28 xaneiro 2020

ACTIVIDADES DO PROXECTO ANIMAIS

  Este proxecto empeza a coller forma! O alumnado xa investigou a diferencia entre vertebrados e invertebrados, os grupos de animais...O profe Tomás preparounos un xogo de "Quen é quen" de animais chulísimo!!!!!
 E, para un primer acercamento ao significado de biodiversidade, ecosistema, hábitat... escollimos unha noticia de triste actualidade: os incendios de Australia e as consecuencias para a flora e fauna de alí.




















27 xaneiro 2020

PROXECTO ANIMAIS

COMEZAMOS TRIMESTRE NOVO E NOVO PROXECTO TAMÉN! A TRAVÉS DOS ANIMAIS IMOS COÑECER HÁBITATS, CLASIFICACIÓN, DIFERENCIAS, BIODIVERSIDADE E MOITO MÁIS!

A primeira tarefa foi visitar a nosa biblioteca do cole para seleccionar libros de investigación. Tiñamos moitos para escoller, pero decidimos quedar con estes que podedes ver nas fotos.
Aquí temos os nosos recantos de INFORMACIÓN NA AULA, MANS Á OBRA!!!













O DÍA DA PAZ, PREPARÁNDONOS!!!

Estamos a preparar O DÍA DA PAZ. Este ano reflexionamos sobre o importarte que é escoitar para solucionar conflictos e acadar PAZ; do memo xeito sabemos que é importantísimo escoitar Á TERRA, coidar o planeta tamén está vinculado a acadar PAZ.

Traballamos carteis que reivindiquen a importancia do coidado do noso PLANETA.





Na clase de música estamos a preparar unha canción que cantaremos o día da Paz. Na canción teremos unha sorpresa ca axuda dunha mami co cole!!!!!








13 xaneiro 2020

HORTO ESCOLAR

Familias! Os nenos e nenas de primeiro estivemos plantando cebolas, repolos e leitugas o pasado 10 de xaneiro coa axuda do alumnado de 5º.
O horto permítenos:

1. Favorecer unha alimentación saudable e equilibrada, sen uso de produtos químicos.
2. Potenciamos o cultivo de produtos autóctonos e da época do ano.
3. O alumnado traballa e xoga nun espacio natural, interacturando co entorno próximo.
4. Traballamos valores de respeto, conservación e coidado da natureza, medio ambiente e da contorna.
5. A responsabilidade dos alumnos á hora de cultivar o seu propio alimento proporciónalles ilusión e aprendizaxe.