Esta semana no patio do cole temos unha exposición moi interesante: "O TEU COLE NA HISTORIA".
Recolle información sobre os murais realizados en vinte e un centros educativos de Pontevedra.
Hoxe asistimos a presentación da exposición cun contacontos ilustrado a cargo de Carlos A. Taboada (Polo Correo do Vento) e acompañamento musical con Antón Ké.
Nas nosas aulas traballamos a información relacionada co mural do noso centro. Aparece no centro unha figura que representa ao noso profe Victoriano que todas e todos recordamos con cariño, debaixo o pai Sarmiento co carballo de Sta. Margarida, a esquerda unha figura feminina que representa a profesora Josefa Iglesias Vilarelle e a dereita a igrexa de Sta. María de Mourente coa figura da lenda do Mouro. Tamén identificamos o Hospital Montecelo, os petróglifos do monte Castro e un cruceiro cun pardal.