A MAMÁ E O PAPÁ DE JORGE VIÑERON AO COLE PARA FACER A RECEITA DE "MOUSSE DE CHOCOLATE".
PRIMEIRO PRESENTÁRONNOS OS INGREDIENTES: AGUACATE, DÁTILES, LARANXA E CACAO, E AS ÁRBORES DOS QUE PROCEDÍAN. É UNHA RECEITA CON INGREDIENTES MOI SANS E CON MOITAS VITAMINAS. DESPOIS DE PELAR AS FROITAS E SACARLLES AS SEMENTES TRITURAMOS TODO NUN BATIDOR ELÉCTRICO.
TAMÉN FIXEMOS UNHA MANUALIDADE: PEGAR UN AGUACATE EN CARTOLINA E ESCRIBIMOS NEL OS NOMES DOS CATRO INGREDIENTES.
PRONTO CHEGOU O MOMENTO PARA COMER. ESTABA RIQUÍSIMO!!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!!
VOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario