13 decembro 2024

SAÍDA CAFÉ MODERNO

 O mércores 4 de decembro o alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha saída ó Café Moderno, na que visatamos unha exposición de pintura e realizamos unha actividade con diferntes técnicas

  

                                    
















.

VISITA DA PINTORA NURIA ARGIBAY

 O martes 3 de decembro a pintora Nuria Argibay visitou o noso centro para realizar unha actividade co fin de elaborar as nosas postais de Nadal.











15 novembro 2024

CHARLA CRUZ VERMELLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

 O xoves 7 de novembro a Cruz Vermella deulle unha charla ó alumnado de 6º de EP sobre o acoso e ciberacoso escolar.








PLAN DIRECTOR "PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR"

 O día 6 de novembro con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar o alumnado de 6º de EP recibiu, a través do plan director, unha charla da Unidade de Participación Cidadá por parte da Policía Nacional.

https://www.pontevedraviva.com/gl/xeral/unidade-participacion-cidada-enlace-entre-sociedade-policia-nacional_500862_102.html

BOSQUE ATLÁNTICO

 O martes 12 o alumnado de  6º de EP tivo unha actividade sobre a perda de biodiversidade nos nosos bosques.
















19 xuño 2024

DOACIÓN DE LIBROS Á ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DA PARDA

 No día de hoxe fixemos unha doación de libros dende o CEIP VILAVERDE á GALIÑA AZUL DA PARDA.

Foi un momento único e máxico onde o alumando puido ver de novo ás mestras que estiveron con eles de pequenos, gozar das marabillosas instalacións e compartir tempo e lecturas con nenos moi pequenos, inculcando o gusto e pracer da lectura.

Esperamos podamos volver repetir esta actividade pronto, moi pronto!!!







RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Chega o memonto de rematar e deixamos aquí algunhas ideas para traballar no verán.

Se ben o primeiro será desfrutar do tempo de lecer e o sol en familia tamén é importante traballar aspectos de casa o curso que segue.

Sería interesante facelo de forma dinámica, lúdica, a través de vivenvia de experiencias en familia, pero tamén vos deixamos outros materiais que vos poderán server de axuda.






VISITA ÁS ILLAS ONS


 O alumnado de 5º de primaria tivo a sorte de que o tempo acompañara este fin de curso e poidemos facer a saída ás Ons. 

Podedes ver as fotos dos alumnos no edixgal, na materia de Ciencias Socias.

Aquí deixamos as maravillosas vistas das que poidemos desfrutar.









14 xuño 2024

DERRADEIRO PROXECTO: UNIVERSO

 Rematamos trimestre cos traballos manipulativos relacionados co Universo e o Sistema Solar. 

Traballamos as capas da Terra e xeografía ca bola de poliespán, Non so consiste niso, se non que este tipo de actividades permiten traballar orientación, organización espacial e funcións executivas de planificación e organización. 

As maquetas e traballos do Sistema Solar, favorecen a investigación individual, recoñecer a infomación máis relevante, planificar o desenvolvemento do traballo a partir dunha idea inicial. E como podemos observar hai multitude de actividades diversas que se poden presentar.

UN GRAN TRABALLO!!!!


Video SISTEMA SOLAR

26 maio 2024

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2024

Este ano  contamos coa presencia de  Pesdelán e o seu concerto Danzas do Mundo. 

Todas as clases prepararon bailes na clase de música coa profe Lola.

Foi un concerto cheo de ritmo, baile e diversión! 







CERTAME DE POESIA NO CENTRO

 Este ano estivo moi difícil escoller os gañadores de 5° curso. Atopamos un nivel increíble!!! Parabéns aos finalistas!!! 




10 maio 2024

NOVAS VIDAS NO CENTRO

 Os pequenos do cole fixeron un proxecto sobre os pitiños, e tivemos a sorte de contar cunha incuvadora no centro. 

Tras 21 días, naceron os pitiños e os de 5º aproveitamos para darlles a benvida ao mundo!