Na actividade de hoxe unimos medios de transporte e abecedario. Primeiro escribimos o abecedario, asi o repasamos, e logo tentamos poñer un transporte que empece con cada letra. Mirade, as tres primeiras xa están feitas. Seredes capaces?
A: avión
B: barco
C: coche
D:
E:
F:
De agasallo aquí tedes unha actividade para poñer a proba a vosa concentración:
Busca as diferencias
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
Amosando publicacións coa etiqueta medios de transporte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medios de transporte b>. Amosar todas as publicacións
07 maio 2020
06 maio 2020
CANTAS PERSOAS PODEN IR?
Bos días!! No día de hoxe propoñemos que investiguedes cantas persoas poden ir nos diferentes medios de transporte que tedes nas vosas táboas destos días. Así poderemos saber cáles son colectivos e cales son individuais. É outra forma de clasificalos, verdade? Facemos unha nova táboa?


E botade unha ollada no blog de música, de Ed. Física...


E botade unha ollada no blog de música, de Ed. Física...
05 maio 2020
MEDIOS DE TRANSPORTE: DEFINICIÓNS
Bos días! Aquí temos dúas fichas para continuar traballando os medios de transporte. Na primeira tedes que unir as definicións cos debuxos e na segunda buscar os nomes dos medios de transporte.
29 abril 2020
CLASIFICAMOS OS MEDIOS DE TRANSPORTE
Bos días! Aquí temos un vídeo para repasar como clasificamos os medios de transporte. Podedes mirar os que tedes da actividad do luns, e organizalos. Ao final do vídeo temos unha pregunta... imaxinade e creade!!
CAL CREARÍADES?
Agora presentámosvos un enlace para escoitar o son dos medios de transporte: Se pechades os ollos adivinaríades cal é cal? Veña! ollos pechados e logo podemos ver cantos acertamos!!!
Que son fan os medios de transporte?
CAL CREARÍADES?
Agora presentámosvos un enlace para escoitar o son dos medios de transporte: Se pechades os ollos adivinaríades cal é cal? Veña! ollos pechados e logo podemos ver cantos acertamos!!!
Que son fan os medios de transporte?
28 abril 2020
DE VIAXE...
Continuando co tema dos medios de transporte hoxe podemos facer unha pequena redacción dun viaxe que vos gustara moito, moitísimo... Podedes falar do lugar onde fuches, como, con quen, cantos días ou horas, que é o que máis che gustou e o que menos...
A profe Lola pídevos que escoitedes esta canción antes para que a vosa imaxinación se poña en marcha!!!!
Vou de viaxe, de Pablo Díaz, sin pictos
Vou de viaxe, de Pablo Díez, con pictos
A profe Lola pídevos que escoitedes esta canción antes para que a vosa imaxinación se poña en marcha!!!!
Vou de viaxe, de Pablo Díaz, sin pictos
Vou de viaxe, de Pablo Díez, con pictos
27 abril 2020
MEDIOS DE TRANSPORTE
Que vos parece se investigamos sobre os medios de transporte? Os medios de transporte son os que utilizamos para desplazarnos dun lugar a outro. Existen moitas maneras de organizalos. Podedes empezar por facer unha táboa como esta, escribindo e facendo un debuxo. Cantos sodes capaces de poñer?
MEDIOS
DE TRANSPORTE NOS QUE MONTEI ALGUNHA VEZ
|
MEDIOS
DE TRANSPORTE NOS QUE NUNCA MONTEI.
|
![]() Autobús |
Submarino |
A profe Isa preparou unha pequena actividade relacionada, podedes botar unha ollada aquí:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



