PARA COMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE IMOS COMPARTIR CON VÓS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN AMBIENTAL. TODO COMEZOU COA CHEGADA DA PRIMAVERA, ALGÚNS NENOS/AS COMEZARON A TRAER PLANTAS AO COLE, FLORES E OUTROS/AS TROUXERON SEMENTES. APROVEITANDO ESTA MOTIVACIÓN FALAMOS:
· DA IMPORTANCIA DAS PLANTAS PARA OS SERES HUMANOS: OXÍGENO, ALIMENTO, MATERIAL DE CONSTRUCIÓN…
· DA POLINIZACIÓN E A COLABORACIÓN DOS INSECTOS ENTRE ELES A ABELLA, DA QUE ANDAMOS A INVESTIGAR.
· DOS SEUS COIDADOS: TERRA, LUZ, AUGA.
· DOS TIPOS DE PLANTAS: FROITEIRAS, ORNAMENTAIS, AROMÁTICAS…
A PARTIR DE EIQUÍ FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:
· OBSERVAMOS A TRAVÉS DUN MICROSCOPIO DIXITAL COMO SON AS SEMENTES, AS SÚAS TEXTURAS, PARECIDOS CON OUTROS ELEMENTOS…
· IDENTIFICAMOS AS SEMENTES COS SEUS NOMES E FROITOS.
· PLANTAMOS AS NOSAS SEMENTES EN MACETAS, REGÁMOLAS E COIDÁMOLAS.
· FIXEMOS CARTEIS IDENTIFICATIVOS PARA AS MACETAS TAMÉN COS SEUS FROITOS.
· OBSERVAMOS COMO MEDRABAN E XERMINABAN.
· DECORAMOS O EXPOSITOR DE PLANTAS E SEMENTES CON DEBUXOS DE INSECTOS QUE CONTRIBÚEN Á POLINIZACIÓN.
NO PROPIO DÍA TAMÉN FALAMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE A CONTAMINACIÓN DOS PLÁSTICOS. E DENDE EIQUÍ CONVIDÁMOSVOS A FACELO EN FAMILIA.
http://xianadecide.blogspot.com/2018/05/loitamos-por-un-medioambiente-coidado.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario