REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA E A VISITA DO APALPADOR. ADEMAIS DE SER UNHA MAÑA SABOROSA RESULTOU DIVERTIDA.
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS "DESÉXANVOS FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2019"
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
20 decembro 2018
19 decembro 2018
XOGAMOS CO ESTEGOSAURIO
ESTEGOSAURIO SIGNIFICA DINOSAURIO CON TELLADO, POIS TEN UNHAS CHAMATIVAS PLACAS SOBRE AS SÚAS COSTAS. APROVEITANDO ESTA CURIOSIDADE, EMPREGAMOS PINZAS DE MADEIRA PARA SIMULAR AS PLACAS E NUMERÁMOLAS DO 1 ATA O 20.
O XOGO CONSISTE EN SEGUIR A SERIE NUMÉRICA DE XEITO ORDEADO E TAMÉN SE PODE EMPREGAR PARA FACER SUMAS E RESTAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA ACTIVIDADE!!
O XOGO CONSISTE EN SEGUIR A SERIE NUMÉRICA DE XEITO ORDEADO E TAMÉN SE PODE EMPREGAR PARA FACER SUMAS E RESTAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA ACTIVIDADE!!
17 decembro 2018
PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS
ESTES DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA E UN PAQUETE DA PALEONTÓLOGA LAURA PIÑUELAS QUE TRABALLA NO MUSEO DO XURÁSICO DE ASTURIAS. DESTE XEITO O NOSO INTERESE POLA PALEONTOLOXÍA FOI EN AUMENTO. DESCUBRIMOS QUE É A CIENCIA QUE ESTUDIA E INTERPRETA O PASADO DA VIDA SOBRE A TERRA A TRAVÉS DOS FÓSILES.
O PAQUETE ERA UN EQUIPO DE PALEONTOLOXÍA ENTRE O QUE HABÍA UN MATETÍN CUNHA CHEA DE FERRAMENTAS. ESTA É A CARTA:
POR UN INTRE, DECIDIMOS CONVERTERNOS EN PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS E RECUPERAR OS DENTES DE DINOSAURIO QUE FIXERAMOS NO OBRADOIRO DE FÓSILES. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA EXPERIENCIA.
5 ANOS A:
5 ANOS B:
13 decembro 2018
OBRADOIRO DE FÓSILES
TODO O QUE SABEMOS DOS DINOSAURIOS É GRAZAS AOS FÓSILES QUE DESCOBREN AS PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS NOS XACEMENTOS: ÓSOS DE ESQUELETES, DENTES, OVOS, PISADAS, CROPOLITOS... OS FÓSILES SON RESTOS DE ANIMAIS E PRANTAS CONSERVADOS EN ROCHAS SEDIMENTARIAS. INVESTIGAMOS ALGÚNS FÓSILES ATOPADOS.
FIXEMOS UN OBRADOIRO PARA FACER FÓSILES, QUE RESULTOU MOI DIVERTIDO:
OBRADOIRO DE PISADAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
5 ANOS B:
OBRADOIRO DE HUELLAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
FIXEMOS UN OBRADOIRO PARA FACER FÓSILES, QUE RESULTOU MOI DIVERTIDO:
- DENTES DE DINOSAURIOS, CON XESO E AREA HÚMIDA, DE DIFERENTES FORMAS: PLÁTANO OS DO TIRANOSAURIO REX, ESPÁTULA OS DO BRAQUIOSAURIO, SERRA OS DO VELOCIRRAPTOR...
- PISADAS E ESQUELETES IMPRIMINDO OS DINOSAURIOS QUE TROUXEMOS AO COLE NUN ANACO DE BARRO. AS MANS QUEDÁRONNOS DE COR MARRÓN!!
OBRADOIRO DE PISADAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
5 ANOS B:
OBRADOIRO DE HUELLAS:
OBRADOIRO DE DENTES:
03 decembro 2018
OVO DE DINOSAURIO
INVESTIGAMOS COMO ERAN OS OVOS DOS DINOSAURIOS. DESCUBRIMOS QUE ERAN DE DIFERENTES TAMAÑOS E ATA FORMAS (OVOIDES OU ESFÉRICOS); QUE OS INCUBABAN ENTRE 3 E 6 MESES; QUE A CÁSCARA ERA POROSA; QUE FACÍAN OS NIÑOS EN ZOAS AREOSAS E OS ATERRABAN...
FIXEMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO CUN OVO DE DINOSAURIO QUE HAI QUE METER EN AUGA PARA QUE ECLOSIONE. ESTIMAMOS OS DÍAS QUE TARDARÍA EN ROMPER O CASCARÓN E QUE TIPO DE CRÍA DE DINOSAURIO APARECERÍA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS!!
FIXEMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO CUN OVO DE DINOSAURIO QUE HAI QUE METER EN AUGA PARA QUE ECLOSIONE. ESTIMAMOS OS DÍAS QUE TARDARÍA EN ROMPER O CASCARÓN E QUE TIPO DE CRÍA DE DINOSAURIO APARECERÍA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS!!
30 novembro 2018
A TERRA E OS VOLCÁNS
DESCUBRIMOS QUE OS DINOSAURIOS VIVIRON NA ERA MESOZOICA QUE SE DIVIDE EN TRES PERÍODOS: TRIÁSICO, XURÁSICO E CRETÁCICO. NESE MOMENTO A TERRA NON ERA COMO A COÑECEMOS AGORA. ESTABA FORMADA POR UN ÚNICO SUPERCONTINENTE CHAMADO PANGEA. LOGO, COMEZOU A DIVIDIRSE POLO MOVEMENTO DAS PLACAS TECTÓNICAS, QUE PROVOCARON TERREMOTOS E ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS, ATA FORMAR OS CONTINENTES ACTUAIS.
5 ANOS B:
INVESTIGAMOS CON MOITA CURIOSIDADE OS VOLCÁNS, ALGÚNS EN ERUPCIÓN E OUTROS DURMIDOS. AO COMEZO TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS DE QUEN METÍA A LAVA DENTRO DO VOLCÁN, ALGUNHAS HIPÓTESES ERAN: QUE OS HOMES PRIMITIVOS LLES METÍAN LUME POR DENTRO; OU QUE CANDO OS VOLCÁNS ESTABAN ENFERMOS VOMITABAN LAVA. AO BUSCAR INFORMACIÓN DE POR QUE SE PRODUCEN, DESCUBRIMOS QUE O PLANETA TERRA POR DENTRO TEN VARIAS CAPAS E UNHA DELAS É O MAGMA, QUE SAE Á SUPERFICIE COMO LAVA. ASÍ APRENDEMOS TODAS AS PARTES DOS VOLCÁNS: CÁMARA MAGMÁTICA, CHEMINEA, CRÁTER, LAVA, CONO... TAMÉN DESCUBRIMOS A PROFESIÓN DO VULCANÓLOGO E OS GÉISERS.
A PROFE PROPÚXONOS FACER UN EXPERIMENTO MOI DIVERTIDIDO, UNHA LÁMPARA DE LAVA. FOI UN EXPECTÁCULO DE BURBULLAS E EMOCIÓNS. TIÑAMOS MEDO A QUE EXPLOTASE DE VERDADE!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN VÍDEO E FOTOS DA EXPERIENCIA:
5 ANOS A:
ISTO LEVOUNOS A FACER DIVERSAS HIPÓTESES DO QUE PODERÍA TER SUCEDIDO E A INVESTIGAR COMO É O NOSO PLANETA POR DENTRO E OS VOLCÁNS.
