03 febreiro 2020

DÍA DA PAZ

  E por fin chegou o Día da Paz!  O nosos veleiros verdes navegaron polos debuxos do fondo do mar que xa tiñamos preparados dende fai varios días!  Cada un de nós personalizou o seu barquiño: nome, bandeira, as velas de cores, o casco... Unha experiencia moi bonita ca que unimos Música, Plástica, proxecto dos animais e moitos, moitos valores...





28 xaneiro 2020

ACTIVIDADES DO PROXECTO ANIMAIS

  Este proxecto empeza a coller forma! O alumnado xa investigou a diferencia entre vertebrados e invertebrados, os grupos de animais...O profe Tomás preparounos un xogo de "Quen é quen" de animais chulísimo!!!!!
 E, para un primer acercamento ao significado de biodiversidade, ecosistema, hábitat... escollimos unha noticia de triste actualidade: os incendios de Australia e as consecuencias para a flora e fauna de alí.




















27 xaneiro 2020

PROXECTO ANIMAIS

COMEZAMOS TRIMESTRE NOVO E NOVO PROXECTO TAMÉN! A TRAVÉS DOS ANIMAIS IMOS COÑECER HÁBITATS, CLASIFICACIÓN, DIFERENCIAS, BIODIVERSIDADE E MOITO MÁIS!

A primeira tarefa foi visitar a nosa biblioteca do cole para seleccionar libros de investigación. Tiñamos moitos para escoller, pero decidimos quedar con estes que podedes ver nas fotos.
Aquí temos os nosos recantos de INFORMACIÓN NA AULA, MANS Á OBRA!!!













O DÍA DA PAZ, PREPARÁNDONOS!!!

Estamos a preparar O DÍA DA PAZ. Este ano reflexionamos sobre o importarte que é escoitar para solucionar conflictos e acadar PAZ; do memo xeito sabemos que é importantísimo escoitar Á TERRA, coidar o planeta tamén está vinculado a acadar PAZ.

Traballamos carteis que reivindiquen a importancia do coidado do noso PLANETA.





Na clase de música estamos a preparar unha canción que cantaremos o día da Paz. Na canción teremos unha sorpresa ca axuda dunha mami co cole!!!!!








13 xaneiro 2020

HORTO ESCOLAR

Familias! Os nenos e nenas de primeiro estivemos plantando cebolas, repolos e leitugas o pasado 10 de xaneiro coa axuda do alumnado de 5º.
O horto permítenos:

1. Favorecer unha alimentación saudable e equilibrada, sen uso de produtos químicos.
2. Potenciamos o cultivo de produtos autóctonos e da época do ano.
3. O alumnado traballa e xoga nun espacio natural, interacturando co entorno próximo.
4. Traballamos valores de respeto, conservación e coidado da natureza, medio ambiente e da contorna.
5. A responsabilidade dos alumnos á hora de cultivar o seu propio alimento proporciónalles ilusión e aprendizaxe.









20 decembro 2019

CHOCOLATADA

E por fín chegou o día... o derradeiro día antes das vacacións de Nadal! Foi un día para disfrutar, pelis, xogos, panxoliñas, visita do APALPADOR, chocolatada, rosca e chuches!!!



TARXETAS DE NADAL


Os nenos e nenas de 1º de Primaria deséxavos BO NADAL!!!!!!!



13 decembro 2019

TEATRO MUSICAL

O mércores 4 fomos de excursión ó teatro para ver a obra musical "A nena e o grilo máis aló", de Magín Blanco. Encantounos a decoración, o vestiario, os efectos especiais e, por suposto, as actuacións musicais. Temos o libro no cole, así que aproveitaremos para seguir traballando os medos e as emocións.









Moitas gracia á profe Lola por organizar esta saída!!