ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
21 novembro 2017
POCIÓNS EMOCIONANTES (4 ANOS A.)
APROVEITANDO A TEMÁTICA DO SAMAÍN E A MAXIA QUE XURIU ARREDOR DAS MEIGAS E DOS MAGOS DECIDIMOS ESCRIBIR, FACER E PROBAR POCIÓNS EMOCIONANTES. A PRIMEIRA, UNHA POCIÓN DE AMOR PARA DAR BICOS E SER NAMORADEIRO. A SEGUNDA, UNHA POCIÓN DE ALEGRÍA PARA RIR E DIVERTIRSE TODO O DÍA. A TERCEIRA, UNHA POCIÓN DE MEDO PARA TREMER E AMEDRENTARSE. TAMÉN ELABORAMOS O SEU ANTÍDOTO, A POCIÓN QUITAMEDOS. A CUARTA, A POCIÓN DA TRANQUILIDADE PARA ESTAR CALMADO E RELAXADO. REMATAMOS ESTA EXPERIENCIA COA QUINTA, A POCIÓN DO FUTURO COA QUE LEMOS NO LEITE COMO SERÍA A NOSA VIDA DE MAIORES GRAZAS AO INGREDIENTE MÁXICO, O MOCO DE BRUXA. PODEDES BOTARLLE UN OLLO OS VÍDEOS!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario