19 xuño 2017

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

COMO BEN SABEDES O DÍA 5 DE XUÑO CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. NO COLE LEVAMOS REFLEXIONANDO SOBRE O RESPECTO E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE DENDE HAI XA UNS MESES CANDO TRABALLAMOS SOBRE A TEMÁTICA DO SALÓN DO LIBRO "O MUNDO QUE QUEREMOS". DÉMONOS CONTA DA IMPORTANTIA DA RECICLAXE PARA A SUSTENTABILIDADE DO NOSO PLANETA, TAMÉN DA IMPORTANCIA DO COIDADO DAS PLANTAS QUE NOS DAN OSÍXENO PARA RESPITAR, FLORES QUE CHEIRAN MOI BEN, FROITOS MOI RICOS, MADEIRA PARA ESTRUCTURAS, TEXIDOS, PAPEL... TEMOS UNHA RELACIÓN DE DEPENDENCIA CON ELAS. POR ISO DECIDIMOS REUTILIZAR OS ENVASES DE IOGUR PARA FACER UNS CABEZÓNS MEDRAPELO. TIVEMOS QUE SEMENTAR, REGAR, COIDAR, DECORAR E,  FINALMENTE FIXEMOS DE PERRUQUEIROS, FACÉNDOLLES A PRIMEIRA CORTA DE PELO. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA COA QUE NOS ACHEGAMOS A NATUREZA. BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS!! DÍA MUNDIAL DEL MEDIO AMBIENTE GRUPO ADÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 3 ANOS B.

Ningún comentario:

Publicar un comentario