29 outubro 2017

O PROXECTO EN 4 ANOS B,

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS B. DESPOIS DE IR Á FÁBRICA DE CLESA EMPEZAMOS O PRIMEIRO PROXECTO DESTE CURSO.

UN DÍA UN AMIGO TRÓUXONOS A CLASE AS BACTERIAS COAS QUE SE FAI O IOGUR, INTERESOUNOS TANTO ESTE TEMA QUE MOITOS E MOITAS DE NÓS COMEZAMOS A TRAER A CLASE DEBUXOS E INFORMACIÓN DE BACTERIAS, VIRUS E FUNGOS, ISTO LEVOUNOS A TRABALLAR SOBRE OS MICROORGANISMOS OU MICROBIOS: COMO SON, A SÚA FORMA, COR.... ONDE VIVEN E COMO AXUDAN AO NOSO CORPO E TAMÉN COMO O PREXUDICAN.

UN DÍA UNHA AMIGA DÍXONOS QUE OS VIRUS VIVEN DENTRO DAS CÉLULAS.  E QUE SERÁ ISTO DAS CÉLULAS? ASÍ EMPEZAMOS A INVESTIGAR,  ISTO LEVOUNOS A VER QUE O NOSO CORPO ESTÁ COMPOSTO DE CÉLULAS E QUE AS CÉLULAS FORMAN TODAS AS PARTES DO NOSO CORPO.

UN AMIGO DA CLASE ROMPEU UN BRAZO E CONTOUNOS QUE ROMPEU O RADIO E O CUBITO. QUE SIGNIFICABAN ESES NOMES? DESCUBRIMOS QUE ERAN DOUS ÓSOS QUE ESTABAN NO BRAZO. ASÍ VIMOS QUE AS CÉLULAS TAMÉN FORMAN AOS NOSOS ÓSOS. 

 AHORA ESTAMOS A BUSCAR INFORMACIÓN   SOBRE TODO ISTO. PERO PARA INVESTIGAR MELLOR CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS E MONTAMOS UN LABORATORIO EN CLASE PARA FACER EXPERIMENTOS QUE NOS AXUDAN A COMPRENDER MELLOR COMO AFECTAN OS MICROBIOS AO NOSO  CORPO.


 DURANTE OS PRÓXIMOS DÍAS POÑERÉMOSVOS UNHAS PRESENTACIÓNS SOBRE ALGÚNS TRABALLOS QUE REALIZAMOS, NON PUIDEMOS POÑELAS ANTES PORQUE TIVEMOS UN PROBLEMA COAS FOTOS E COS VÍDEOS, ESTAMOS A TENTAR ARRANXALO, CANDO OS TEÑAMOS, CONVIDARÉMOSVOS A VELOS.


20 outubro 2017

EXPERIMENTAMOS COA MEDIDA

DESPOIS DE ORDEÑAR A MARGARITA CALCULAMOS A OLLO CANTO LEITE NOS DERA.
FIXÉRONSE VARIAS HIPÓTESIS EN GRAOS E EN QUILOS.
MOMENTO NO QUE DECIDIMOS QUE ERA NECESARIO EXPERIMENTAR COS LÍQUIDOS A MEDIDA DO LITRO E DO MEDIO LITRO.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO COA NOSA EXPERIENCIA. BOTÁDELLE UN OLLO!!

19 outubro 2017

ORDEÑAMOS A MARGARITA

CHEGOU O GRAN MOMENTO!!!  PARA O CAL PRECISAMOS DUN POUCO DE MAXIA. COMO SE ESTÁ ACHEGANDO O SAMAÍN FIXEMOS UNHA PEQUENA POCIÓN PARA  MARGARITA  A BASE HERBA SECA CON POLBOS MÁXICOS   E  UN PEQUENO CONXURO PARA IR PRACTICANDO QUE DICÍA ASÍ :
PIS, PIS, PAS
PIS, PIS, PUS
QUE MARGARITA
DEA LEITE MAÑÁ.
A NOSA SORPRESA FOI QUE CANDO CHEGAMOS A MAÑÁ SEGUINTE AO COLE MARGARITA TIÑA OS UBRES CHEOS DE LEITE, ASÍ QUE PUXÉMONOS A ORDEÑAR. PODEDES BOTARLLE UN OLLO O VÍDEO SOMOS UNS EXPERTOS!!



18 outubro 2017

O SAMAÍN

ANTÍO QUERE CELEBRAR O SAMAÍN, ASÍ QUE IMOS VER QUE É ISO E COMO SE CELEBRA.
Resultado de imagen de SAMAÍN

16 outubro 2017

A NOSA VACA CHÁMASE MARGARITA

UNHA VEZ PINTADA E REMATADA A VACA DECIDIMOS POÑERLLE NOME.
BARALLAMOS MOITAS OPCIÓNS QUE SI: FLOR, CHENOA, ROSI, MARGARITA, MARELA, CAMPANILLA, AMAPOLA, PINTA...
DESPOIS DE VARIAS VOTACIÓNS AS SEMIFINALISTAS FORON ROSI, MARGARITA E MARELA.
NA DERRADEIRA VOTACIÓN GAÑOU CON MOITA VANTAXE  MARGARITA.
AGORA QUE XA TEN NOME A NOSA VACA IMOS DARLLE DE COMER UNHA BOA HERBA PARA QUE NOS DEA UN LEITE MOI RICO.

COMO SE FAI UNHA VACA?

 DESPOIS DE VISITAR A FÁBRICA DE CLESA, COMEZAMOS A INVESTIGAR NA CASA SOBRE A ORIXE DO LEITE, A COMPOSICIÓN, OS SEUS  DERIVADOS, ELABORACIÓN DOS MESMOS, COMO CHEGAN ESTES PRODUTOS AS NOSAS CASAS, ETC. CON TODA ESTA INFORMACIÓN ESTAMOS ELABORANDO UN TABOLEIRO.
NESTES PRIMEIROS MOMENTOS DE MOTIVACIÓN, OS NENOS E NENAS COMEZARON A TRAER   TAMÉN VACAS, BOIS E BECERROS. NESTE PUNTO XURDIU O SEU INTERESE POLO ORDEÑO E  DECIDIRON QUE   QUERÍAN ORDEÑAR. DESPOIS DE FACER ALGUNHAS PROPOSTAS PARA DARLLE SOLUCIÓN A ESTA INQUEDANZA ACORDARON FACER UNHA VACA E ORDEÑALA NO COLE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CO PROCESO DE CONSTRUCIÓN DA NOSA VACA, QUE POR CERTO, DECIDIRON QUE SERÍA LEITEIRA E, POLO TANTO, DE ORIXE FRISONA.

09 outubro 2017

DIARIOS DO VERÁN

ESTES DÍAS REMATAMOS DE VER TODOS OS DIARIOS DO VERÁN. FOI UN PRACER CONTAR COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE. GRAZAS A ELES OS NENOS E AS NENAS PUIDERON CONTAR MOITAS DAS SÚAS EXPERIENCIAS DO VERÁN CON APOIO VISUAL DE FOTOGRAFÍAS, DEBUXOS E PEGATINAS.  PUIDEMOS COMPROBAR QUE FOI UN VERÁN MOI PROVEITOSO:  PRAIA, CAMPING, PISCINA, LUDOTECAS, CUMPLES, VISITAS A MUSEOS- ACUARIOS- ZOOLÓXICOS, DIVERSOS FESTEXOS LOCAIS...
GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS.



05 outubro 2017

ANTÍO XA ESTÁ NO COLEXIO

ESTA SEMANA APARECEU ANTÍO ONDA A BIBLIOTECA.
NA CLASE DEIXOUNOS UNHA CARTA NUN SOBRE NEGRO CON ADORNIÑOS...
QUERE QUE INVESTIGUEMOS SOBRE O SAMAÍN.

O CASO É QUE NO MEDIO DA SEMANA PUXO UN SOMBREIRO DE BRUXA... PORÁ ALGO MÁIS?