08 maio 2020

O NOSO CONTO DE RODARI

Aqui vos deixamos o conto que fixemos todos xuntos pola conmemoración de  GIANNI RODARI.
Este conto quedou xenial, e gustaríanos que o tiverades, xa que vós sodes os autores do memo!!!
Seguido tedes o conto do que collimos un anaco para formar o noso, pode ser moi interesante que lle botedes unha ollada, parécese en algo á nosa historia?







07 maio 2020

O ABECEDARIO DOS TRANSPORTES

  Na actividade de hoxe unimos medios de transporte e abecedario. Primeiro escribimos o abecedario, asi o repasamos, e logo tentamos poñer un transporte que empece con cada letra. Mirade, as tres primeiras xa están feitas. Seredes capaces?

A: avión
B: barco
C: coche
D:
E:
F:


De agasallo aquí tedes unha actividade para poñer a proba a vosa concentración:

Busca as diferencias

06 maio 2020

CANTAS PERSOAS PODEN IR?

  Bos días!! No día de hoxe propoñemos que investiguedes cantas persoas poden ir nos diferentes medios de transporte que tedes nas vosas táboas destos días. Así poderemos saber cáles son colectivos e cales son individuais. É outra forma de clasificalos, verdade?  Facemos unha nova táboa?

                    Dibujos de colectivos escolares para pintar | Colorear imágenes



                                            Las 70 mejores imágenes de LOS JUGUETES Y LOS JUEGOS | Juguetes ...

 E botade unha ollada no blog de música, de Ed. Física...

05 maio 2020

IN ENGLISH!

Clicade aquí para ver todas as actividades que podedes facer tamén en inglés. Están tamén no voso blog de inglés.



English activities

MEDIOS DE TRANSPORTE: DEFINICIÓNS

Bos días! Aquí temos dúas fichas para continuar traballando os medios de transporte. Na primeira tedes que unir as definicións cos debuxos e na segunda buscar os nomes dos medios de transporte.



30 abril 2020

O NOSO MUSEO VIRTUAL

  Durante o confinamento xeramos moito material de refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas, papel, botellas, botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra (pedras, follas, paos, flores…)... que tal se tentamos convertelo en arte?. Poderemos crear algo: una escultura, un cadro, un relevo, una máquina, un… Deixemos voar a nosa imaxinación!!

O bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística. Faremos “O noso museo virtual ".  Quizais, cando isto remate, poderemos facer una exposición no colexio “A arte nos tempos do confinamento” con todas as obras realizadas. Para iso:

1. Veremos algunha idea se queremos en…

2. Elixiremos o material de refugallo que imos usar.

3. Elaboramos

4. Mandaremos  foto da obra e autoría co título da nosa creación artística  


Saúdos agarimosos.

MEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE


  Bos días! Lembrades como empregábamos o noso propio corpo para medir obxectos? No seguinte video podemos recordalo:

Palmo, pé, paso

Agora o que temos que facer é estimar, intentar adiviñar, cantos palmos, pasos ou pes terán os nosos medios de transporte (os que pusemos nas táboas) e ordenalos de menor a maior. Así traballamos os tamaños.
Aquí temos un xogo tamén para medir co corpo:

medimos

 Buscamos matemáticas nos medios de transporte? Poden ser números, formas xeométricas.. E como agora podemos sair á rúa, que tal facer fotos? Animádevos...
                                             Placa matrícula aluminio. Coche. Larga | Tienda de Camping online

29 abril 2020

CLASIFICAMOS OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Bos días! Aquí temos un vídeo para repasar como clasificamos os medios de transporte. Podedes mirar os que tedes da actividad do luns, e organizalos. Ao final do vídeo temos unha pregunta... imaxinade e creade!!

CAL CREARÍADES?


Agora presentámosvos un enlace para escoitar o son dos medios de transporte: Se pechades os ollos adivinaríades cal é cal? Veña! ollos pechados e logo podemos ver cantos acertamos!!!

Que son fan os medios de transporte?


28 abril 2020

INGLÉS

No blog de inglés podedes atopar actividades para seguir traballando o transporte  
MEANS OF TRANSPORT


3 cancións:
http:///www.youtube.com/watch?v=sgb6uhoPW5g


2 xogos


e un episodio de Peppa Pig en inglés:

Aquí tedes o correo da profe de inglés por si lle queredes mandar algo: vilaverdeenglish@gmail.com

DE VIAXE...

Continuando co tema dos medios de transporte hoxe  podemos facer unha pequena redacción dun viaxe que vos gustara moito, moitísimo... Podedes falar do lugar onde fuches, como, con quen, cantos días ou horas, que é o que máis che gustou e o que menos...

A profe Lola pídevos que escoitedes esta canción antes para que a vosa imaxinación se poña en marcha!!!!