FIXEMOS CON PLASTILINA AS DIFERENTES CAPAS DA TERRA POR DENTRO: NÚCLEO INTERNO, NÚCLEO EXTERNO, MANTO E CORTEZA. POR FÓRA DA ESFERA PUXEMOS OS OCÉANOS E OS CONTINENTES. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS:
5 ANOS A:
5 ANOS B:
INVESTIGAMOS CON MOITA CURIOSIDADE OS VOLCÁNS, ALGÚNS EN ERUPCIÓN E OUTROS DURMIDOS. AO COMEZO TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS DE QUEN METÍA A LAVA DENTRO DO VOLCÁN, ALGUNHAS HIPÓTESES ERAN: QUE OS HOMES PRIMITIVOS LLES METÍAN LUME POR DENTRO; OU QUE CANDO OS VOLCÁNS ESTABAN ENFERMOS VOMITABAN LAVA. AO BUSCAR INFORMACIÓN DE POR QUE SE PRODUCEN, DESCUBRIMOS QUE O PLANETA TERRA POR DENTRO TEN VARIAS CAPAS E UNHA DELAS É O MAGMA, QUE SAE Á SUPERFICIE COMO LAVA. ASÍ APRENDEMOS TODAS AS PARTES DOS VOLCÁNS: CÁMARA MAGMÁTICA, CHEMINEA, CRÁTER, LAVA, CONO... TAMÉN DESCUBRIMOS A PROFESIÓN DO VULCANÓLOGO E OS GÉISERS.
A PROFE PROPÚXONOS FACER UN EXPERIMENTO MOI DIVERTIDIDO, UNHA LÁMPARA DE LAVA. FOI UN EXPECTÁCULO DE BURBULLAS E EMOCIÓNS. TIÑAMOS MEDO A QUE EXPLOTASE DE VERDADE!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN VÍDEO E FOTOS DA EXPERIENCIA:
5 ANOS A:
5 ANOS B:
29 novembro 2018
EQUIPOS DE CLASE
UNHA VEZ QUE COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE OS DINOSAURIOS DECIDIMOS POÑER NOME DE DINOSAURIOS AOS EQUIPOS. PRIMEIRO, EN EQUIPO DEDIDIMOS QUE DINOSAURIO ÍAMOS SER. DESPOIS DEBUXÁMOLOS INDIVIDUALMENTE. LOGO ENTRE OS CATRO MEMBROS DEBUXAMOS UN ÚNICO DINOSAURIO. FINALMENTE ESCOLLEMOS ENTRE OS CINCO DEBUXOS O QUE MÁIS NOS GUSTABA. A PROFE PREPAROU AS TARXETAS PARA: A MESA, AS PINTURAS, AS CAIXAS DAS MERENDAS E O PANEL DOS EQUIPOS. TIVEMOS QUE COLOREALAS E ESCRIBIR O NOME DOS NOSOS DINOSAURIOS.
TAMÉN EN EQUIPO NA AULA COS LIBROS QUE TROUXEMOS DA CASA E DA BIBLIOTECA DE LAMPI INVESTIGAMOS E BUSCAMOS DATOS SOBRE CADA DINOSAURIO.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS PARA QUE VEXADAS!!
5 ANOS A:5 ANOS B:
14 novembro 2018
MAGOSTO 2018
ESTE ANO PARA CELEBRAR O MAGOSTO FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES:
- UN CARTEL DE MAGOSTO PARA ANUNCIAR O GRAN DÍA, EMPREGANDO A TÉCNICA PLÁSTICA DE ROMERO BRITTO.
- UNHA GYNKANA DE MAGOSTO CON XOGOS DE CASTAÑAS MOI DIVERTIDOS.
- A GRAN DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS ASADAS POR PACO E OS SEUS COLABORADORES.
- E REMATAMOS O FESTEXO CUNHA MAQUILLAXE DE MAGOSTO.
- UN CARTEL DE MAGOSTO PARA ANUNCIAR O GRAN DÍA, EMPREGANDO A TÉCNICA PLÁSTICA DE ROMERO BRITTO.
- UNHA GYNKANA DE MAGOSTO CON XOGOS DE CASTAÑAS MOI DIVERTIDOS.
- A GRAN DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS ASADAS POR PACO E OS SEUS COLABORADORES.
- E REMATAMOS O FESTEXO CUNHA MAQUILLAXE DE MAGOSTO.
04 novembro 2018
31 outubro 2018
RECEITAS DE CASTAÑAS
GRAZAS A TODAS E TODOS POR COMPARTIR CON NÓS AS RECEITAS E POSTRES DE CASTAÑAS. FOI TODO UN ÉXITO!! POR ISO DEIXÁMOSVOS UNS ENLACES DE COCIÑA PARA NENAS E NENOS MOI INTERESANTES. NON DEIXEDES DE COCIÑAR EN FAMILIA!!!
24 outubro 2018
VISITAMOS A BIBLIOTECA
COMO XA SABEDES COMEZAMOS CO PROXECTO DOS DINOSAURIOS. DESPOIS DE FACER UNHA VALORACIÓN DOS NOSOS COÑECEMENTOS PREVIOS SOBRE DINOSAURIOS, RECOLLER OS NOSOS INTERESES SOBRE O QUE QUEREMOS APRENDER, COMEZAMOS A RECABAR INFORMACIÓN SOBRE A TEMÁTICA NA CASA A TRAVÉS DOS LIBROS, DO ORDENADOR, DAS TABLET´S, DOS XORNAIS... OUTRA FONTE DE INFORMACIÓN SON AS BIBLIOTECAS, ASÍ QUE DECIDIMOS APROVEITAR E VISITAR A NOSA, A BIBLIOTECADE LAMPI. UNHA VEZ ALÍ TIVEMOS QUE ESTAR MOI ATENTOS, POIS HABÍA DIFERENTES TIPOS DE LIBROS E TIVEMOS QUE DISCERNIR CALES NOS PODÍAN OFRECER INFORMACIÓN SOBRE DINOSAURIOS E CALES NON. PASAMOS UN RATO MOI AGRADABLE PORQUE NOS LIBROS HABÍA FOTOGRAFÍAS E DEBUXOS IMPRESIONANTES. CANDO XA O TIÑAMOS CLARO DECIDIMOS LEVALOS PARA AS AULAS XA QUE PODERÍAN DAR RESPOSTA A TODAS AS NOSAS PREGUNTAS E CURIOSIDADES. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS!!
NENAS E NENOS DO GRUPO A
NENOS E NENAS DO GRUPO B.
NENAS E NENOS DO GRUPO A
NENOS E NENAS DO GRUPO B.
20 outubro 2018
ANTÍO CHEGOU AO COLEXIO
COMO É OUTONO E PRONTO CELEBRARMOS O MAGOSTO, ANTÍO O ESQUÍO CHEGOU DENDE DO SOUTO PARA COMER CASTAÑAS.
ESTE ANO PENSA RECOLLER MOOOOITAS CASTAÑAS PORQUE NOS SOLICITOU RECEITAS.
ESTE ANO PENSA RECOLLER MOOOOITAS CASTAÑAS PORQUE NOS SOLICITOU RECEITAS.
13 outubro 2018
PROXECTO OS DINOSAUROS
ESTAMOS MOI EMOCIONADOS CON ESTE PROXECTO, DURANTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS A DICIR: QUE PENSABAMOS QUE SABIAMOS DOS DINOSAUROS, QUE QUERIAMOS INVESTIGAR E APRENDER E ONDE PODIAMOS BUSCAR INFORMACIÓN. DÉMONOS CONTA QUE TEMOS MOITA DÚBIDAS, ASÍ QUE AO CHOIO: A INVESTIGAR!!
PODEMOS TRAER DE CASA CALQUERA COUSA QUE ESTE RELACIONADA CO PROXECTO.
VOTAMOS PROXECTO
ELIXIMOS O PROXECTO QUE IMOS TRABALLAR ESTE TRIMESTRE.
