Abril con arte, ciencia e matemáticas.
Simetrías, cuadrículas, paralelas, perpendiculares...
Nas últimas semanas coa dirección artística da profe Susi estamos poñendo moita ilusión na reproducción dun lobo a partir dunha cuadrícula. Os resultados e as interpretacións son fantásticas, todos diferentes e únicos, de cor ou branco e negro, con acuarelas ou ceras...nuns días montaremos a exposición e amosaremos as obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario