ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
22 decembro 2017
TALLER DA SAÚDE COAS FAMILIAS
NESTE TRIMESTRE CONTAMOS COA EXCELENTE COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA DESENVOLVER UN OBRADOIRO RELACIONADO COA SAÚDE, APROVEITANDO QUE ANDABAMOS INMERSOS NA TEMÁTICA DO CORPO E A SÚA SAÚDE. A FIN ÚLTIMA FOI QUITAR MEDOS E NORMALIZAR MOMENTOS COMO IR AO HOSPITAL, AO CENTRO DE SAÚDE, Á FARMACIA; E POLO TANTO ACEPTAR CON NORMALIDADE A PRESENZA E TRATO CA/O PEDIATRA, CA/O DENTISTA, CA/O FARMACÉUTICA/O. AS FAMILIAS, QUE TRABALLAN NO EIDO DA SAÚDE, ORGANIZARON OS DIFERENTES ESPAZOS CON VESTIARIO E MATERIAIS CONVERTENDO O COLE NUN AUTÉNTICO: HOSPITAL, CENTRO DE SAÚDE, DENTISTA E FARMACIA. AS NENAS E NENOS DIVERTÍRONSE MOITO NOS DIFERENTES ESPAZOS MANIPULANDO E EXPERIMENTANDO COS MATERIAIS. AGRADECEMOS ENCARECIDAMENTE A BOA DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS SEN AS CALES ESTA ACTIVIDADE NON RESULTARÍA TAN EXITOSA. BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario