24 outubro 2018

VISITAMOS A BIBLIOTECA

COMO XA SABEDES  COMEZAMOS CO PROXECTO DOS DINOSAURIOS. DESPOIS DE FACER UNHA VALORACIÓN DOS NOSOS COÑECEMENTOS PREVIOS SOBRE DINOSAURIOS, RECOLLER OS NOSOS INTERESES SOBRE O QUE QUEREMOS APRENDER, COMEZAMOS A RECABAR INFORMACIÓN  SOBRE A TEMÁTICA NA CASA A TRAVÉS DOS LIBROS, DO ORDENADOR, DAS TABLET´S, DOS XORNAIS... OUTRA FONTE DE INFORMACIÓN  SON AS BIBLIOTECAS, ASÍ QUE DECIDIMOS APROVEITAR E VISITAR A NOSA,  A BIBLIOTECADE LAMPI.  UNHA VEZ ALÍ TIVEMOS QUE ESTAR MOI ATENTOS, POIS HABÍA DIFERENTES TIPOS DE LIBROS  E TIVEMOS QUE DISCERNIR CALES NOS PODÍAN OFRECER INFORMACIÓN SOBRE DINOSAURIOS E CALES NON. PASAMOS UN RATO MOI AGRADABLE PORQUE NOS LIBROS HABÍA FOTOGRAFÍAS E DEBUXOS IMPRESIONANTES. CANDO XA O TIÑAMOS CLARO DECIDIMOS LEVALOS PARA AS AULAS XA QUE PODERÍAN DAR RESPOSTA A TODAS AS NOSAS PREGUNTAS E CURIOSIDADES. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS!!
NENAS E NENOS DO GRUPO A

VISITA A BIBLIOTECA 5 ANOS A

NENOS E NENAS DO GRUPO  B.

VISITAMOS A BIBLIOTECA 5 ANOS B.

Ningún comentario:

Publicar un comentario