Vou de viaxe, de Pablo Díaz, sin pictos

Vou de viaxe, de Pablo Díez, con pictos


                                   Tic Tac Toc de Pablo Díaz en Amazon Music - Amazon.es

27 abril 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Nenas e nenos, deixámosvos aquí un enlace que vos permite acceder a actividades elaboradas pola mestra Mónica de Educación Física.
Son actividades moi chulas que teñen relación cos medios transporte!!!

PARA 1º OS TRANSPORTES


MEDIOS DE TRANSPORTE

  Que vos parece se investigamos sobre os medios de transporte?  Os medios de transporte son os que  utilizamos para desplazarnos dun lugar a outro. Existen moitas maneras de organizalos. Podedes empezar por facer unha táboa como esta, escribindo e facendo un debuxo. Cantos sodes capaces de poñer?


MEDIOS DE TRANSPORTE NOS QUE MONTEI ALGUNHA VEZ
MEDIOS DE TRANSPORTE NOS QUE NUNCA MONTEI.




Autobús










Submarino

A profe Isa preparou unha pequena actividade relacionada, podedes botar unha ollada aquí:








26 abril 2020

RELATO VIAXEIRO

Aprezadas familias:
Como inda temos que permanecer na casa... podemos compartir unha actividade de escritura coa clase e en familia.
Este ano é o centenario do nacemento de Gianni Rodari  ilustre escritor, mestre, pedagogo e xornalista italiano.

Partindo dun anaquiño da súa obra “Contos por teléfono” imos crear un conto novo.
A idea é que fagamos esta actividade no faladoiro ao longo deste domingo. 

Comezaremos as mestras iniciando a historia pola mañá,  e apartires de ahí, según vaiades entrando no faladoiro, podedes ir continuando a historia.
Animádesvos? de seguro vainos quedar un conto chulo!!!
                                    Gramática de la fantasía, de Gianni Rodari. | habíaunaveztruz

24 abril 2020

CONSTRUIMOS ORACIÓNS

  Bos días! Nesta ocasión, como proposta, presentamos uns enlaces que nos permiten acceder a un xogo para construir oracións. O que hai que facer é colocar cada palabra para que a oración teña sentido. LEMBRADE: UNHA ORACIÓN É UN CONXUNTO DE PALABRAS CON SENTIDO COMPLETO!

ORACIÓNS

ORACIÓNS 2

Bo fin de semana rapazas e rapaces!!!!!

23 abril 2020

FAMILIAS LECTORAS

Bos días!! Aquí deixamos o vídeo das FAMILIAS LECTORAS, moitas grazas por participar!!!











Familias lectoras 1ºA


Familia Mario




QUEREMOS RECORDARVOS QUE VISITEDES O BLOG DE INGLÉS, TEN UNS ENLACES MOI CHULOS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS!!!

DÍA DO LIBRO

   Sabedes que hoxe celebramos o Día do Libro, asi que a proposta que plantexamos é para ler, ler e ler moito!!!!!!

José está contento

José está triste

José está enfadado

                           Dos Niños Leyendo Libros En La Ilustración Del Parque ...
     Botade unha ollada no blog da biblioteca. Lampi ten moitas máis suxerencias.

22 abril 2020

ESCRIBIMOS UNHA CARTA

  Seguro que xa vistedes no blog do cole que o noso Paco está a coidar o horto. Nas fotos vemos que grandes están xa as nosas leitugas e cebolas. Mágoa non poder velas alí, verdade?
Que os parece se lle escribimos unha carta a Paco para darlle as grazas polo seu traballo ? De seguro que se pon moi contento... 

                        Carta De La Estructura De La Compania Descargar Gratis ...
Nenos e nenas de Relixión, a profe Isa ten unha proposta de traballo para vós:

https://drive.google.com/open?id=154XlETWcVYRAdo8tfbGwDZ8-yuHgvEKy 

20 abril 2020

CONTOS PARA REFLEXIONAR


  Bos  días a todos e a todas! Aquí temos un conto no que atopanos unhas preguntas que nos fan reflexionar sobre o que nel acontece, indagar sobre o que ocorrerá, especular e reflexionar. Podemos leelo en familia e facer as preguntas en voz alta, falando e compartindo ca familia, e ver quen de nós ten razón á hora de saber que pasará.








E lembrade botar unha ollada nos blogs de inglés e música!!!!

17 abril 2020

UN POUQUIÑO DE MATES...

Hoxe planteamos uns retos matemáticos, a ver se poñedes a funcionar esa cabeciña. Veña, a pensar, razoar,calcular...








Aquí tedes un tablero para xogar cas matemáticas. As fichas podedes facelas con follas, recortes, cartón... o que se vos ocurra!