30 abril 2021

XOGANDO CAS MATES

 Aprender a multiplicar pode ser moi divertido!!!  Manipular e xogar é a mellor forma de aprender!! 











28 abril 2021

OBRADOIRO DO SALÓN DO LIBRO

 Esta semana tivemos un día diferente co OBRADOIRO sobre a reciclaxe e o coidado do Medio Ambiente nas clases de segundo. 

Este é un tema moi traballado durante este curso, tiñamos moita información e moito que aportar!!! 

Lingua de signos, música, contenedores e reciclaxe, descubrir segundos usos para ter sempre presente: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR! 











23 abril 2021

DÍA DO LIBRO 2021

 23 de abril, Día do Libro. Nas aulas de 2º celebramos este día con varias actividades ao longo da semana que xusto rematamos hoxe: un recitado dun poema en galego que previamente tiñamos memorizado e varios traballos sobre a gran obra da lingua castelá "Don Quijote de la Mancha". Velaquí algúns dos produtos que fixemos : un mini libriño do Quixote para colorear, montar e ler , e un monicreque do Quixote. 





















REMATAMOS PROXECTO "O UNIVERSO"





 Hoxe queremos ensiñarvos un estupendo chaveiro de planetas que os nenos e nenas de 2º elaboraron despois de moitos días de investigación. Neste proxecto traballamos sobre todo o Sistema Solar, visionando vídeos da nave Perseverance na superficie de Marte, calculando o noso peso dependendo da gravidade de cada planeta, utilizando moito vocabulario científico como órbita, rotación, planeta gaseoso... 

E se algún dos nosos alumnos e alumnas é o primer humano en ir a Marte????? 









16 abril 2021

FACEMOS UN "TELESCOPIO"

Xa estamos remantando o noso proxecto do Universo. Hoxe fixemos unha manualidade cun cilindro de cartón, film transparente e moita imaxinación! Quedaron uns telescopios chulísimos que levamos para casa  para poder mirar as nosas estrelas ou planetas cunha lanterna.  













07 abril 2021

PROXECTO: O SISTEMA SOLAR

 Comenzamos novo trimestre e con el un novo proxecto, e xa temos a Praza Josefina Castellví preparada!!!!