ISTO LEVOUNOS A FACER DIVERSAS HIPÓTESES DO QUE PODERÍA TER SUCEDIDO E A INVESTIGAR COMO É O NOSO PLANETA POR DENTRO E OS VOLCÁNS.
FIXEMOS CON PLASTILINA AS DIFERENTES CAPAS DA TERRA POR DENTRO: NÚCLEO INTERNO, NÚCLEO EXTERNO, MANTO E CORTEZA. POR FÓRA DA ESFERA PUXEMOS OS OCÉANOS E OS CONTINENTES. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS:
5 ANOS A:
5 ANOS B:
INVESTIGAMOS CON MOITA CURIOSIDADE OS VOLCÁNS, ALGÚNS EN ERUPCIÓN E OUTROS DURMIDOS. AO COMEZO TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS DE QUEN METÍA A LAVA DENTRO DO VOLCÁN, ALGUNHAS HIPÓTESES ERAN: QUE OS HOMES PRIMITIVOS LLES METÍAN LUME POR DENTRO; OU QUE CANDO OS VOLCÁNS ESTABAN ENFERMOS VOMITABAN LAVA. AO BUSCAR INFORMACIÓN DE POR QUE SE PRODUCEN, DESCUBRIMOS QUE O PLANETA TERRA POR DENTRO TEN VARIAS CAPAS E UNHA DELAS É O MAGMA, QUE SAE Á SUPERFICIE COMO LAVA. ASÍ APRENDEMOS TODAS AS PARTES DOS VOLCÁNS: CÁMARA MAGMÁTICA, CHEMINEA, CRÁTER, LAVA, CONO... TAMÉN DESCUBRIMOS A PROFESIÓN DO VULCANÓLOGO E OS GÉISERS.
A PROFE PROPÚXONOS FACER UN EXPERIMENTO MOI DIVERTIDIDO, UNHA LÁMPARA DE LAVA. FOI UN EXPECTÁCULO DE BURBULLAS E EMOCIÓNS. TIÑAMOS MEDO A QUE EXPLOTASE DE VERDADE!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN VÍDEO E FOTOS DA EXPERIENCIA:
5 ANOS A:
5 ANOS B:
Ningún comentario:
Publicar un comentario