15 maio 2017

VISITA A BIBLIOTECA DE 3 ANOS B.

DESPOIS DAS VACACIÓNS, UN DÍA A PROFE TROUXO  UNS PUNTIÑOS BRANCOS MOI PEQUENOS A CLASE. ELA  DIXO QUE OS ATOPARA NUNHA ÁRBORE. EMPEZAMOS A PENSAR QUE SERÍAN. A PROFE PENSABA QUE PODÍAN SER OVOS.
QUE ANIMAL POÑERÍA AQUELES OVOS TAN PEQUENOS? FIXEMOS MOITAS HIPÓTESES. DÉMONOS CONTA QUE HABÍA UNS PUNTOS NEGROS QUE SE MOVÍAN E PARECÍAN BICHOS. COMEZAMOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE ERAN VERMES DE SEDA.
 COMPARAMOS MOITOS TIPOS DE OVOS E VIMOS QUE DEPENDENDO O ANIMAL SON DIFERENTES. ASÍ QUE NOS PUXEMOS A INVESTIGAR SOBRE OS ANIMAIS QUE POÑEN OVOS.  ASÍ DESCUBRIMOS QUE OS NOSOS OVOS PUXOOS UNHA BOLBORETA E QUE AS BOLBORETAS SON INSECTOS.
INVESTIGAMOS:  NA CASA, NA INTERNET, EN PEN DRIVER QUE TROUXEMOS DE CASA, ...
 PERO TEMOS MOITAS DÚBIDAS SOBRE: QUE ANIMAIS SON OVÍPAROS E VIVÍPAROS, QUE ANIMAIS SON INSECTOS...
 UNHA AMIGA DIXO QUE PODIAMOS BUSCAR EN LIBROS. MIRAMOS OS DA CLASE E NON ATOPAMOS NADA, ATA QUE A UN AMIGO SE LLE OCURREU QUE PODIAMOS IR Á BIBLIOTECA DE LAMPI,  E ALÍ FOMOS. TIÑAMOS QUE BUSCAR LIBROS SOBRE : ANIMAIS OVÍPAROS, INSECTOS, BOLBORETAS E VERMES. SELECCIONAMOS OS ADECUADOS E CADA AMIGO E AMIGA TROUXO UN A CLASE.

AGORA TOCA INVESTIGAR...

VISITAMOS A BIBLIOTECA 3 ANOS B.

Ningún comentario:

Publicar un comentario