Como podedes ver nestas fotos, o noso experimento foi un éxito, pois comprobamos que as plantas son fundamentais para manter a auga limpa na natureza. Confirmamos que cantas máis plantas e compost haxa na superficie, máis transparente é a auga que se filtra.
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
09 marzo 2021
05 marzo 2021
EXPERIMENTO CON AUGA E PLANTAS
22 febreiro 2021
MAQUETA DA PAISAXE
Estes días tivemos moita tarefa que facer coa plastilina. Case todo do que aprendimos neste proxecto da paisaxe podemos atopalo nas nosas maquetas, gran traballo!!!
19 febreiro 2021
NOVO EXPERIMENTO CON AUGA
Hoxe iniciamos un novo experimento científico dentro do noso proxecto " A auga e a paisaxe".
Como bos científicos e científicas agora toca observar, tomar notas día a día dos cambios, facer hipótesis do que sucederá...
05 febreiro 2021
MANUALIDADES DO PROXECTO
Xa imos rematando algúns traballos do noso proxecto...
Reproducimos o ciclo da auga nunha bolsa de plástico, con auga e colorante. Que mellor maneira de aprender o que é a evaporación, condensación e precipitación, verdade?
Tamén fixemos uns peixiños preciosos e con moito colorido a partires dun prato de cartón, papel charol e a nosa creatividade e esforzo. Velaquí o resultado.
16 xaneiro 2021
MANUALIDADES
Comenzamos un novo proxecto, estamos a traballar "A auga". A nosa actividade de plástica está relacionada con este proxecto, que estamos facendo? Animádesvos a adiviñar que pode ser?































