ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
31 outubro 2018
RECEITAS DE CASTAÑAS
GRAZAS A TODAS E TODOS POR COMPARTIR CON NÓS AS RECEITAS E POSTRES DE CASTAÑAS. FOI TODO UN ÉXITO!! POR ISO DEIXÁMOSVOS UNS ENLACES DE COCIÑA PARA NENAS E NENOS MOI INTERESANTES. NON DEIXEDES DE COCIÑAR EN FAMILIA!!!
24 outubro 2018
VISITAMOS A BIBLIOTECA
COMO XA SABEDES COMEZAMOS CO PROXECTO DOS DINOSAURIOS. DESPOIS DE FACER UNHA VALORACIÓN DOS NOSOS COÑECEMENTOS PREVIOS SOBRE DINOSAURIOS, RECOLLER OS NOSOS INTERESES SOBRE O QUE QUEREMOS APRENDER, COMEZAMOS A RECABAR INFORMACIÓN SOBRE A TEMÁTICA NA CASA A TRAVÉS DOS LIBROS, DO ORDENADOR, DAS TABLET´S, DOS XORNAIS... OUTRA FONTE DE INFORMACIÓN SON AS BIBLIOTECAS, ASÍ QUE DECIDIMOS APROVEITAR E VISITAR A NOSA, A BIBLIOTECADE LAMPI. UNHA VEZ ALÍ TIVEMOS QUE ESTAR MOI ATENTOS, POIS HABÍA DIFERENTES TIPOS DE LIBROS E TIVEMOS QUE DISCERNIR CALES NOS PODÍAN OFRECER INFORMACIÓN SOBRE DINOSAURIOS E CALES NON. PASAMOS UN RATO MOI AGRADABLE PORQUE NOS LIBROS HABÍA FOTOGRAFÍAS E DEBUXOS IMPRESIONANTES. CANDO XA O TIÑAMOS CLARO DECIDIMOS LEVALOS PARA AS AULAS XA QUE PODERÍAN DAR RESPOSTA A TODAS AS NOSAS PREGUNTAS E CURIOSIDADES. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS!!
NENAS E NENOS DO GRUPO A
NENOS E NENAS DO GRUPO B.
NENAS E NENOS DO GRUPO A
NENOS E NENAS DO GRUPO B.
20 outubro 2018
ANTÍO CHEGOU AO COLEXIO
COMO É OUTONO E PRONTO CELEBRARMOS O MAGOSTO, ANTÍO O ESQUÍO CHEGOU DENDE DO SOUTO PARA COMER CASTAÑAS.
ESTE ANO PENSA RECOLLER MOOOOITAS CASTAÑAS PORQUE NOS SOLICITOU RECEITAS.
ESTE ANO PENSA RECOLLER MOOOOITAS CASTAÑAS PORQUE NOS SOLICITOU RECEITAS.
13 outubro 2018
PROXECTO OS DINOSAUROS
ESTAMOS MOI EMOCIONADOS CON ESTE PROXECTO, DURANTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS A DICIR: QUE PENSABAMOS QUE SABIAMOS DOS DINOSAUROS, QUE QUERIAMOS INVESTIGAR E APRENDER E ONDE PODIAMOS BUSCAR INFORMACIÓN. DÉMONOS CONTA QUE TEMOS MOITA DÚBIDAS, ASÍ QUE AO CHOIO: A INVESTIGAR!!
PODEMOS TRAER DE CASA CALQUERA COUSA QUE ESTE RELACIONADA CO PROXECTO.
VOTAMOS PROXECTO
ELIXIMOS O PROXECTO QUE IMOS TRABALLAR ESTE TRIMESTRE.
AS PROFES PREGUNTÁRONNOS QUE NOS GUSTARÍA INVESTIGAR, EN CADA CLASE DIXEMOS VARIOS TEMAS, ALGÚNS FORON:
- EN 5 ANOS A: GOLFIÑOS, ORCAS, QUENLLAS, DINOSAUROS, CACHORROS, SEREAS, A TERRA E OS LEÓNS.
- EN 5 ANOS B: DINOSAUROS, ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN, ÁRBORES, RINOCERONTES, A MODA, OS LOBOS, PIRATAS E O ESPAZO.
CADA UN DE NÓS FOMOS DANDO A NOSA XUSTIFICACIÓN DE PORQUE QUERIAMOS UN TEMA OU OUTRO, DESPOIS TIÑAMOS QUE TENTAR CONVENCER AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA QUE VOTASEN O NOSO TEMA. DESTES CADA GRUPO ESCOLLEU O MÁIS VOTADO, 5 ANOS A. GUSTÁBALLE MOITO OS DINOSAUROS, PERO A 5 ANOS B. O QUE MÁIS LLE INTERESABA É INVESTIGAR SOBRE O ESPAZO. COMO TEMOS QUE TRABALLAR O MESMO TEMA AS DÚAS CLASES, A MELLOR SOLUCIÓN É VOTAR ENTRE OS DOUS GRUPOS A VER CAL É O TEMA QUE SAE MÁIS VOTADO.
XUNTÁMONOS AS DÚAS CLASES, CADA UNHA TEN QUE DARLLE RAZÓNS Á OUTRA PARA CONVENCER QUE O SEU TEMA É O MÁIS INTERESANTE. NA VOTACIÓN, TEMOS: UNHA URNA, UNHA PRESIDENTA E DOUS VOCAIS. NUN PAPEL ESCRIBIMOS DE FORMA SECRETA O TEMA ELIXIDO, DESPOIS OS VOCAIS E A PRESIDENTA ÍAN CHAMANDO A VOTAR E DICÍAN: "VOTOU". AO FINAL CONTAMOS OS VOTOS. O TEMA ELIXIDO POR MAIORÍA FOI:
"OS DINOSAUROS"
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
01 outubro 2018
DIARIOS DE VERÁN
XA REMATAMOS DE VER TODOS OS DIARIOS DO VERÁN. FOI UN PRACER CONTAR COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE. GRAZAS A ELES OS NENOS E AS NENAS PUIDERON CONTAR MOITAS DAS SÚAS EXPERIENCIAS DO VERÁN CON APOIO VISUAL DE FOTOGRAFÍAS, DEBUXOS E PEGATINAS. PUIDEMOS COMPROBAR QUE FOI UN VERÁN MOI PROVEITOSO: PRAIA, CAMPING, PISCINA, LUDOTECAS, CUMPLES, VISITAS A MUSEOS- ACUARIOS- ZOOLÓXICOS, DIVERSOS FESTEXOS LOCAIS...
GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)