20 xuño 2017

A COLLEITA, 3 ANOS A

DESPOIS DA PLANTACIÓN DA PRIMAVERA ESTIVEMOS COIDANDO DAS NOSAS PLANTAS FRESAS, TOMATES, PEMENTOS, ALUBÍAS, CINTA E XACINTO. REGAMOS TODOS OS DÍAS. CANDO DESCUBRIMOS QUE AS CACAS DOS GUSANOS PODÍAN SERVIR DE ABONO TAMÉN ABONAMOS. AS PLANTAS COMEZARON A MEDRAR GRAZAS A LUZ DO SOL E OS NOSOS COIDADOS. OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS BOTABAN FLORES E OUTRAS NON. TAMÉN QUE NALGUNHAS PLANTAS A FLOR TRANSFORMASE EN FROITO COMA NO TOMATE, A FRESA OU O PEMENTO. REXISTRAMOS COMO ÍAN MEDRANDO E DECATÁMONOS QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS: NACEN, MEDRAN,REPRODÚCENSE E MORREN. CANDO OS FROITOS MADURARON FIXEMOS A NOSA COLLEITA TOCAMOS, CHEIRAMOS E FINALMENTE DEGUSTAMOS ALGÚNS DELES. PROBAMOS AS FRESAS NO COLE E LEVAMOS UN PEMENTO E TOMATE PARA COMER NA CASA. TODO ESTABA RIQUÍSIMO!!!! TAMÉN REFLEXIONAMOS SOBRE O COIDADO DAS PLANTAS E A SÚA IMPORTANCIA PARA AS PERSOAS, XA QUE ELAS PRODUCEN O OSÍXENO QUE RESPIRAMOS. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS!! COIDADOS E COLLEITA. FIXEMOS UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. EMPREGAMOS DOUS BOTES DE CRISTAL, SEMENTES DE XUDÍAS, ALGODÓN, AUGA E UNHA CAIXA DE ZAPATOS. O BOTE Nº 1 RECIBIU A LUZ NATURAL DO SOL E O BOTE Nº 2 ESTIVO PECHADO NA CAIXA. PASADOS CATRO DÍAS OBSERVAMOS QUE AS SEMENTES DO BOTE Nº1 XERMINARON E TIÑAN RAÍZ, TALO E FOLLAS; MENTRAS QUE NO BOTE Nº2 SÓ HABÍA BAROLO. FOI TODO UN DESCUBRIMENTO!!! EXPERIMENTAMOS COA LUZ REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTA, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS. QUEDÁRONNOS MOI BONITOS, MIRADE!! LAPBOOK: AS PLANTAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario