TAMÉN DA IMPORTANCIA DO COIDADO DAS PLANTAS QUE NOS DAN OSÍXENO PARA RESPITAR, FLORES QUE CHEIRAN MOI BEN, FROITOS MOI RICOS, MADEIRA PARA ESTRUCTURAS, TEXIDOS, PAPEL... TEMOS UNHA RELACIÓN DE DEPENDENCIA CON ELAS. POR ISO DECIDIMOS REUTILIZAR OS ENVASES DE IOGUR PARA FACER UNS CABEZÓNS MEDRAPELO. TIVEMOS QUE SEMENTAR, REGAR, COIDAR, DECORAR E, FINALMENTE FIXEMOS DE PERRUQUEIROS, FACÉNDOLLES A PRIMEIRA CORTA DE PELO. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA COA QUE NOS ACHEGAMOS A NATUREZA. BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS!!
18 xuño 2017
A MAMÁ DE LUCAS VÉN AO COLE
RECIBIMOS PARA REMATAR Á MAMÁ DE LUCAS. VEU CONTARNOS UN CONTO MOI COÑECIDO " A QUE SABE A LÚA". RELATO ONDE OS PROTAGONISTAS SON ANIMAIS MOI DIFERENTES QUE NOS CONVIDAN A REFLEXIONAR SOBRE A COLABORACIÓN, COOPERACIÓN, SOLIDARIEDADE, XENEROSIDADE PARA ACADAR SOÑOS OU DESEXOS COMPARTIDOS. FOI MOI DIVERTIDO!!!!
DESTE XEITO REMATAMOS ESTE ANO AS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORARON DIFERENTES FAMILIAS, MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS E DESEXAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN PARA FUTURAS ACTIVIDADES. GRAZAS!!
DESTE XEITO REMATAMOS ESTE ANO AS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORARON DIFERENTES FAMILIAS, MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS E DESEXAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN PARA FUTURAS ACTIVIDADES. GRAZAS!!
14 xuño 2017
A MAMÁ E O PAPÁ DE AITANA VEÑEN AO COLE
REMATAMOS A SEMANA COA MAMÁ E O PAPÁ DE AITANA QUE, VIÑERON CONTARNOS " A VACA QUE PUXO UN OVO " E "PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS". DÚAS DIVERTIDAS HISTORIAS CON CONTINUIDADE QUE NOS CONVIDAN A REFLEXIONAR SOBRE TEMAS TAN IMPORTANTES COMO A AUTOIMAXE, A DEFENSA DAS NOSAS PROPIAS IDEAS AINDA QUE SEXAN DIFERENTES ÁS DOS DEMAIS, A IMPORTANCIA DA AMIZADE E POR SUPOSTO O AMOR INCONDICIONAL QUE SENTEN AS NAIS POLOS SEUS FILLOS. POR ÚLTIMO CANTÁRONNOS A CANTIGA DOS DEDOS DAS MANS. PASÁMOLO MOI BEN!! FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
13 xuño 2017
A MAMÁ E O PAPÁ DE MARTA E CARMEN VEÑEN AO COLE
CONTINUAMOS A SEMANA COA MAMÁ E O PAPÁ DE MARTA E DE CARMEN QUE, VIÑERON CONTARNOS " COCORICO ". UN CONTO DE LITERATURA INFANTIL MOI COÑECIDO QUE NOS CONVIDA A REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DE CUMPRIR COAS PROMESAS QUE FACEMOS E, TAMÉN SOBRE A DIFICULTADE QUE ÁS VECES SUPÓN APRENDER A COMPARTIR. PASÁMOLO MOI BEN!! FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
12 xuño 2017
A AVOA DE CARMELA VÉN AO COLE
COMEZAMOS A SEMANA COA AVOA DE CARMELA QUE, VEU CONTARNOS " LOS SIETE CABRITILLOS ". UN DIVERTIDO CONTO TRADICINAL CUNHA IMPORTANTE E SINXELA REFLEXIÓN PARA OS PEQUENOS E PEQUENAS "NON ABRIR A PORTA AOS ESTRAÑOS". PASÁMOLO MOI BEN!! ADEMAIS PEPITA DEIXOUNOS UN FERMOSO AGASALLO, UN DEBUXO DO LOBO PROTAGONISTA DO CONTO CHAMANDO Á PORTA. FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
07 xuño 2017
POESÍANDO A GLORIA FUERTES
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS RECITAMOS NA BIBLIOTECA DE LAMPI, O POEMA "A PRIMAVERA" DE GLORIA FUERTES.
POEMA LETRAS GALEGAS 2017
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS CREAMOS UN POEMA QUE DEDICAMOS A NOSA MASCOTA "MILOSTA". PODEDES BOTARLLE UN OLLO Ó VÍDEO!!
A MAMÁ E O PAPÁ DE ANTÍA VEÑEN AO COLE
REMATAMOS A SEMANA COA NAI E O PAI DE ANTÍA QUE, VIÑERON CONTARNOS " A CEBRA CAMILA ". UN FERMOSO CONTO CLÁSICO DE LITERATURA INFANTIL A TRAVÉS DO CAL A CEBRA CAMILA NOS PERMITE REFLEXIONAR SOBRE O FEITO DE FACERSE MAIOR, DESOBEDECER AOS MAIORES E SOBRE TODO VALORES COMO COMPARTIR E AXUDAR A TRAVÉS DOS ANIMAIS QUE APARECEN AO LONGO DO CONTO. FOI MOI DIVERTIDO, PORQUE VIÑERON CUN TEATRILLO QUE NOS TIVO MOI ATENTOS!!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
06 xuño 2017
A MAMÁ DE CLARA VÉN AO COLE
CONTINUAMOS A SEMANA COA MAMÁ DE CLARA QUE, VEU CONTARNOS " LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR ". UNHA DIVERTIDA E MÁXICA HISTORIA DA XIRAFA "CHUFA" QUE NOS CONVIDA A REFLEXIONAR NA IDEA DE QUE NINGUÉN É PERFECTO, CADA UN DE NÓS TEMOS AS NOSAS HABILIDADES E TODAS SON RESPECTABLES. ADEMAIS SE NOS ESFORZAMOS PODEMOS CONSEGUIR TODO AQUILO QUE NOS PROPOÑAMOS. PASÁMOLO MOI BEN!! ADEMAIS TROUXONOS UNHAS MÁSCARAS DE "CHUFA" PARA COLOREAR. FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
05 xuño 2017
A MAMÁ DE JOAQUÍN VÉN AO COLE
HOXE RECIBIMOS NO COLE Á MAMÁ DE JOAQUÍN QUE, VEU CONTARNOS "MI MAMÁ ES LA MEJOR MADRE DEL MUNDO ". UNHA FERMOSA REFLEXIÓN SOBRE DIFERENTES MOMENTOS E ACTIVIDADES QUE COMPARTEN OS NENOS E AS NENAS COAS SÚAS MAMÁS AO LONGO DO DÍA, NOS QUE ÁS VECES TAMÉN REGAÑAN E BERRAN, PERO QUE SEMPRE NOS QUEREN E COIDAN. PASÁMOLO MOI BEN!! FOI MOI DIVERTIDO!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)