AS PROFES PREGUNTÁRONNOS QUE NOS GUSTARÍA INVESTIGAR, EN CADA CLASE DIXEMOS VARIOS TEMAS, ALGÚNS FORON:
- EN 5 ANOS A: GOLFIÑOS, ORCAS, QUENLLAS, DINOSAUROS, CACHORROS, SEREAS, A TERRA E OS LEÓNS.
- EN 5 ANOS B: DINOSAUROS, ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN, ÁRBORES, RINOCERONTES, A MODA, OS LOBOS, PIRATAS E O ESPAZO.
CADA UN DE NÓS FOMOS DANDO A NOSA XUSTIFICACIÓN DE PORQUE QUERIAMOS UN TEMA OU OUTRO, DESPOIS TIÑAMOS QUE TENTAR CONVENCER AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA QUE VOTASEN O NOSO TEMA. DESTES CADA GRUPO ESCOLLEU O MÁIS VOTADO, 5 ANOS A. GUSTÁBALLE MOITO OS DINOSAUROS, PERO A 5 ANOS B. O QUE MÁIS LLE INTERESABA É INVESTIGAR SOBRE O ESPAZO. COMO TEMOS QUE TRABALLAR O MESMO TEMA AS DÚAS CLASES, A MELLOR SOLUCIÓN É VOTAR ENTRE OS DOUS GRUPOS A VER CAL É O TEMA QUE SAE MÁIS VOTADO.
XUNTÁMONOS AS DÚAS CLASES, CADA UNHA TEN QUE DARLLE RAZÓNS Á OUTRA PARA CONVENCER QUE O SEU TEMA É O MÁIS INTERESANTE. NA VOTACIÓN, TEMOS: UNHA URNA, UNHA PRESIDENTA E DOUS VOCAIS. NUN PAPEL ESCRIBIMOS DE FORMA SECRETA O TEMA ELIXIDO, DESPOIS OS VOCAIS E A PRESIDENTA ÍAN CHAMANDO A VOTAR E DICÍAN: "VOTOU". AO FINAL CONTAMOS OS VOTOS. O TEMA ELIXIDO POR MAIORÍA FOI:
"OS DINOSAUROS"
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
01 outubro 2018
DIARIOS DE VERÁN
XA REMATAMOS DE VER TODOS OS DIARIOS DO VERÁN. FOI UN PRACER CONTAR COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE. GRAZAS A ELES OS NENOS E AS NENAS PUIDERON CONTAR MOITAS DAS SÚAS EXPERIENCIAS DO VERÁN CON APOIO VISUAL DE FOTOGRAFÍAS, DEBUXOS E PEGATINAS. PUIDEMOS COMPROBAR QUE FOI UN VERÁN MOI PROVEITOSO: PRAIA, CAMPING, PISCINA, LUDOTECAS, CUMPLES, VISITAS A MUSEOS- ACUARIOS- ZOOLÓXICOS, DIVERSOS FESTEXOS LOCAIS...
GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS.
25 setembro 2018
EMOCIÓNS O PRIMEIRO DÍA DE COLE
PRIMEIRO DÍA DE COLE, PRIMEIRO DÍA DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS!!! A ALEGRÍA, A ILUSIÓN, OS SORRISOS, OS ABRAZOS, OS BICOS... FORON OS PROTAGONISTAS NESTES PRIMEIROS DÍAS DE COLE. OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS CHEGARON CON MOITO ENTUSIASMO, COMPARTIMOS EMOCIÓNS, SENTIMENTOS E IMPRESIÓNS SOBRE O NOVO CURSO, COINCIDÍAN EN QUE ESTABAN EMOCIONAMOS CON: COÑECER OS RECANTOS DA NOVA AULA, VOLVER VER OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, XOGAR NO PATIO, APRENDER COUSAS DE MAIORES... ENTRE AS DÚAS AULAS FIXEMOS UN MURAL PARA RECOLLER AS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS DESTE COMEZO DE CURSO.
11 setembro 2018
XA ESTAMOS EN 5 ANOS!
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018-2019.
ESTE CURSO REMATAREMOS A ETAPA!
DEIXARÉMOSVOS UNHA CARTA PARA QUE SAIBADES QUE FIXEMOS NO VERÁN.VÉMONOS MAÑÁ!!
ESTE CURSO REMATAREMOS A ETAPA!
DEIXARÉMOSVOS UNHA CARTA PARA QUE SAIBADES QUE FIXEMOS NO VERÁN.VÉMONOS MAÑÁ!!
22 xuño 2018
DESPEDIDA DE VERÁN
AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS DESEXAN QUE PASADES TODOS UN BO VERÁN. PARA O CURSO QUE VÉN, XA ESTARÁN EN 5 ANOS!! DESPÍDENSE CANTANDO UNHA CANTIGA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO!!!
19 xuño 2018
EXPOSICIÓN E VISITA DA PINTORA: ÁNGELES IGLESIAS
HAI UNS MESES CARMEN E MARTA TROUXERON AO COLE UN LIBRO MOI ESPECIAL DUNHA PINTORA, ÁNGELES IGLESIAS, A BISAVOA DAS NENAS, NO QUE SE RECOLLE UNA COLECCIÓN DA SÚA PINTURA. GUSTÁRONOS TANTO OS SEUS CADROS QUE DECIDIMOS IMITAR ALGÚNS DELES E FACER A NOSA PROPIA EXPOSICIÓN DE PINTURA. DESPOIS CONVIDAMOS A ÁNGELES PARA QUE VIÑESE VISITALA E TIVEMOS A SORTE DE QUE PUIDESE VIR ACOMPAÑADA DA SÚA FAMILIA. FOI TODO UN ÉXITO. FINALMENTE TAMÉN SE CONVIDARON ÁS FAMILIAS DOS NENAS E NENOS QUE SE MOSTRARON MOI ORGULLOSOS E ORGULLOSAS DO TRABALLO REALIZADO. BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO!!!
18 xuño 2018
INVESTIGAMOS AS ABELLAS
NESTE ÚLTIMO TRIMESTRE INVESTIGAMOS UN PEQUENO INSECTO, A ABELLA. FOMOS FACENDO UN MURAL NA CLASE CON TODA A INFORMACIÓN. INVESTIGAMOS NA CASA COAS FAMILIAS E LOGO COMPARTIÁMOLO CON TODO O GRUPO. COS DATOS QUE TIÑAMOS NO MURAL FIXEMOS UNHA REVISTA SOBRE AS ABELLAS. BOTÁDELLE UN OLLO PARA VER O RESULTADO!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO NOSO MURAL E TAMÉN DO NOSO MOMENTO CIENTÍFICO NO QUE EMPREGAMOS MICROSCOPIOS E LUPAS PARA INVESTIGAR.
PROXETO AS ABELLAS 4 ANOS A:
PROXECTO AS ABELLAS 4 ANOS B.:
PROXECTO AS ABELLAS 4 ANOS B.:
17 xuño 2018
GYMKANA DE AUGA
PARA REMATAR ESTE CURSO E DAR COMEZO AO VERÁN AS FAMILIAS DE ALEX, CLARA, DANIEL, LUCAS, MARIO, MIGUEL E YAGO; VIÑERON AO COLE PARA XOGAR CON NÓS NUNHA GYMKANA DE AUGA. XOGAMOS A: LEVAR O GLOBO EN PARELLAS, PESCAR TAPAS CON DEPRESORES, ENCESTAR GLOBOS, ENCHER O CALDEIRO CON ESPONXAS, PISAR GLOBOS E Á PATACA QUENTE. PASÁMOLO MOI BEN!! FOI MOI DIVERTIDO!! GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLBORACIÓN!! BOTÁDELLE UN OLLO AO VÍDEO!!
08 xuño 2018
VISITA A APÍPOLIS
COMO COLOFÓN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA COÑECER O FASCINANTE MUNDO DAS ABELLAS VISITAMOS O CENTRO APÍPOLIS.
ALÍ FIXEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES E PUIDEMOS COMPROBAR QUE SABIAMOS MOITAS COUSAS SOBRE AS ABELLAS:
- VESTÍMONOS CO TRAXE DE APICULTOR E FOMOS VER UNHA COLMEA POR DENTRO.
- FOMOS SACAR O MEL DOS PANAIS CUN EXTRACTOR.
- DEGUSTAMOS O MEL.
- FIXEMOS CANDEAS CON CERA.
- AMASAMOS E COCEMOS GALLETAS.
- ESCOITAMOS O CONTO DA RAÍÑA DA COLMEA
- CUNHA CÁMARA PUIDEMOS OBSERVAR A RAÍÑA DENTRO DO PANAL.
- ...
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS PARA QUE VEXADES QUE O PASAMOS MOI BEN!!
05 xuño 2018
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
PARA COMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE IMOS COMPARTIR CON VÓS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN AMBIENTAL. TODO COMEZOU COA CHEGADA DA PRIMAVERA, ALGÚNS NENOS/AS COMEZARON A TRAER PLANTAS AO COLE, FLORES E OUTROS/AS TROUXERON SEMENTES. APROVEITANDO ESTA MOTIVACIÓN FALAMOS:
· DA IMPORTANCIA DAS PLANTAS PARA OS SERES HUMANOS: OXÍGENO, ALIMENTO, MATERIAL DE CONSTRUCIÓN…
· DA POLINIZACIÓN E A COLABORACIÓN DOS INSECTOS ENTRE ELES A ABELLA, DA QUE ANDAMOS A INVESTIGAR.
· DOS SEUS COIDADOS: TERRA, LUZ, AUGA.
· DOS TIPOS DE PLANTAS: FROITEIRAS, ORNAMENTAIS, AROMÁTICAS…
A PARTIR DE EIQUÍ FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:
· OBSERVAMOS A TRAVÉS DUN MICROSCOPIO DIXITAL COMO SON AS SEMENTES, AS SÚAS TEXTURAS, PARECIDOS CON OUTROS ELEMENTOS…
· IDENTIFICAMOS AS SEMENTES COS SEUS NOMES E FROITOS.
· PLANTAMOS AS NOSAS SEMENTES EN MACETAS, REGÁMOLAS E COIDÁMOLAS.
· FIXEMOS CARTEIS IDENTIFICATIVOS PARA AS MACETAS TAMÉN COS SEUS FROITOS.
· OBSERVAMOS COMO MEDRABAN E XERMINABAN.
· DECORAMOS O EXPOSITOR DE PLANTAS E SEMENTES CON DEBUXOS DE INSECTOS QUE CONTRIBÚEN Á POLINIZACIÓN.
NO PROPIO DÍA TAMÉN FALAMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE A CONTAMINACIÓN DOS PLÁSTICOS. E DENDE EIQUÍ CONVIDÁMOSVOS A FACELO EN FAMILIA.
03 xuño 2018
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: "MOUSSE DE CHOCOLATE"
A MAMÁ E O PAPÁ DE JORGE VIÑERON AO COLE PARA FACER A RECEITA DE "MOUSSE DE CHOCOLATE".
PRIMEIRO PRESENTÁRONNOS OS INGREDIENTES: AGUACATE, DÁTILES, LARANXA E CACAO, E AS ÁRBORES DOS QUE PROCEDÍAN. É UNHA RECEITA CON INGREDIENTES MOI SANS E CON MOITAS VITAMINAS. DESPOIS DE PELAR AS FROITAS E SACARLLES AS SEMENTES TRITURAMOS TODO NUN BATIDOR ELÉCTRICO.
TAMÉN FIXEMOS UNHA MANUALIDADE: PEGAR UN AGUACATE EN CARTOLINA E ESCRIBIMOS NEL OS NOMES DOS CATRO INGREDIENTES.
PRONTO CHEGOU O MOMENTO PARA COMER. ESTABA RIQUÍSIMO!!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!!
VOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO:
31 maio 2018
O TRABALLO DO APICULTOR
CARLOS E PURI, OS AVÓS DE MIRANDA, SON APICULTORES. VIÑERON AO COLE PARA CONTARNOS MOITAS COUSAS DAS ABELLAS E ENSINARNOS ALGÚNS DOS MATERIAIS QUE SE EMPREGAN NA APICULTURA. DESPOIS DEIXÁRONNOS TOCAR E MANEXAR ALGÚNS DOS MATERIAIS E REMATAMOS A VISITA CUNHA EXQUISITA DEGUSTACIÓN DE DIFERENTES TIPOS DE MEL. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON TODO O QUE NOS CONTARON E UNHAS FOTOS. BOTÁDELLE UN OLLO, SEGURO QUE APRENDEDES MOITAS COUSAS DAS ABELLAS!!
28 maio 2018
LETRAS GALEGAS 2018
PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTE ANO AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS FOMOS MÁIS ALÁ. TRABALLAMOS A RIMA E INTERPRETAMOS AS COMPOSICIÓNS EN VERSIÓN RAP . A TEMÁTICA DOS RAPS ESTABA RELACIONADA CO QUE ANDABAMOS A INVESTIGAR: AS ABELLAS. CONCRETAMENTE SOBRE UN DOS SEUS INIMIGOS: A VESPA VELUTINA. CANTAMOS E BAILAMOS!!! BOTÁDELLE UNHA OLLADA OS VÍDEOS!!!
4 ANOS A.
4 ANOS B.
4 ANOS A.
4 ANOS B.
24 maio 2018
ASÍ SON EU POR DENTRO
ESTA ACTIVIDADE TIÑA COMO OBXECTIVO QUE O ALUMNADO ADQUIRISE E EMPREGASE VOCABULARIO RELACIONADO COAS CALIDADES POSITIVAS REFERIDAS ÁS PERSOAS. DESTA MANEIRA TAMÉN TRABALLAMOS O AUTOCOÑECEMENTO E DÁMONOS A COÑECER AOS DEMAIS , COMO ESTRATEXIA DE COHESIÓN DE GRUPO. PARA FACELA CONTAMOS COA PREVIA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE AXUDARON A CADA NENA E NENO A IDENTIFICAR ALGUNHAS DAS SÚAS CALIDADES POSITIVAS. A CONTINUACIÓN FIXEMOS UNHAS CORTINAS PARA A AULA CON TODO O VOCABULARIO QUE FOMOS INCORPOANDO RELACIONADO COA NOSA MANEIRA DE SER. FINALMENTE CADA NENA E NENO ESCOLLEU CATRO DESAS CALIDADES COAS QUE SE IDENTIFICA PARA FACER ESTA ACTIVIDADE. BOTÁDELLE UN OLLO!!!
COMO NOS SENTIMOS?
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN XOGO DE RECOÑECEMENTO DE EMOCIÓNS CO QUE XOGAMOS NA AULA E NOS DIVERTIMOS MOITO. TES UN TEMPO PARA FACELO!!! INTENTAO!!!
21 maio 2018
RADIO BULEBULE
HOXE PUIDEMOS DESFRUTAR DA ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS NO COLE E CANTAR ALGUNHAS DAS CANTIGAS QUE MÁIS NOS GUSTAN DO SEU NOVO DISCO RADIO BULEBULE COMO: BULEBULE, PELOS MELENA, CARMELA, TEMPO TOLO...
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON ALGÚNS ANACOS DO ESPECTÁCULO. BOTÁDELLE UN OLLO!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON ALGÚNS ANACOS DO ESPECTÁCULO. BOTÁDELLE UN OLLO!!
15 maio 2018
RELAXACIÓN CO GRUPO “INNER PEACE”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)