REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA E A VISITA DO APALPADOR. ADEMAIS DE SER UNHA MAÑA SABOROSA RESULTOU DIVERTIDA.
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS "DESÉXANVOS FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2019"
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
20 decembro 2018
19 decembro 2018
XOGAMOS CO ESTEGOSAURIO
ESTEGOSAURIO SIGNIFICA DINOSAURIO CON TELLADO, POIS TEN UNHAS CHAMATIVAS PLACAS SOBRE AS SÚAS COSTAS. APROVEITANDO ESTA CURIOSIDADE, EMPREGAMOS PINZAS DE MADEIRA PARA SIMULAR AS PLACAS E NUMERÁMOLAS DO 1 ATA O 20.
O XOGO CONSISTE EN SEGUIR A SERIE NUMÉRICA DE XEITO ORDEADO E TAMÉN SE PODE EMPREGAR PARA FACER SUMAS E RESTAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA ACTIVIDADE!!
O XOGO CONSISTE EN SEGUIR A SERIE NUMÉRICA DE XEITO ORDEADO E TAMÉN SE PODE EMPREGAR PARA FACER SUMAS E RESTAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA ACTIVIDADE!!
17 decembro 2018
PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS
ESTES DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA E UN PAQUETE DA PALEONTÓLOGA LAURA PIÑUELAS QUE TRABALLA NO MUSEO DO XURÁSICO DE ASTURIAS. DESTE XEITO O NOSO INTERESE POLA PALEONTOLOXÍA FOI EN AUMENTO. DESCUBRIMOS QUE É A CIENCIA QUE ESTUDIA E INTERPRETA O PASADO DA VIDA SOBRE A TERRA A TRAVÉS DOS FÓSILES.
O PAQUETE ERA UN EQUIPO DE PALEONTOLOXÍA ENTRE O QUE HABÍA UN MATETÍN CUNHA CHEA DE FERRAMENTAS. ESTA É A CARTA:
POR UN INTRE, DECIDIMOS CONVERTERNOS EN PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS E RECUPERAR OS DENTES DE DINOSAURIO QUE FIXERAMOS NO OBRADOIRO DE FÓSILES. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA EXPERIENCIA.
5 ANOS A:
5 ANOS B:
13 decembro 2018
OBRADOIRO DE FÓSILES
TODO O QUE SABEMOS DOS DINOSAURIOS É GRAZAS AOS FÓSILES QUE DESCOBREN AS PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS NOS XACEMENTOS: ÓSOS DE ESQUELETES, DENTES, OVOS, PISADAS, CROPOLITOS... OS FÓSILES SON RESTOS DE ANIMAIS E PRANTAS CONSERVADOS EN ROCHAS SEDIMENTARIAS. INVESTIGAMOS ALGÚNS FÓSILES ATOPADOS.
FIXEMOS UN OBRADOIRO PARA FACER FÓSILES, QUE RESULTOU MOI DIVERTIDO:
OBRADOIRO DE PISADAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
5 ANOS B:
OBRADOIRO DE HUELLAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
FIXEMOS UN OBRADOIRO PARA FACER FÓSILES, QUE RESULTOU MOI DIVERTIDO:
- DENTES DE DINOSAURIOS, CON XESO E AREA HÚMIDA, DE DIFERENTES FORMAS: PLÁTANO OS DO TIRANOSAURIO REX, ESPÁTULA OS DO BRAQUIOSAURIO, SERRA OS DO VELOCIRRAPTOR...
- PISADAS E ESQUELETES IMPRIMINDO OS DINOSAURIOS QUE TROUXEMOS AO COLE NUN ANACO DE BARRO. AS MANS QUEDÁRONNOS DE COR MARRÓN!!
OBRADOIRO DE PISADAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
5 ANOS B:
OBRADOIRO DE HUELLAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
03 decembro 2018
OVO DE DINOSAURIO
INVESTIGAMOS COMO ERAN OS OVOS DOS DINOSAURIOS. DESCUBRIMOS QUE ERAN DE DIFERENTES TAMAÑOS E ATA FORMAS (OVOIDES OU ESFÉRICOS); QUE OS INCUBABAN ENTRE 3 E 6 MESES; QUE A CÁSCARA ERA POROSA; QUE FACÍAN OS NIÑOS EN ZOAS AREOSAS E OS ATERRABAN...
FIXEMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO CUN OVO DE DINOSAURIO QUE HAI QUE METER EN AUGA PARA QUE ECLOSIONE. ESTIMAMOS OS DÍAS QUE TARDARÍA EN ROMPER O CASCARÓN E QUE TIPO DE CRÍA DE DINOSAURIO APARECERÍA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS!!
FIXEMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO CUN OVO DE DINOSAURIO QUE HAI QUE METER EN AUGA PARA QUE ECLOSIONE. ESTIMAMOS OS DÍAS QUE TARDARÍA EN ROMPER O CASCARÓN E QUE TIPO DE CRÍA DE DINOSAURIO APARECERÍA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)