- O MOFO PENICILLIUM QUE APARECE NALGÚNS QUEIXOS, É UN FUNGO DE COR GRIS- VERDOSO QUE LLE DÁ SABOR E AROMA AO QUEIXO. GÚSTANLLE OS ESPAZOS HÚMIDOS E POUCO LUMINOSOS. É COMESTIBLE. ATOPÁMOLO NO COÑECIDO QUEIXO ROQUEFOR. ESTE FUNGO PENICILLIUM APARECE TAMÉN NOUTROS ALIMENTOS EN ESTADO DE DESCOMPOSICIÓN, REPRODÚCESE MOI RÁPIDO E NON É COMESTIBLE. É UN LIMPIADOR NATURAL. FIXÉMOS ALGÚNS EXPERIMENTOS E MIRÁMOLO NA LARANXA, NO PAN, NA MANTEIGA E NO IOGUR. O QUE MÁIS CURIOSO NOS RESULTOU FOI QUE SE EMPREGASE PARA FACER ANTIBIÓTICOS (PENICILINA) PARA MATAR BACTERIAS MALAS.
- O KÉFIR DE LEITE, SON UNS GRANS BRANCOS, PARECIDOS AOS DA COLIFLOR. COMPOSTO POR FUNGOS, BACTERIAS E LEVADURAS CAPACES DE FERMENTAR O LEITE A TEMPERATURA AMBIENTE E FACER UN IOGUR CON MOITOS PROBIÓTICOS. UN DOS NENOS TRÓUXOO E COIDÁMOLO NA CLASE TODOS OS DÍAS.
- AS LEVADURAS, EXPERIMENTAMOS A FERMENTACIÓN COA FARIÑA, COMO MEDRA A MASA E APARECEN OS TÍPICOS FURADOS.
- TIVEMOS A SORTE DE OBSERVAR OUTRO FUNGO CARACTERÍSTICO DA ESTACIÓN DO OUTONO, AS SETAS, QUE MEDRARON NO PATIO. BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario