Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

29 xaneiro 2021

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS: XOGAMOS E APRENDEMOS

 Nas clases de segundo estamos traballando as unidades de medida! Primeiro estamos na fase vivencial e manipulativa: 

- Estimamos pesos co noso corpo, imitando cos brazos ás balanzas. E logo pesamos con balanzas de verdade.

- Utilizamos balanzas dixitais para comprobar as nosas estimacións. Menudas sorpresas levamos ás veces!! 

- Manipulamos e comparamos equivalencias do kilo, medio kilo e cuarto e aprendemos as unidades... 

O máis importante é que vemos a súa importancia na vida cotiá, nas nosas merendas, obxectos do cole, na casa...




















10 novembro 2020

TANGRAM

 Traballar co Tangram permite mellorar a memoria visual, a orientación espacial, o razoamento lóxico, a coordinación óculo-manual... Pouco a pouco imos asentando as bases da xeometría e aprendendo conceptos matemáticos xogando e manipulando. Que caras de concentración temos!!!








25 maio 2020

SEMANA MATEMÁTICA 2

Bos días nenos en nenas! Que vos parece se esta semana seguimos repasando algunhas cousiñas de mate? Restas,  problemas, retos, facer gráficos... máis un pouquiño de inglés e música. Premede nas iconas e aparecerán os enlaces ou fichas. Lembrade que só tedes que presentar a tarefa final.

">

18 maio 2020

SEMANA DAS MATEMÁTICAS

Bos días nenos e nenas!!! Esta semana temos un montón de propostas moi divertidas para repasar matemáticas. Hai enlaces para cancións, xogos, vídeos, fichas.... Tedes que clicar nas iconas (a calculadora, a guitarra, o corazón...) para atopar cada proposta. Podedes elexir vos a orde, e non é obrigatorio facer todooooooo.O luns 25 de maio será o último día para que nos envieis ás titoras o producto final


">

30 abril 2020

MEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE


  Bos días! Lembrades como empregábamos o noso propio corpo para medir obxectos? No seguinte video podemos recordalo:

Palmo, pé, paso

Agora o que temos que facer é estimar, intentar adiviñar, cantos palmos, pasos ou pes terán os nosos medios de transporte (os que pusemos nas táboas) e ordenalos de menor a maior. Así traballamos os tamaños.
Aquí temos un xogo tamén para medir co corpo:

medimos

 Buscamos matemáticas nos medios de transporte? Poden ser números, formas xeométricas.. E como agora podemos sair á rúa, que tal facer fotos? Animádevos...
                                             Placa matrícula aluminio. Coche. Larga | Tienda de Camping online