DESPOIS DA PLANTACIÓN DA PRIMAVERA ESTIVEMOS COIDANDO DAS NOSAS PLANTAS: FRESAS, TOMATES, PEMENTOS, ALUBÍAS, LENTELLAS, CINTA... REGAMOS TODOS OS DÍAS. CANDO DESCUBRIMOS QUE AS CACAS DOS GUSANOS PODÍAN SERVIR DE ABONO TAMÉN ABONAMOS. AS PLANTAS COMEZARON A MEDRAR GRAZAS A LUZ DO SOL E OS NOSOS COIDADOS. OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS BOTABAN FLORES E OUTRAS NON. TAMÉN QUE NALGUNHAS PLANTAS A FLOR TRANSFORMASE EN FROITO COMA NO TOMATE, A FRESA OU O PEMENTO. REXISTRAMOS COMO ÍAN MEDRANDO E DECATÁMONOS QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS: NACEN, MEDRAN, REPRODÚCENSE E MORREN. CANDO OS FROITOS MADURARON FIXEMOS A NOSA COLLEITA, TOCAMOS, CHEIRAMOS E FINALMENTE DEGUSTAMOS ALGÚNS DELES. PROBAMOS AS FRESAS NO COLE. ESTABAN RIQUÍSIMAS!!! TAMÉN REFLEXIONAMOS SOBRE O COIDADO DAS PLANTAS E A SÚA IMPORTANCIA PARA AS PERSOAS, XA QUE ELAS PROPORCIÓNANNOS ENTRE OUTRAS COUSAS: ALIMENTOS, MADEIRA E PRODUCEN O OSÍXENO QUE RESPIRAMOS. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS:
UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É A LUZ DO SOL PARA AS PLANTAS. UN DÍA A PROFE ENSINOUNOS QUE NA TERRA QUE GARDAMOS NO CUARTO ESCURO, ONDE NON ENTRA A LUZ DO SOL, UNHA SEMENTE XERMINARA, PERO A PLANTA QUE SAÍU DELA , OBSERVAMOS QUE TIÑA O TALO E AS FOLLAS BRANCAS, DEUNOS MOITA PENA PORQUE ESTABA TRISTE, PENSAMOS QUE FACER CON ELA, PLANTÁMOLA E COLOCÁMOLA Á VEIRA DA VENTÁ. ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DICINDO O QUE PENSABAMOS QUE PASARÍA, TODOS OS DÍAS OBSERVABÁMOLA E EMPEZAMOS A VER QUE CADA DÍA TIÑA O TALO E AS FOLLAS MÁIS VERDES E ESTABA MÁIS CONTENTA, ÍASE PARECENDO ÁS NOSAS PLANTAS DA CLASE. ASÍ CONCLUÍMOS QUE A LUZ DO SOL É MOI NECESARIO PARA AS PLANTAS.
REMATAMOS, AS EXPERIENCIAS COAS PLANTAS, FACENDO O NOSO PRIMEIRO LAPBOOK CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS.
QUEDÁRONNOS MOI BONITOS!!! MIRADE:
Ningún comentario:
Publicar un comentario