20 xuño 2017

POEMA DAS LETRAS GALEGAS E A PRIMAVERA

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS B. PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS INVENTAMOS, ILUSTRAMOS E RECITAMOS UN POEMA QUE FALA DOS CAMBIOS QUE SE PRODUCIRON  NA NOSA CLASE COA CHEGADA DA PRIMAVERA. ESTA ESTACIÓN FERMOSA GÚSTANOS MOITO E ENTRE TODOS  E TODAS FOMOS DICINDO COMO NOS GUSTARÍA QUE SE TRANSFORMASE  A NOSA AULA. ALGÚNS DOS CAMBIOS FORON: DECORAMOS  AS VENTÁS DA AULA CON FLORES E HERBA; DECORAMOS A ÁRBORE DA AULA CON FLORES E FOLLAS; PLANTAMOS   E CUIDAMOS DIFERENTES PLANTAS E OBSERVAMOS AS PARTES DAS MESMAS (TOMATE, PEMENTO, FRESA, CINTA, ...);  SEMENTAMOS HERBA E LENTELLAS; SAÍRON OS VERMES DE SEDA DOS OVOS E CUIDÁMOLOS; ESPERTOU SERAFÍN O NOSO CARACOL,  QUE ESTABA DURMIDO DESDE O OUTONO,  CANDO O ATOPARAMOS  NO PATIO DO COLE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO:

Ningún comentario:

Publicar un comentario