CON MOTIVO DO SANMAIN, TRABALLAMOS UNHA DAS EMOCIÓNS BÁSICAS, O MEDO. FALAMOS DOS NOSOS MEDOS E COMO NOS FAN SENTIR. TROUXEMOS DIFERENTES MANUALIDADES E DEBUXOS DA CASA, DE COUSAS QUE NOS DAN MEDO: CABAZAS, MORCEGOS, BRUXAS, PANTASMAS, GORROS DE BRUXA, ARAÑAS, ESQUELETOS, MÁSCARAS DE MONSTROS…
DECIDIMOS TRANSFORMAR O RECUNCHO DAS LETRAS E CONVERTELO NO RECUNCHO DO MEDO, ERA MOI DIVERTIDO XOGAR NEL: DISFRAZARNOS DE DIFERENTES PERSOAXES (BRUXAS E BRUXOS, ARAÑAS, PANTASMAS... ); FACER APÓCEMAS MÁXICAS E COS SEUS CONXUROS TRANSFORMARNOS EN: SAPOS, SERPES, LOBOS, GATOS NEGROS, PANTASMAS, VER LIBROS DE MEDO E XOGAR COAS COUSAS QUE TROUXEMOS DA CASA…
NO RECANTO DE ARTISTAS PICAMOS E DEBUXAMOS ESQUELETOS E PUXEMOSLLES OSOS, E TAMÉN OS FIXEMOS CON PLASTILINA.
TODOS XUNTOS NA ALFOMBRA ESCOITAMOS E INVENTAMOS VARIOS CONTOS DE MEDO, ALGÚNS DELES NA PENUMBRA; CANTAMOS E BAILAMOS CANCIÓNS; ESCRIBIMOS E DEBUXAMOS SOBRE ESTA SENSACIÓN; ENCANTOUNOS FACER APÓCEMAS E INVENTAR CONXUROS...
O OBXECTIVO PRINCIPAL DE ESTA UNIDADE É: SER CAPACES DE EXPRESAR OS SEUS MEDOS E XOGAR CON TODO O QUE POIDA ATEMORIZARLLES, PARA QUE NO MOMENTO QUE A SENSACIÓN DESAGRADABLE LLES ABÓRDE, LEMBREN OS XOGOS DE CLASE, OS DEBUXOS DIVERTIDOS, AS BROMAS… E DALGUNHA FORMA, ATOPEN A VOLTA Á CALMA.
PASÁMOLO XENIAL!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario