ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
07 novembro 2017
O FANTASMA COMEMEDOS
DURANTE O MES DE OUTUBRO E NOVEMBRO TRABALLAMOS UNHA DAS EMOCIÓNS BÁSICAS "O MEDO". OS PEQUENOS E AS PEQUENAS DE 4 ANOS MANIFESTARON ORALMENTE OS SEUS MEDOS: A ESCURIDADE, O LUME, AS ARAÑAS, AS BRUXAS, AS FANTASMAS, AS SERPES, OS MONSTROS, OS BICHOS, MORCEGOS... FALAMOS SOBRE SE ERAN MEDOS REAIS OU IRREAIS, COMO NOS FACÍAN SENTIR, SE ERAN MEDOS SUPERABLES OU NON... TAMÉN OS DEBUXAMOS. COMO ANDABAMOS CO SAMAÍN E AS POCIÓNS OCORREUSENOS QUE PODÍAMOS FACER UNHA FANTASMA QUE COMERA TODOS OS NOSOS MEDOS. PINTAMOS UNHA FANTASMA XIGANTE E DESPOIS DÉMOSLLE A COMER TODOS OS NOSOS MEDOS. FOI MOI DIVERTIDO!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA O VÍDEO E COMPROBÁDEO!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario