19 xuño 2021

ROTEIRO COMPETENCIAL

 Vaia actividade chula que fixemos hoxe en 2º!!!!

En grupos de seis detectives tivemos que superar catro probas, primeiro o alumnado de  2º B e logo 2ºA:

1) Abrir unha caixa forte. Para adiviñar a contraseña tiñamos que ordear unha historia, pero o máis difícil é que algunha parte estaba con escritura en espello!!!

  

2) Montar un circuito no xeoplano e facer o recorrido cunha boliña. Que emoción!!!!

  

3) Superar unha ronda de preguntas interactivas para evitar unha invasión alieníxena.  


     

4) Resolver catro problemas matemáticos para poder abrir os candados que estaban escondidos por todo o patio. Localizar os candados xa era todo un reto, porque aínda que levamos un plano, algún estaba moi escondido!!!

       


Pasámolo xenial e conseguimos encher de estrelas as nosas tarxetas de detectives.

ACTIVIDADES ÚLTIMOS DÍAS

   Despois dun curso tan complicado, a mellor maneira de repasar todo o aprendido é con xogos e actividades máis lúdicas, moitas delas xa practicadas durante o curso, pero que sempre nos gusta volver a facer. Tangram, simetrías con espellos, ruleta das multiplicacións...













17 xuño 2021

CÁPSULA DO TEMPO

  O alumnado de 2º tamén participou nesta actividade do cole. Cada neno e nena escribiu pensando en como será en 5 anos, reflexionando sobre os cambios, as relacións...Que emoción agardar estes 5 anos, porque cando abramos a caixa...xa estaremos no instituto!!!!







 

SOMOS XORNALISTAS!!

 Rematamos o noso proxecto sobre o xornal coa elaboración dun propio. Tentamos escribir diferentes seccións, insertar publicidade, maquetar ben con fotografías, poñer algún debuxo... todo con noticias que escoitamos nestes días ou nalgúns casos, noticias imaxinarias. 

Algún destes nenos e nenas de seguro que traballará de xornalista no futuro!!








15 xuño 2021

PLÁSTICA CO XORNAL

 Estes días estamos a rematar o noso proxecto de periodistas co xornal. A Plástica non podía faltar no noso proxecto, e aquí tedes os divertidos collagues que os nenos e nenas de 2º elaboraron reciclando xornais vellos.













02 xuño 2021

BOLIÑAS DA CALMA

 Con globos e perlas de auga preparamos unhas bolas moi chulas para nos tranquilizar cando estemos nerviosos e nerviosas. Cada neno e nena decorou a súa nunha actividade de Valores onde puidemos ver cómo medraban as perlas na auga e que pon punto final a todo o que aprendimos sobre o autocontrol. 














31 maio 2021

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

 Presentamos os libriños que preparou o alumnado de segundo traballando a cor, o degradado, o uso do pincel, as mesturas... Resultou unha actividade motivadora que tiña tamén unha parte de xeometría e uso da regra.  Gustou moito, moito! 


                                                      









20 maio 2021

TEMOS NOVO PROXECTO!!!!!

 Moi emocionadas e emocionados por ver cómo se vai desenvolver este novo proxecto: MEDIOS DE COMUNICACIÓN!!! 

Comezamos co xornal!! 










19 maio 2021

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS


 Hoxe celebramos o día das Letras Galegas escoitando un concerto en streaming de Paco Pakolas, cantamos e bailamos durante case unha hora!!!! Antes entregamos os premios de poesía do concurso do cole, aquí tedes fotos dos gañadores e gañadoras de cada clase.