Xa temos visto a diversidade familiar que podemos atopar, onde e cómo vivimos e a evolución das vivendas ao longo do tempo, como reciclamos e non malgastamos a auga nos nosos fogares.... agora toca falar dos oficios, acompañádesnos???
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
27 outubro 2020
PROXECTO A FAMILIA: OS OFICIOS
26 outubro 2020
SOMOS DECORADORAS. SOMOS DECORADORES.
Tanto investigar e traballar sobre os tipos de vivendas, a súa historia, as diferencias...xa tocaba poñer a traballar a imaxinación e creatividade do noso alumnado. Por primeira vez para moitos tivemos diante o plano dunha vivenda e... a encherla de mobiliario, decoración, obxectos cotidianos...!!!!
25 outubro 2020
CHEGA O MAGOSTO 2020!!!!!
20 outubro 2020
PROXECTO A FAMILIA: RECICLAMOS E NON MALGASTAMOS AUGA NA CASA.
Aquí deixamos agunha cousiña que traballaremos no noso proxecto ao longo desta semana que comezamos. LEMBRADE: Non é preciso facer ningunha tarea agás se non se pode vir ao colexio.
14 outubro 2020
REMATAMOS COAS ÁRBORES XENEALÓXICAS
Hoxe por fin rematamos as exposicións orais sobre as árbores xenealóxicas do noso alumnado.
Moitas gracias ás familias pola vosa implicación na búsqueda de fotografías, recordos, deseñar a árbore...de seguro que foi unha actividade moi enriquecedora para todos os membros das familias.
13 outubro 2020
TRABALLOS DE AULA SEMANA DO 13 AO 16 DE OUTUBRO
Como estamos a facer semanas anteriores, deixamos aquí traballos que imos realizando na aula para aqueles alumnos que non poidan vir ao cole.