APRENDEMOS QUE AS BACTERIAS BENEFICIOSAS ÚSANSE NA ELABORACIÓN DALGÚNS ALIMENTOS: QUEIXO, IOGUR, MANTEIGA... CONVÉRTESE UN PRODUTO NATURAL COMO O LEITE NUN PRODUTO DE FERMENTACIÓN.
DESPOIS DE VER AS BACTERIAS DO IOGUR NO MICROSCOPIO DO NOSO LABORATORIO DE CLASE, A PROFE FÍXONOS PREGUNTAS COMO: PARA FACER O IOGUR, O LEITE TEN QUE ESTAR QUENTE OU FRÍO; MOI QUENTE OU TEMPERADO; TEN QUE LEVAR BACTERIAS; OU SÓ LEITE CON AZUCRE.
FOMOS DANDO AS NOSAS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS, FACENDO AS NOSAS HIPÓTESES.
PUXÉMONOS A FACER O EXPERIMENTO NO NOSO LABORATORIO COMO UNHOS BOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS:
- PESAMOS OS CARTÓNS DE LEITE, MEDIMOS NUN ENVASE DE MEDIO LITRO E NUN DUN LITRO PARA VER ONDE ENTRABA O CONTIDO DE CADA CARTÓN. AO LEITE BOTÁMOSLLE AZUCRE
- REPARTIMOS O LEITE EN TRES ENVASES.
- NUN POÑEMOS CULLERADAS DUN IOGUR (BACTERIAS), REMOVÉMOLO E METÉMOLO NA IOGUREIRA PARA QUE TEÑA CALOR, COMPROBAMOS QUE A TEMPERATURA DO LEITE DENTRO DA IOGUREIRA É DE 43º C.
- NOUTRO ENVASE AO LEITE TAMÉN LLE BOTAMOS BACTERIAS PERO NON O METEMOS NA IOGUREIRA (SEN CALOR).
- NO TERCEIRO ENVASE AO LEITE NON LLE BOTAMOS BACTERIAS, PERO SE O METEMOS NA IOGUREIRA (CON CALOR).
- ETIQUETAMOS OS TRES ENVASES E ESPERAMOS 24 HORAS.
COMPROBAMOS QUE O LEITE QUE TEN BACTERIAS E CALOR DA IOGUREIRA CONVERTEUSE EN IOGUR. QUE NOS OUTROS DOUS ENVASES SÓ HAI LEITE NON IOGUR.
CONCLUÍMOS QUE PARA TRANSFORMARSE O LEITE EN IOGUR TEN QUE TER BACTERIAS E CALOR (UN POUQUIÑO MÁIS QUE TEMPERADO, 43º C.). TAMÉN APRENDEMOS QUE AS BACTERIAS MULTIPLÍCANSE CON MÁIS FACILIDADE SE TEÑEN UN POUCO DE CALOR.
OBSERVAMOS AS BACTERIAS DO NOSO IOGUR NO MICROSCOPIO.
COMÉMOS O NOSO IOGUR.
ESTABA RIQUÍSIMO!!
OLLADE O VIDEO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario