Hoxe asistimos con moito interese a
un obradoiro formativo para previr a aparición de dor nas costas.
Estivo impartido pola fisioterapeuta Eva Mª Corral Solla do Centro de Saúde da Parda en
colaboración co Servizo de Educación do noso concello.
Falamos da columna vertebral, das
normas de hixiene postural, da alimentación saudable, das horas de descanso, do papel
fundamental que ten a actividade física regular na prevención desta dor
evitando o sedentarismo…
Trataremos de levar á práctica os
consellos recibidos, especialmente os referidos a postura na cadeira, a revisión
de mochilas e o axuste axeitado das mesmas.